Persoa: Fernando Mon

Persoa: Fernando Mon [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1974-05-30
Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e o membrete:]

Transcripción da Carta de Fernández del Riego a Seoane. 1974 en 30/05/1974

EDITORIAL GALAXIA, S.A./ Reconquista, 1/Teléfono, 218204/ VIGO
30-maio-1974
Sr. D. Luís Seoane
Buenos Aires
Meu querido amigo:

Xa vai pra un mes que recibín a túa carta. Seguindo as indicacións que me facías, pedinlle a Isaac unha xerocopia do artigo de Corredor Matheos. Pareceume moi interesante. Sairá reproducido, na súa maior parte, no número de Grial que está no prelo. Pra que non aparezan dúas cousas xuntas no mesmo número, deixéi pra o seguinte os comentos dos teus derradeiros albums de dibuxos.
Por aquí andivo, nefeito, Castro Couso. Porén, eu non o vin nin soupen del máis que o que teño lido na prensa. Parece que foron Mon e Naya os que o acompañaron e lle prepararon unha mostra dos seus traballos.
Non me esquezo da edición do libro de Pita. Confío en que aló pra o outono esteña na rua. Pesie ao afecto que por el sinto, cústame moito dar este paso. Pola sinxela razón de que temos en turno de publicación unha ducia de volumes de versos, cuia aparición vou demorando, e cando os poetas vexan editado o libro de Pita reaccionarán moi mal. Sobre todo porque hai algún que agarda dende hai máis dun ano.
O outro día estiven en Padrón con Dieste e Isaac, que foron acompañados das suas mulleres pra asistir ao acto do Pedrón de Ouro que lle concederon a Álvaro Gil. Tamén estivo Valentín e moitos amigos. Por certo que alí nos amostraron o libro de Luís Villaverde encol dos mariscos, que acababa de publicárese.
Pesie á fermosa xeira aberta polos nosos veciños, as cousas por aquí siguen máis ou menos o mesmo. A ver si cando tí veñas se deseñan outras perspectivas.
E nada máis por hoxe. Con garimososo saúdos a Maruxa, e de Evely pra os dous, recibe a forte aperta de sempre, de
Paco


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  Paz-Andrade, Valentín;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Blanco Amor, Eduardo;  Gil Varela, Álvaro;  Cela, Camilo José;  Gerstein, Noemí;  Laxeiro, ;  Arias “Mimina”, Carmen;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Filgueira Valverde, Xosé;  Muñoz Manzano, Carmen;  Rónai Pal, Paulo;  Alberti, Rafael;  Pereira Caamaño, Fernando;  Hervella Nieto, Evelina;  Cuadrado, Arturo;  González López, Emilio;  Castelao, ;  Goldstein, Enrique;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Rey Romero, José;  Drummond, Carlos;  Díaz Dorado, Diego;  Dieste, Eladio;  Lifschitz, Rafael;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Otero Pedrayo, Ramón;  Scheimberg, Simón;  Payró, Julio;  Burd, Lipa;  Núñez Búa, Xosé;  Buarque de Holanda Ferreira, Aurélio;  Maside, Carlos;  Unamuno, Miguel de;  Baltar Domínguez, Antonio;  Martínez-Risco y Macías, Sebastián;  Castagnino, Juan Carlos;  Fole, Ánxel;  Vilanova Rodríguez, Alberto;  García-Sabell, Domingo;  Neruda, Pablo;  García Lorca, Federico;  Shand, William;  Vázquez Freire, José Luís;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  literatura;  espazos artísticos;  artes visuais;  Premio Palanza;  autores/as;  emigración;  migracións;  asuntos particulares;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Pedrón de Ouro;  A nova Sargadelos;  medios de comunicación;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  política;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  Galería Bonino;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  radio;  prensa escrita;  Vieira de Plata;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  artes escénicas;  Día das Letras Galegas;  Seminario de Estudos Galegos;  enfermidade;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  A galeguidade na obra de Guimarães Rosa ;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  Dos arquivos do trasno;  Grandeza y decadencia del Reino de Galicia;  Llanto por la muerte de Sánchez Mejías;  La insepulta de Paita;  Sobre los ángeles;  historia;  Premio Benson & Hedges;  Fondo Nacional de las Artes;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Ediciós do Castro;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  viaxe;  Medalla de Ouro de Santiago de Compostela;  Exposición de Luís Seoane. Córdoba. 1956;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  Obra Completa de Ramón Cabanillas; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0