Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Pedro Gonzalez'
Amosando noticias 1 a 4 de 4

O pioneiro da ciencia medieval, Pedro o Galego entra no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Pedro González Pérez (Santa Marta de Ortigueira, 1188- Cartaxena, 1267). Foi un bispo franciscano que salientou pola súa obra intelectual e científica. Durante o seu prelado escribiu varias obras das que se conservan un tratado astronómico, un libro sobre o estudo dos animais e unha obra arredor da economía e goberno domésticos. Ao longo da súa vida mantivo unha fonda relación co rei Afonso X, de quen se di que o menciona nas súas Cantigas. Lúa Blanca Garea é a autora da entrada que está dispoñible para consultar no web do CCG.

Ler máis

O sector empresarial amosa unha maior sensibilidade cara ao galego aínda que mingua o seu uso

"O máis coherente para unha empresa que nace en Galicia, formada por galegos, con capital galego e cun Consello de Administración que fala galego é que a súa comunicación, as súas relacións internas e externas sexan nesta lingua", afirmou Pedro González, avogado e directivo de Leite Noso. Pero non todas as empresas teñen a mesma posición coa lingua, tal e como foron debullando responsables de diferentes empresas e entidades que participaron nos XXV Encontros para a Normalización Lingüística que organiza o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). A presidenta da institución, Rosario Álvarez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacaron na inauguración a importancia deste foro, que este ano pon o foco no ámbito socioeconómico, un eido no que, pese as medidas adoptadas, se reduce o uso da lingua. Segundo as cifras achegadas polo investigador da Universidade de Santiago (USC) Miguel Guisantes entre 2003 e 2018 descendeu un 17% o número de persoas que falaban sempre en galego cos compañeiros e un 12,3% coa clientela.

Ler máis

Os Encontros para a Normalización Lingüística cumpren 25 anos cunha reflexión sobre vender en galego

“Economía, lingua e sustentabilidade” é o título da vixésimo quinta edición dos Encontros para a normalización lingüística que organiza este martes, 17 de outubro (9:45 horas), o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG). A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inauguran esta cita que pretende reflexionar sobre o papel do idioma no ámbito socioeconómico. Responsables de empresas e entidades como Daveiga, Espiga, Fegatur Vegalsa-Eroski, Deleite Cooperativa 57 ou Caixa Rural Galega, entre outros, achegarán as súas experiencias neste encontro presencial que tamén se pode seguir en directo a través do web e as redes sociais da institución.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA ACOLLERÁ UNHAS XORNADAS SOBRE "O CAMIÑO DE SANTIAGO, DIVERSIDADE CULTURAL E COMUNICACIÓN"

O Consello da Cultura Galega (CCG) acollerá os días 27 e 28 de maio as xornadas O CAMIÑO DE SANTIAGO, DIVERSIDADE CULTURAL E COMUNICACIÓN. O obxectivo, según explicou o coordinador da Sección de Comunicación do CCG, Xosé López, é "abrir unha liña de traballo e reflexión sobre a difusión de todo o relacionado coa Ruta Xacobea e avanzar na creación dun espazo galego de comunicación. Para elo, compaxinaremos as exposicións teóricas coas experiencias e os puntos de vista dos profesionais dos medios de comunicación".

Ler máis