Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2341 a 2360 de 3759

500 nenos e nenas cantan en Cangas á lírica medieval no concerto “No bico un cantar”

As cancións dos xograres e trobadores medievais protagonizan a cuarta edición de “No bico un cantar”, un programa que ten un marcado carácter didáctico e cultural e xunta música, poesía e mocidade. A cita reunirá mañá en Cangas (Adro da igrexa de Santiago de Cangas, 17:30 horas) un gran coro formado por 500 nenos e nenas chegados dos conservatorios de música profesional de Galicia e de tres centros de música do Morrazo para cantarlle ao mar de Vigo. O concerto, organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura e Educación coa colaboración do Concello de Cangas, acollerá a estrea da versión musicada do poema de Pero Viviaez “Pois nosas madres van a San Simón” a cargo do compositor Rogelio Groba.

Ler máis

Listaxe de solicitudes admitidas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2016

Ler máis

Os “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural” analizan mañá a situación de Cova Eirós

Son moitas as particularidades que fan de Cova Eirós unha escavación arqueolóxica singular. Dunha banda, porque é un dos xacementos paleolíticos máis notables dos que foron descubertos no noroeste ibérico. Doutra banda, porque conserva un dos mellores conxuntos de fósiles fauna do Cuaternario de toda Galicia, pero tamén porque durante a escavación se atoparon mostras arqueolóxicas da prehistoria recente e indicios de ocupacións eventuais na Idade Media e na Moderna. Todos eles se abordarán na sexta xornada dos “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural”, que terá lugar mañá á tarde no Consello da Cultura Galega (CCG). Unha cita que se pode seguir en directo a través do web da institución.

Ler máis

Listado de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2016

Ler máis

Milladoiro canta a Manuel María no Concerto das Letras do Consello da Cultura Galega

Milladoiro canta a Manuel María no Concerto das Letras do Consello da Cultura Galega

Foi o peche dos actos académicos previstos para o Día das Letras Galegas e a antesala do Ano das Irmandades da Fala. O teatro Rosalía de Castro vibrou co Concerto das Letras Galegas do Consello da Cultura Galega (CCG), no que Milladoiro fixo unha aposta moi especial e no que houbo danza e soaron os poemas de Manuel María. Era un rexistro novo para un concerto que cumpre seis edicións e que pretende celebrar dun xeito festivo o 17 de maio. Asistiron o presidente do CCG, Ramón Villares; a viúva de Manuel María, Saleta Goi; o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, e outras autoridades coma o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, ou o presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Miguel Ángel Cárdenas, nun teatro que tiña a cabida completa.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega celebra mañá na Coruña o Concerto das Letras con Milladoiro

O Consello da Cultura Galega (CCG) pecha os actos académicos do Día da Letras Galegas co seu tradicional concerto. Nesta ocasión, a súa proposta de conmemorar dun xeito festivo o 17 de maio cambia de rexistro para lembrar a Manuel María. O teatro Rosalía da Coruña acollerá un concerto en que o grupo Milladoiro poñerá música aos textos do poeta lucense canda outras pezas da emblemática formación, nun formato en que tamén haberá espazo para a danza. O concerto ten a cabida completa, logo de que se esgotaran as entradas que se puxeron a disposición do público.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega renova a composición do seu Plenario

Anxo Carracedo, Rebeca Blanco Rotea, Xulio Ríos Paredes e Carmen García Mateo son os novos membros do Plenario do Consello da Cultura Galega (CCG). Esta entidade levou a cabo no serán deste martes unha sesión plenaria ordinaria na que procedeu a nomear novos membros na quenda de personalidades, en cumprimento da Lei de creación da institución e do seu regulamento, que estipula o cambio, por metades, cada dous anos.

