Entidade: Libraría Arenas

Entidade: Libraría Arenas [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
1976-04-20
Carta de Seoane a García Sabell. 1976
Ver [Carta mecanografada]

Transcripción da Carta de Seoane a García Sabell. 1976 en 20/04/1976



Buenos Aires, 20 de Abril de 1976

Dr. Domingo García Sabell
Santiago

Querido Domingo:

Recibín, fai dias, a tua carta que agradezo moito. E recibín tamén, de Galaxia, o númaro de Grial onde ven a presentación que fixeches en Arenas de Ramallos, Caracolas... etc que me parece espléndida logo de friamente leída –fríamente é un decir–, lonxe da mistura de sentimentos que produce o estar esposto ao público escoitando os eloxios encol de un. E a min a tua presentación prodúxome unha fonda emoción que che agradezo, o mesmo que as verbas adicadas a Maruxa e o meu amor por ela. Quixera que me conseguises e gardaras outro númaro de Grial para o meu regreso, pois quero telo ahí, na Coruña, aparte do que teño aquí.
E, agora, unha consulta. Levo feito mais de duascentas Figuracións na Voz de Galicia e non sei si esta sección cansa ou non ás xentes. Si é util. A min góstame facela aínda que me amole a cantidade de erratas que deixa pasar o corrector, erratas que ás veces trocan o senso de algún párrafo. E aínda tamén que estando en Buenos Aires non poda adicala unicamente a xentes galegas como é o meu desexo, e deba facelo con xentes arxentinas ou de outras terras que pasen por aquí, ou que viven aquí. A min, o facela, descánsame de outros traballos.
Este ano teño moitas exposicións, Buenos Aires, Rosario, Mar del Plata, outra de grabados en Buenos Aires e unha que me pedíu a Sociedade Arxentina de Arquitectos, dos bocetos dos murales que fixen, como un acto mais da celebración do seu 90 aniversario. É un ano para mín de moito traballo.
Recibín carta de Caparrós agradecemento o dibuxo que lle fixen. Contestareina facéndolle outro do natural na Coruña.
Recibide Elena e tí unha aperta coa fonda amistade de Maruxa e miña:

Seoane.


1976-05-11
Carta de García Sabell a Seoane. 1976
Ver [Carta manuscrita]

Transcripción da Carta de García Sabell a Seoane. 1976 en 11/05/1976


11-V-76
Querido Luis:

Aledoume moito que as páxinas do meu Xornal –que ti escoitaras en Arenas– foran, agora, do teu gusto. Como outras moitas sobor de tí, aínda inéditas, foron escritas con absoluta sinceridade –i entranable emoción–.
Respecto ás Figuracións, penso que debes seguir. Non importa que os retratados sexan persoas alleas. Sempre interesan, e o ambente que eu recollo non é, nin moito menos, de cansacio. O que importa é elexir ben, e polo momento non vín ningunha figura anodina. Noutras verbas: a sección está viva. Compre, pois, non matala.
Eiquí andivemos –e andamos– moi conmovidos co pasamento de don Ramón. O enterro foi un espectáculo impresionante de forza galega e de unanimidade patriótica. Xa che contarei.
É estupendo que teñas tanto traballo –e tanto éxito–. Pro o que a mín me gustaría é que voltases axiña. Temos moito qué facer. Polo pronto, o libro encol de Santiago, que eu penso escribir tan pronto como nos reunamos. Anímate, e apresura o regreso.
Xa teño o número de Grial. Na vosa agarda, envío de parte de Elena e miña, fortes apertas para Maruxa e para ti.

Domingo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Dieste, Rafael;  Paz-Andrade, Valentín;  Murguía, Manuel;  García-Sabell, Domingo;  Maside, Carlos;  Hervella Nieto, Evelina;  Castelao, ;  Otero Pedrayo, Ramón;  Cuadrado, Arturo;  Scheimberg, Simón;  Laxeiro, ;  Piñeiro López, Ramón;  Picasso, Pablo;  Sofovich, Bernardo;  Faraldo, Antolín;  Prada, Rodolfo;  Fole, Ánxel;  Castro, Rosalía de;  Arias “Mimina”, Carmen;  Falcini, Luís;  Colmeiro, Manuel;  Carballo Calero, Ricardo;  Dónega, Marino;  Cunqueiro, Álvaro;  Lifschitz, Rafael;  Núñez Búa, Xosé;  Lamas Carvajal, Valentín;  Villar Ponte, Antón;  Girri, Alberto;  Alberti, Rafael;  Baudizzone, Luís;  Díaz, Xosé;  Cabanillas, Ramón;  Palmás Casal, Ricardo;  Muñoz Manzano, Carmen;  Gerstein, Marika;  Miró, Joan;  Frontini, Norberto;  Otero Espasandín, Xosé;  Lifschitz, Emma;  Manuel María, Manuel María;  Shand, William;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Burd, Lipa;  Ledo, Xohán;  Temáticas: medios de comunicación;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  artes;  literatura;  artes visuais;  emigración;  política;  autores/as;  Álbum de Galicia;  asuntos particulares;  historia;  migracións;  espazos artísticos;  Historias de ida e volta;  nacionalismo;  acción sociocultural;  asociacións;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  A nova Sargadelos;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Libro de Tapas;  O galeguismo en América;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Lingua. Literatura;  Figuracións;  artes escénicas;  Galería Bonino;  Comunicacións mesturadas;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1973;  Fardel d’eisilado;  Lonxe;  Exposición de Luís Seoane. Madrid. 1963;  Historias e invenciones de Félix Muriel;  premios;  Ediciós do Castro;  Colección: Valentín Paz Andrade con Isaac Díaz Pardo;  Danzas populares;  Precursores e novos;  Cruces de piedra;  Comisión de Cultura del Centro Gallego de Bos Aires;  Diccionario bio-bibliográfico de escritores;  Vida gallega;  radio;  peronismo;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  Historia de la literatura gallega, de Del Riego;  Tres hojas de ruda y un ajo verde;  A la pintura;  Catro poemas para catro gravados; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0