«Inventio mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas. Séculos XV-XVII» é unha exposición do Consello da Cultura Galega (CCG) que recupera unha parte importante da historia de Galicia e, ao mesmo tempo, homenaxea os navegantes galegos que abriron os camiños do mar. A mostra, que conta co apoio da Secretaría Xeral de Emigración, toma como punto de partida a primeira circunnavegación do planeta, a expedición Magalhães/Elcano, que celebrou os 500 anos da súa partida en 2019. Por mor da situación sanitaria non haberá inauguración tal e como estaba previsto, pero a exposición poderase visitar na sede de Exponav en Ferrol desde mañá mércores e ata o 30 de novembro.
Ler máis
Amosando noticias 1621 a 1640 de 3841


