As epístolas galegas de CJC
Camilo José Manuel Juan Ramón Francisco de Jerónimo Cela Trulock naceu un 11 de maio de 1916 na casa do seu avó, John Trulock (inglés afincado en Galicia a finais do século XIX), a carón da vía do tren, na localidade galega de Iria Flavia (Padrón).
A súa obra zumega Galicia. En primeiro lugar, coas súas novelas ambientadas na terra galega; en segundo lugar, cos milleiros de personaxes galegos que aparecen nas súas obras e, en terceiro lugar, coas súas excepcionais obras de bibliófilo de afamados ilustradores e pintores galegos.
A correspondencia, mes a mes
Por riba do eixe, as cartas escritas por Camilo José Cela; por debaixo, as que recibiu. As zonas grises son silencios longos. Preme nun mes para ver as cartas dese ano. 6 cartas sen data non aparecen.
Calendario
Cada cadro é un mes; canto máis escuro, máis cartas.
Correspondentes 38
-
Cuadrado Fernández, Perfecto E.6 escritas
-
Sineiro, Santiago4 escritas
-
Troncoso Durán, Dolores4 escritas
-
Castaño, Marina4 recibidas
-
Rivera, Chef3 escritas
-
Toba Barrientos, Marina2 escritas
-
Mabel, Mabel1 recibida
-
Rey Lama, Gonzalo1 escrita
-
Berg, Kristina1 escrita
-
Sotelo Vázquez, Adolfo1 escrita
-
Santiago, Silvina1 escrita
-
Montero Carro, Antonio1 escrita
-
Pierrette1 escrita
-
Payeras, María1 escrita
-
Enriquez, Enrique1 escrita
-
Dodero, Mabel1 recibida
Persoas mencionadas 159
Preme nun nome para ver as cartas que o mencionan. O número indica cantas.
A
B
C
D
E
F
G
H
I
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
Y
Z
Temáticas
As epístolas galegas de Camilo José Cela
Camilo José Manuel Juan Ramón Francisco de Jerónimo Cela Trulock naceu un 11 de maio de 1916 na casa do seu avó, John Trulock (inglés afincado en Galicia a finais do século XIX), a carón da vía do tren, na localidade galega de Iria Flavia (Padrón).
A súa obra zumega Galicia. En primeiro lugar, coas súas novelas ambientadas na terra galega; en segundo lugar, cos milleiros de personaxes galegos que aparecen nas súas obras e, en terceiro lugar, coas súas excepcionais obras de bibliófilo de afamados ilustradores e pintores galegos.
Doutra banda, Camilo José Cela mantivo sempre o contacto coa intelectualidade galega do momento —tal e como o demostran as súas cartas con Celso Emilio Ferreiro, Ramón Otero Pedrayo ou Isaac Díaz Pardo— e foi un firme defensor do galego —publicou na revista Papeles de Son Armadans, en plena posguerra, textos escritos en galego, catalán e éuscaro—.
Neste proxecto dedicado a CJC, en colaboración co Consello da Cultura Galega, preténdese poñer a disposición do público un dos grandes fondos documentais que se conservan na súa Fundación de Iria Flavia, o epistolario: un inxente número de cartas, escritas ao longo da súa vida cos seus amigos, colegas ou colaboradores, e coas que pódese rastrexar o intento de Cela de acadar unha cultura sen cores nin tinturas políticas.
E non foi fácil na España de posguerra. Na España da carestía e da censura, Cela enarborou un mantra que o acompañou toda a súa vida: “O que resiste, gaña”, e con esa actitude conseguiu levar a cabo importantes proxectos, un deles converterse nun importante xestor cultural grazas a rede de “embaixadores” que teceu coa revista Papeles de Son Armadans, e que se espallaron por todo o territorio. En Galicia ostentou con honores ese cargo o escritor de Celanova Celso Emilio Ferreiro.
Cela foi escritor, conferenciante, pintor, viaxeiro, editor, e nestes e en todos os perfiles que conforman o gran Cela poliédrico, Galicia estivo presente. A través deste portal “Epístolas galegas de CJC” moitos deses proxectos que Cela levou a cabo relacionados coa nosa terra verán a luz da forma máis sincera: a través da palabra e da amizade. Estas cartas, moitas delas inéditas, van abrir unha ventá a un universo cremos que descoñecido e incluso sorprendente, e que non vai deixar indiferente a ninguén.
