Entidade: Xuntanza Nazonalista Galega d´Habana

Entidade: Xuntanza Nazonalista Galega d´Habana [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1921-00-00
Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921
Ver

Transcripción da Cabeceira da revista Nós, voceiro da sociedade Xuntanza Nazonalista d’Habana, 1921 en 00/00/1921

A Xuntanza Nazonalista d’Habana foi creada o 20 de xuño de 1920 por Fuco Gómez, Andrés Rodríguez Orjales, Sinesio Fraga, Tomás Rodríguez Sabio e César Parapar Sueiras, entre outros, todos eles recoñecidos nacionalistas. Na súa declaración de intencións manifestan o obxectivo de seren un «catalizador» no proceso de galeguización das «numerosas sociedades feitas pol-os galegos do desterro, facendo que as que sosteñen escolas, den ós escolantes unha instrucción máis ampla e galeguista», para combater toda clase de prexuízos contra os galegos emigrados «por medio da súa Seución de Cultura e Fala, contestará […] todos cantos traballos sexan pubricados en xornaes e revistas onde se denigre o santo nome de Galicia e as virtudes dos galegos». O seu lema social foi «todo por Galicia e para Galicia». Axiña pasan a defender posturas máis arredistas e a reivindicar a autonomía plena para Galicia —chegan a predicar a independencia— e a instauración da lingua e da cultura galegas nas institucións; tamén avogan por realizar labores de propaganda e de acción política e incluso defenden un ideario feminista por entender que a muller en Galicia debe ter máis dereitos que os que as leis lles conceden.
Para difundir os seus ideais en 1921 publican a revista Nós como o seu órgano xornalístico. Escrita en galego, trátase dunha publicación política que informa das actividades do movemento nacionalista en Galicia e Cuba e fomenta as ideas galeguistas na illa. Tamén ten unha finalidade cultural, coa publicación de artigos sobre a literatura e a lingua galegas.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Murguía, Manuel;  Gómez Román, Manuel;  Castelao, ;  Isla Couto, Ramiro;  Reboiras, Moncho;  Álvarez, Bautista;  Beiras, Xosé Manuel;  Valcarce, Ramón;  Castro, Rosalía de;  Souto Presedo, Elvira;  López Rego, Hilario Leopoldo;  Fraga Iribarne, Manuel;  López Suevos, Ramón;  Rios Paredes, Jose Luis;  Bóveda, Alexandre;  Rodríguez González, Eladio;  Quiroga Suárez, José;  Lamas Barreiro, Chita;  Tejero, Antonio;  Barreiro Fernández, Xosé Ramón;  Suárez Canal, Alfredo;  Ríos, Lois;  González Márquez, Felipe;  Vázquez Vázquez, Francisco;  Suárez, Adolfo;  Perez, Fernando;  Casal Gosenxe, Ánxel;  Torres Carbajo, Fernando;  Vaamonde Polo, Suso;  Andrade, Marisa;  Bouzas Lariño, Xan;  Fernández Albor, Gerardo;  Tettamancy, Francisco;  Pondal, Eduardo;  Soto Ferreiro, Manuel;  Franco, Francisco;  Pardo Bazán, Emilia;  Chamoso Lamas, Manuel;  Garcia Montes, Francisco;  Lopez Raimundo, Gregorio;  González Laxe, Fernando;  Ogea Otero, José;  Diz Guedes, Juan Miguel;  Monge, Manuel;  Martínez González, Xurxo;  Murguía de Castro, Gala;  Otero Pedrayo, Ramón;  Cabana, Darío Xohán;  Diéguez, Lois;  Bush, George;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  acción política;  organizacións;  política;  Acción sindical;  movementos sociais;  Procesos electorais;  movemento obreiro;  Álbum de Galicia;  identidade cultural;  Amnistía;  literatura;  lingua;  Asociacións políticas;  Defensa da lingua;  historia;  prensa escrita;  ensino;  Estatuto de Autonomía de Galicia. 1981;  feminismo;  sociedade;  Asociacións culturais;  arquitectura;  política institucional;  emigración;  OTAN;  exilio galego;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Constitución española;  Aqueles 25 de xullo;  franquismo;  revolución;  terrorismo;  asociacións;  medios de comunicación;  Historias de ida e volta;  O galeguismo en América;  Mulleres;  Novo futuro, novos partidos;  A fin da ditadura;  cultura;  entrevista;  Galego;  Unha nova sociedade: do poder local ao pacifismo;  teatro;  Álbum Nós;  artes plásticas;  pintura;  marisqueo;  ciencia; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0