Persoa: Fernando Dónega

Persoa: Fernando Dónega [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1974-06-10
Carta de Dónega a Seoane. 1974
Ver [Carta mecanografada, con firma autógrafa]

Transcripción da Carta de Dónega a Seoane. 1974 en 10/06/1974




A Cruña, 10.6.74

Luis Seoane
Bs. As.

Meu querido e ademirado Seoane:

Contesto a tua do 23 do mes pasado. Debíache carta, sí. Ben vexo que levas unha boa contabilidade. Mais non o fixen denantes por mor dunha viaxata que argallamos polas terras do Al-Andalus pra lle facer unha visita ao noso fillo. E, xa sabes, entre o previaxe, o viaxe e o postviaxe ficóu todo demorado. Pasámolo mo ben. Impresionounos, especialmente, Córdoba. Alí batemos con vellos e conocidos amigos. Séneca, Averroes, Ibn Hassam, Maimónides, Góngora, Duque de Rivas e... mesmo Manolete, deixámolos, previo o conocemento abstracto que deles tiñamos, cáseque vivencialmente incorporados a nós. E Granada, Motril, Málaga, Ronda, Arcos, Sevilla, Cádiz, Huelva, Rábida, Palos, Moguer, pra voltar por Itálica, Mérida, Trujillo, Cáceres, Yuste, Guadalupe, Plasencia, Salamanca e Zamora. Como verás, polos camiños da millor historia galega. Porque xa sabemos, –tí nolo dixeches– que sempre haberá un paisán noso remexendo nos feitos que aqueles nomes evocan. E, claro está, non deixamos de lembrarte ao noso paso pola serranía xienense, afogada a súa soedade e desertización polos colonos galegos e cataláns –e alemáns católicos– asentados no XVIII por Carlos III nas vellas “Nuevas poblaciones...” Mais, vaiamos ao noso.
Fai xa máis de vinte días que fixen entrega ao noso amigo do anteproiecto dos Estatutos polos que se ha gobernar a nova Fundación. Entreguéillo pra que fixera nél as observacións que a ben tivera. Estóu en agarda das mesmas. Polo de pronto, vexo que do tidúo desaparez o nome de Castelao. Que era, si mal non recordo, idea túa incorporalo ao nome da Fundación. Tan axiña teña algunha nova verbo do choio, faréicha saber. Deica o de agora somentes falou de comenencia de estudar a incorporación ao Consello ou Padroado da Fundación dun representante dunha nonnata asociación de “Amigos” que, naturalmente, habería que constituír. Ben se ve que a simplicidade, que a sinxeleza e que a esencialidade non entran no canón estético e social do noso amigo. A impronta do seu delirante barroquismo fica sempre ben patente onde queira que toque. Con todo, téñolle lei.
O Día das Letras foi un éisito. Tivo moi boa acollida tanto nos medios populares como nos culturais e nos de comunicación social. Semella que é festa que callóu na concencia do país. O nome de Viqueira, cáseque esquecido, foi unha revelación pra moitos.
Tamén estivemos en Padrón co gallo da imposición a Álvaro Gil desa trapallada do Pedrón de Ouro. Vímonos amigos de toda Galicia. O Álvaro estivo algo amolado coa “festa”, mais non a puido refugar. Seica foi presionado por compromisos que non foi quen de vencer. O Isaac lanzou, no nome do Museo Maside, unha fermosa medalla conmemorativa. O etnógrafo portugués Santos Junior foi o mantedor do acto. E no xantar, en Rois, falou don Ramón Otero.
E pra rematar, queremos que seipades da nosa ledicia pola noticia do voso próisimo viaxe á Terra. Entramentras, de nolos dous pra volos dous, cinguidas apertas

Dónega


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, LuísSeoane, MaruxaDíaz Pardo, IsaacDieste, RafaelPaz-Andrade, ValentínVarela, LorenzoFernández del Riego, FranciscoBlanco Amor, EduardoGil Varela, ÁlvaroCela, Camilo JoséGerstein, NoemíLaxeiro, Arias “Mimina”, CarmenDónega, MarinoGerstein, MarikaFilgueira Valverde, XoséRónai Pal, PauloMuñoz Manzano, CarmenAlberti, RafaelPereira Caamaño, FernandoHervella, EvelinaCuadrado, ArturoGonzález López, EmilioCastelao, Goldstein, EnriqueDíaz Arias de Castro, CamiloRey Romero, JoséDrummond, CarlosDíaz Dorado, DiegoDieste, EladioLifschitz, RafaelFernández, ValentínIglesias Corral, ManuelCabanillas, RamónPiñeiro, RamónValle-Inclán, Ramón MaríaOtero Pedrayo, RamónScheimberg, SimónPayró, JulioBurd, LipaBuarque de Holanda Ferreira, AurélioNúñez Búa, XoséMaside, CarlosUnamuno, Miguel deBaltar Domínguez, AntonioMartínez-Risco y Macías, SebastiánCastagnino, Juan CarlosFole, ÁnxelVilanova Rodríguez, AlbertoGarcía-Sabell, Domingo Temáticas: artes Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. literaturaespazos artísticosartes visuaisPremio Palanzaautores/asemigraciónmigraciónsasuntos particularesColección: Isaac Díaz Pardo e Luís SeoanePedrón de OuroA nova Sargadelosmedios de comunicaciónFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelapolíticaAcademia Nacional de Bellas Artes [Arxentina]Galería Bonino Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoalradioprensa escritaVieira de PlataColección: Paulo Rónai con Paz-Andradeartes escénicasDía das Letras GalegasSeminario de Estudos GalegosenfermidadeMar de histórias: antologia do conto mundialA galeguidade na obra de Guimarães Rosa Fondos de Radio Nacional de España en GaliciaI Congreso da Emigración Galega. 1956Dos arquivos do trasnoGrandeza y decadencia del Reino de GaliciaLlanto por la muerte de Sánchez MejíasLa insepulta de PaitaSobre los ángeleshistoriaPremio Benson & HedgesFondo Nacional de las ArtesExposición de Luís Seoane. Münster. 1967Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery InternationalEdiciós do CastroFábrica de Porcelanas La MagdalenaCuadernos del Laboratorio de Formas de GaliciaXornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de MontevideoviaxeMedalla de Ouro de Santiago de CompostelaExposición de Luís Seoane. Córdoba. 1956Teatro Municipal General San Martín. Bos AiresObra Completa de Ramón Cabanillas

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0