“Aínda non cumprira os vinte anos cando Filgueira Valverde escribiu Os nenos, un libro de creación literaria que dá as claves do que pensaba a xeración do Seminario de Estudos Galegos”, explicou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), na presentación desenvolvida esta mañá. Canda el estaba Fernando Filgueira, presidente da fundación que leva o nome do polígrafo pontevedrés; Ana Isabel Vázquez, deputada provincial de Cultura; Maximino Zumalave, vocal do CCG; Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, e David Pintor, autor das ilustracións que acompañan a edición facsimilar deste texto, enriquecido con dous estudos críticos. A publicación insírese nas actividades previstas polo CCG para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas dedicado a “unha figura esencial na construción das institucións do século XX”, en palabras de Ramón Villares.
Ler máis