Nunha primeira fase, preséntanse ao público unhas 230 epístolas duns 30 autores, entre os que destacan Celso Emilio Ferreiro, Isaac Díaz Pardo e os proxectos co Instituto Galego da Información, as misivas sobre a tradución de La familia de Pascual Duarte ao galego cruzadas con Ramón Otero Pedrayo e Vicente Risco, as cartas co seu gran amigo Mariano Tudela, as relacionadas coa Padroado da Fundación veciña de Padrón, a Fundación Rosalía de Castro e outros.
Non se pode esquecer que o epistolario conservado na Fundación Pública Galega Camilo José Cela é un auténtico tesouro que merece ser estudado e, mesmo, considerado un ben de interese cultural, non só pola súa importancia se non tamén pola súa magnitude e o tempo que abarca (dende 1942 – ano da publicación da primeira novela de Cela La familia de Pascual Duarte-, ao 17 de xaneiro de 2002 – data do pasamento do premio Nobel).
A colección completa, composta por máis de 95.000 cartas correspondentes con case trece mil persoeiros da vida social, política e cultural da segunda metade do século vinte constitúe un fondo documental de incalculable valor. Tendo ademais a característica de ser un epistolario de “ida e volta”, é dicir, un epistolario no que, gracias ao afán do autor, consérvanse non só as cartas recibidas se non tamén as respostas que o premio Nobel enviaba aos remitentes, podendo rastrexarse unha conversa completa dende un só lugar.
Trátase, por tanto, dunha colección de grande utilidade histórica que, xunto ao recorteca sobre CJC, que abrangue dende 1935 ata 2002, conforman unha ferramenta de investigación non só para o estudo da literatura, senón tamén para todos aqueles interesados que desexen afondar en calquera aspecto desa España de posguerra, desa Galicia de posguerra, a través da mirada dun espectador excepcional como foi Camilo José Cela.
Ese era o seu desexo, que a Fundación se convertese nun centro de investigación, e, con este portal, e grazas a inestimable colaboración do Consello da Cultura Galega, poñemos unha nova pica nese camiño que seguimos a percorrer.
Agardamos que gocen da lectura e dos grandes tesouros sobre a nosa terra que estas epístolas agochan. Estamos seguros de que será toda unha sorpresa na que descubrirán a ese Cela poliédrico, ese Cela xestor cultural, ese Cela persoa e amigo que tanto fixo pola literatura da España de posguerra, pola súa cultura con maiúsculas, por Galicia e incluso por nós e polos que virán coa creación e doazón do seu inxente e magnífico legado á Fundación Pública Galega Camilo José Cela. Non perdan a ocasión de vir visitar o seu Museo onde poderán coñecer máis de cerca a este Cela poliedro. Paga a pena.
Outros documentos
Fundación Pública Galega Camilo José Cela
Fotografía da fachada das Casas dos Canónigos de Alberto Rey
Foi constituída polo propio Camilo José Cela no ano 1986 e tras 25 anos en funcionamento como institución privada pasou en xuño de 2012 a converterse nunha fundación do sector público autonómico coa consideración de medio propio e instrumental da Xunta de Galicia.
Na Fundación consérvase o inxente legado que Camilo José Cela doou de forma gratuíta e para a posteridade e que engloba dende unha completa colección dos seus manuscritos a unha biblioteca composta por más de 48.000 volumes, unha hemeroteca de más de 40.000 exemplares de publicacións periódicas, un epistolario de 95.000 cartas de case 13.000 personalidades distintas da vida social e cultural da segunda metade do século XX, unha pinacoteca de ao redor de 2.000 obras orixinais entre pinturas, óleos, gravados, debuxos, etc., así coma centos de títulos, condecoracións e centos coleccións de todo tipo. Un conxunto único no mundo que a converte nunha das coleccións de autor máis importantes a nivel nacional e internacional.
Covadonga Rodríguez del Corral
Directora-Xerente
Fundación Pública Galega Camilo José CelaColabora
Se coñeces fondos epistolares ou atopas erros ou ausencias neste epistolario, escríbenos a epistolarios@consellodacultura.gal.










