“Os escolares que cursan bacharelato e, ao mesmo tempo, estudan música, teatro ou danza poden chegar a ter 50 horas de clase semanal. Se iso se traduce ao mundo laboral falariamos case de escravitude”. Así describiu Maximino Zumalave, coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura, unha situación que afecta a milleiros de escolares galegos. Para buscar fórmulas que permitan flexibilizar esa carga lectiva realizouse a xornada “Os currícula escolares nos novos plans de estudo: música e artes escénicas”. Unha cita de actualidade xa que o presidente do CCG, Ramón Villares, lembrou na inauguración que “o conselleiro de educación acaba de presentar o proxecto de decreto polo que se regulan os currículos das etapas de ESO e bacharelato adaptados á Lei orgánica para a mellora da calidade educativa (LOMCE)” e que deberán entrar en vigor no vindeiro curso.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Rodrigo Porral'
Amosando noticias 1 a 3 de 3


