Entidade: Museo Quiñones de León

Entidade: Museo Quiñones de León [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1964-12-20
Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:] V. Paz-Andrade / Abogado / Policarpo Sanz, 22. Tel. 1562 / Vigo

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Seoane. 1964 en 20/12/1964


Vigo 20/12/64

Sr. don LUIS SEOANE LÓPEZ
Montevideo 1985, p. 13, dpto. 68
BUENOS AIRES

Querido Luís:

Aínda que non tuven vagar para poñerche unhas liñas quero agora informarte que o asunto da importación dos cadros vai por bon camiño. Conto ter n-estes dias a licencia. Preparéi a documentación a través da Delegación Regional do Ministerio de Comercio en Vigo, mais ten de resolver Madrid. Debe facel-o axiña, e mandaréi a licencia a Monfort, o axente de Barcelona, pra que faga o despacho. Non se pagan dereitos arancelarios. A tasa que cobran pol-a licencia xa foi eiquí pagada. De calquera xeito, se o Axente pasa algunha conta abonareilla.
Seguimos traballando na orgaización do Banco. Vai bastante adiantada. Un grupo de emigrados no Mexico cubre unha parte importante do capital accións [sic]. Temos outras aportacións fortes, e moitas mais modestas. Eu quixera levar ao Consello elementos de forte formación galega, a ser posibele cheos de esprito novo, pra asegurar ben a solidaridade futura d-acción a desenvolver c-o pensamento que ven presidindo a fundación. Penso que, chegado o intre de por en marcha a Institución, teremos que asociar a algún artista.
Por certo que o novo Alcalde de Vigo –Rafael J. Portanet–, disponse a convertir a Castrelos no Museo de Pintura Galega Moderna. Dínlle a ideia, e até lle fixen un esquema. Teño certa espranza de que leve adiante a ideia, e si o fai teremos que o axudar, esquecendo outras irrevocables reservas. Ainda sabendome nada afin, escoitame moito, e penso que ten condicións executivas.
Teño novas recentes de Isaac. Visitóume n-estes dias un empregado que volta de Magdalena. Hei de lle escribir axiña. Onde visitéi no Faro a Landeira, que veu do Brasil, nomeado Redactor-Xefe. Cerezales voltóu a Madrid, onde a transformar o Alcazar.

Pra Maruxa e pra tí nosos mellores votos no Nadal e Ano Novo, que conmigo fan Pilar e Alfonso, co-a mais forte aperta do sempre teu incondicional,

Valentín


1978-02-28
Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Seoane a Fernández del Riego. 1978 en 28/02/1978

Buenos Aires, 28 de Febreiro de 1978
Sr. D. Francisco Fernández Del Riego
Vigo

Querido Paco:
Vai facer dos meses que chegamos a Buenos Aires. Cheguei con unha gripe moi forte e fixen un viaxe con febre e unha tensión moi outa. Pasoume e estou traballando, hoxe remito un novo dibuxo para un tapis. Estiven con Prada no mes pasado, ten a muller enferma, mais él está moi ben a pesares da sua edade. Falóume dos orixinaes que ten dos dibuxos que Castelao fixo en Madrid e consultóume onde podía envialos, díxenlle que ao Museo de Pontevedra e que a persoa indicada pra llos remitir e os entregase eras tí. Igoalmente que che remitise os grandes dibuxos de paseados de Federico Ribas, pra o Museo de Castrelos, pois, Ribas, como sabes, foi un gran dibuxante nacido en Bueu, e matino que debe ser Vigo quen os teña.
De ahí recibín unha carta sorprendente de Isaac, manifestando que vai reconstruir o Seminario de Estudos Galegos. Respondinlle que consultase cos compoñentes que vivían, do Seminario, entre os que estabas tí. Mandeille a lista dos que me lembraba de memoria, penso que me esquecín de Taboada Roca. Non sei nada de Galicia. Denantes remitíanme La Voz de Galicia. Agora non teño nada. Non sei si se creóu a Xunta ou non, e de que xeito. Gostaríame moito me diras algunha noticia desto. A axencia EFE e as outras axencias non se refiren para nada a Galicia. Soio se publicóu unha noticia que tivese desexado non ter leído, a de Meirás. Todas as noticias sobor das Autonomías xiran encol de Catalunia e Euzkadi.
Ben. Lembrámonos moito de vos, de ti e de Ricardo. Penso que somos cuase os únecos para quenes o galeguismo constituie unha moral e non era a verba irmandade, soio unha verba.
Unha grande aperta para Evelina e pra ti. A Ricardo escríbolle aparte hoxe. Escríbeme, prégocho.
Seoane
Nota: Quixera que me remitises o Nº 56 de Grial, que non me chegou e o único que me falla.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Díaz Pardo, Isaac;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  Paz-Andrade, Valentín;  Murguía, Manuel;  García-Sabell, Domingo;  Maside, Carlos;  Hervella Nieto, Evelina;  Castelao, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Scheimberg, Simón;  Laxeiro, ;  Piñeiro López, Ramón;  Picasso, Pablo;  Sofovich, Bernardo;  Faraldo, Antolín;  Prada, Rodolfo;  Castro, Rosalía de;  Arias “Mimina”, Carmen;  Fole, Ánxel;  Colmeiro, Manuel;  Carballo Calero, Ricardo;  Falcini, Luís;  Dónega, Marino;  Cunqueiro, Álvaro;  Lifschitz, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Villar Ponte, Antón;  Girri, Alberto;  Lamas Carvajal, Valentín;  Díaz, Xosé;  Palmás Casal, Ricardo;  Cabanillas, Ramón;  Muñoz Manzano, Carmen;  Gerstein, Marika;  Miró, Joan;  Frontini, Norberto;  Otero Espasandín, Xosé;  Alberti, Rafael;  Baudizzone, Luís;  Shand, William;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Burd, Lipa;  Ledo, Xohán;  Díaz Arias de Castro, Rosendo;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Temáticas: medios de comunicación;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  emigración;  política;  autores/as;  Álbum de Galicia;  asuntos particulares;  historia;  migracións;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  nacionalismo;  acción sociocultural;  asociacións;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  A nova Sargadelos;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Libro de Tapas;  O galeguismo en América;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Lingua. Literatura;  Figuracións;  artes escénicas;  Galería Bonino;  Comunicacións mesturadas;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Fardel d’eisilado;  Lonxe;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Historias e invenciones de Félix Muriel;  premios;  Ediciós do Castro;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  Danzas populares;  Precursores e novos;  Cruces de piedra;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  Vida gallega;  radio;  peronismo;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  A la pintura;  Catro poemas para catro gravados; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0