Nunha contorna virtual e co obradoiro de Afonso X como un dos escenarios tivo lugar o acto de entrega do premio da Game Jame sobre "Afonso X e Galicia" convocada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e a Asociación Galega do Videoxogo. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a secretaria, Dolores Vilavedra; e a representante do xurado e da asociación Videoxogo.gal, Luz Castro, participaron no acto de entrega do galardón, dotado con 250 euros, aos premiados. Carlos Balado e Pablo García de los Salmones foron os gañadores deste certame con “O mester”, un videoxogo que parte da tradición musical das “Cantigas de Santa Maria”, e propón duelos musicais cos personaxes das ilustracións do Códice.
Ler máis
Amosando noticias 1221 a 1240 de 3181