Ler máis

O Consello da Cultura e Afundación presentan Galicia 100, a mostra que sintetiza a cultura galega en cen obxectos

O Foro do Burgo de Caldelas, unha das primeiras manifestacións en lingua galega, a bandeira do Consello de Galiza ou o teodolito de Domingo Fontán son algunhas pezas emblemáticas da cultura galega. Todas elas están en Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura, exposición organizada polo Consello da Cultura Galega, coa colaboración de Afundación e Abanca, que constrúe un relato da cultura galega a través da selección e da relación de cen obxectos. A mostra foi presentada esta mañá na sede de Afundación (rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela por Ramón Villares, presidente da institución, e Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación. Canda eles, o comisario Manuel Gago detallou o discurso expositivo dunha mostra que conta con catálogo, aplicación para dispositivos móbiles e un sitio web que aposta pola interactividade na dixitalización do patrimonio.

Ler máis

A resposta da UE ante o problema dos refuxiados abre un ciclo do Consello da Cultura

Os desprazamentos repentinos de poboación son relativamente frecuentes. Con todo, vivimos un momento especial, en que a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR) contabiliza no mundo máis de sesenta millóns de desprazados. Un número desbordante que dá conta dunha situación de crise e que se analizará no marco do ciclo “Europa fortaleza, fronteiras, valados, exilios, migracións”. A proposta coordinada polo profesor Ramón Máiz comeza mañá mércores no Consello da Cultura Galega (17:00 horas) cunha conferencia da especialista en migracións internacionais Carmen González. Nela abordará a resposta da Unión Europea ante este fenómeno de actualidade.

Ler máis

Galicia 100

Galicia 100

Inaugúrase en Santiago unha exposición que sintetiza a historia cultural de Galicia en 100 obxectos.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega inaugura mañá martes a exposición Galicia 100

Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura é unha exposición organizada polo Consello da Cultura galega, coa colaboración de Afundación e Abanca, que constrúe un relato histórico do país a través da selección e da relación de cen pezas procedentes de institucións, empresas e coleccionistas de Galicia e do exterior. A mostra inaugurarase mañá martes na sede de Afundación (rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela ás 20:00 horas. A exposición contará tamén cun catálogo, unha aplicación para dispositivos móbiles e unha web que aposta polo uso de aspectos interactivos na dixitalización do patrimonio.

Ler máis

O emprego cultural descendeu en 2015 segundo o Observatorio da Cultura Galega

No último ano rexistráronse en Galicia 27 800 empregados no ámbito cultural, 800 menos que en 2014, segundo os datos Enquisa de Poboación Activa (EPA). A cifra amosa que se contén a evolución positiva do emprego logo de que en 2014 se rexistrase unha mellora significativa de ocupación neste sector. É unha das conclusións do documento de traballo (DT-OCG) “O emprego cultural en Galicia”, que acaba de facer público o Observatorio da Cultura Galega. Este documento, que analiza fontes da EPA, de afiliacións da Seguridade Social, de contratación e de paro rexistrado, destaca indicadores positivos no ámbito cultural se se compara co conxunto total de emprego en Galicia.

Ler máis

As entradas do Concerto das Letras Galegas pódense retirar desde o 5 de maio na Coruña

A sexta edición do Concerto das Letras Galegas, iniciativa do Consello da Cultura Galega (CCG) para celebrar dun xeito festivo o 17 de maio, terá lugar o vindeiro 17 de maio na Coruña, no Teatro Rosalía ás 21:00 horas. Nesta ocasión será o grupo Milladoiro quen poñerá a música nun concerto en que cobrarán protagonismo os textos de Manuel María. As entradas, que son gratuítas, póñense a disposición do público mañá xoves 5 de maio na Taquilla Central da Praza de Ourense en Coruña. Pódese retirar un máximo de dúas entradas por persoa.

