A industria cultural galega no horizonte 2025

20 e 21 de xuño de 2017
A industria cultural galega no horizonte 2025

A evolución da sociedade rede provocou profundas transformacións na sociedade e nas industrias culturais, as que se dedican á xeración e comunicación de significado simbólico. As mudanzas teñen consecuencias en todos os sectores, aínda que non da mesma maneira. De aí a complexidade dun proceso que esixe periódicos debates e estudos a fin de ensaiar respostas aos novos desafíos. Estas xornadas que organiza o Consello da Cultura Galega supoñen só un paso adiante nesta dirección.

Dado que as industrias da cultura e a comunicación son estratéxicas para os países, cómpre analizar os cambios en clave mundial e en clave de proximidade, pola configuración glocal do modelo que marca o funcionamento da sociedade dixital do terceiro milenio. Con tal finalidade, o programa que o Consello organiza para esta edición inclúe unha primeira parte en que expertos do ámbito do Estado darán unha perspectiva panorámica, que se completará coas achegas de representantes do ámbito galego que estudan este sector e de profesionais que traballan e promoven industrias culturais en Galicia.

Conectate o Consello da Cultura Galega en Facebook, Twitter ou comparte esta nova: