O Consello da Cultura Galega presentou hoxe a edición facsimilar dos catro números da revista LOIA, editada en Madrid entre 1975 e 1978, e que acolleu as primeiras expresións poéticas de Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996), figura senlleira do Día das Letras Galegas-2011. O Presidente da institución, Ramón Villares, e o coordinador da edición, e da revista, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, glosaron a significación dunha publicación alternativa de estudantes galegos en Madrid, “movidos por impulsos renovadores e rupturistas”. A edición facsimilar e o estudo crítico pode descargarse en: www.consellodacultura.org/mediateca
Amosando noticias 2461 a 2480 de 3232