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura conclúe a súa viaxe a Bos Aires na que contribuíu a apoiar a cultura galega

Conferencias, varias presentacións así como a inauguración das últimas mostras do Consello da Cultura Galega sobre Valle-Inclán ou a imaxe de Galicia a través das revistas da emigración conformaron a axenda do presidente da institución, Ramón Villares, na viaxe institucional a Bos Aires. A visita encádrase no marco de actividades previstas na Feira do Libro da capital arxentina na que Santiago era cidade convidada e onde contribuíu a difundir a cultura galega. A cita conclúe hoxe coa presentación do libro homenaxe a Manuel María, Advento.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura destaca a importancia da colaboración na difusión do patrimonio

Unha xornada do Consello da Cultura destaca a importancia da colaboración na difusión do patrimonio

Escavacións en directo, dixitalizar vídeos familiares e subilos á rede, organizar roteiros polos cemiterios, crear folletos turísticos interactivos e actualizados…, son moitos os formatos de difusión do patrimonio que durante dous días se explicaron no marco da xornada “Patrimonio e comunicación. Novos paradigmas”. Unha cita do Consello da Cultura Galega que puxo sobre a mesa como dar a coñecer o noso patrimonio dun xeito efectivo e á vez rigoroso. A necesidade de traballar de xeito colaborativo entre todos os sectores implicados e de empregar as potencialidades da rede son algunhas das solución que achegaron profesionais e afeccionados para situar o patrimonio no espazo público.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega debate arredor da divulgación do patrimonio

Nos últimos anos apréciase unha preocupación crecente pola divulgación científica do patrimonio tanto por parte de profesionais como de afeccionados. Unha inquedanza que se traduce en numerosas iniciativas que aproveitan as novas tecnoloxías para difundir e por en valor os procesos de patrimonialización. Algunhas destas iniciativas, a nivel galego e español, están recollidas nas xornadas “Patrimonio e comunicación. Novos paradigmas” que arrincan mañá no Consello da Cultura Galega e que se poden seguir en directo a través do web da institución.

Ler máis

Expertos avogan por máis contidos abertos nunha xornada do Consello da Cultura Galega

Expertos avogan por máis contidos abertos nunha xornada do Consello da Cultura Galega

A necesidade de contidos de acceso libre, dunha xestión política que entenda a cultura en relación coa comunicación, coa educación e coa sociedade en xeral, así como a fin da comunicación de masas centraron a xornada “Cultura e comunicación na sociedade en rede”. Expertos nestas materias desde ámbitos como a semiótica ou a comunicación abordaron ao longo do día de hoxe cales son os retos e as oportunidades para unha sociedade conectada e cal o papel para as culturas minoritarias. A cita estivo coordinada polos profesores Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago.

Ler máis

O Consello da Cultura analiza nunha xornada a cultura e comunicación no contexto actual

“Cultura e comunicación na sociedade en rede” é o título da xornada que se desenvolve mañá no Consello da Cultura e que pretende analizar novos modelos e novas experiencias no ámbito dixital da man de expertos como Miquel de Moragas ou Emili Prado. A cita organizada polos profesores Xosé López, Francisco Campos e Manuel Gago poderá seguirse en directo a través do web da institución.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega inaugura o vindeiro 10 de maio a exposición Galicia 100

Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura é unha exposición organizada polo Consello da Cultura galega, coa colaboración de Afundación e Abanca, que constrúe un relato histórico do país a través da selección e da relación de cen pezas procedentes de institucións, empresas e coleccionistas de Galicia e do exterior. A mostra inaugurarase o vindeiro 10 de maio na sede de Afundación (rúa do Vilar, 19) en Santiago de Compostela. A exposición contará tamén cunha publicación en papel, aplicación para dispositivos móbiles, así como unha web que aposta polo uso de aspectos interactivos na dixitalización do patrimonio. Como avance, a Televisión de Galicia amosará diariamente desde o luns 25 unha escolma das pezas seleccionadas.

Ler máis

Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia

Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia

Este documento achega unha descrición xeral e unha visión crítica dos distintos proxectos que se están a desenvolver no noso país. Unha ferramenta útil para divulgadores, colectivos, xestores e institucións.

Ler máis