Persoa: Jesús Bal y Gay

Persoa: Jesús Bal y Gay [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1962-05-14
Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1962
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]

Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1962 en 14/05/1962

Vigo, 14/5/1962


Querido Isaac:

Recibimos vosa carta do 27, co-a boa nova da volta de Mimina. Cando esta chegue cecais teña embarcado xa. Escribín a Losada, que ten intrés en mandarme os libros recentemente ilustrados por Luís, pra que os mandara por Mimina. Pol-o demais, non temos cousa algunha a traguer d-esa xenerosa terra, máisime no intre pol-o que ven pasando. Hai tempo que quixera ter o primeiro libro de tapas de Seoane, mais xa séi que non se atopa.
Sospeitamos que Mimina chegue nos primeiros de San Johan. Eu non estaréi aínda en condicións de ir ao porto, se ben escomenzo a moverme algo, co-a axuda da muleta. Pilar irá a agardal-a. Na tua carta falas de que vén na Dodero, mais non dices o barco.
O día 21 desembarca na Cruña o pintor Arturo Souto, con 50 coadros. Ven cheo de anceios por revivir na Terra, mais non sei se permanecerá eiquí. En Vigo ten unha irmá e sobriñas. Sei que tamén veu Jesús Bal, aínda que non aparecéu por Vigo. Cecais ande por Madrid. Só sei que estivo en Sant Yago, coa muller.
Onte estuvo a verme Otero Pedrayo, que está feliz co seu Premio. É pena que o premio teña patronímico, pra unha executoria tan limpa coma a de Ramón. Quixen dicir algo d-esto n-un artigo que me pediron os do Faro, mais non pudo ser. Armouse unha pequena revoldaina, deixáron-o dun día pra outro, viñeron a rogar enmenda… e tiven que eliminar o introito discriminador das dúas figuras morales.
Tamén Risco anduvo n-estes días por Vigo, aínda que non o vin. Fixo declaracións, ben asisadas, e supoño que está ben consolado cos cinco votos. Filgueira foi o que decidéu a votación. Tamen é o mais político no vello senso da verba.
¿Cando tomas o avión? Supoño que deixarás as cousas en forma de durar máis nas estancias galegas. E que d-esta, a de Antón Baltar será a definitiva. Os Dieste viñeron hai unha semán por eiquí, e volven a estar en Rianxo. E Luís ¿pensa en verdade na volta definitiva?
Nada máis. Lembranzas a Pepe e os demais amigos, co-a mellor aperta pra ti de

Valentín



[Engadido a man:] Será posible conquerir Lonxe, de Lorenzo Varela? Teño vellas ganas de o ter.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  Paz-Andrade, Valentín;  Fernández del Riego, Francisco;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Blanco Amor, Eduardo;  Gil Varela, Álvaro;  Laxeiro, ;  Cela, Camilo José;  Gerstein, Noemí;  Arias “Mimina”, Carmen;  Dónega, Marino;  Gerstein, Marika;  Filgueira Valverde, Xosé;  Hervella Nieto, Evelina;  Cuadrado, Arturo;  González López, Emilio;  Rónai Pal, Paulo;  Muñoz Manzano, Carmen;  Alberti, Rafael;  Pereira Caamaño, Fernando;  Dieste, Eladio;  Lifschitz, Rafael;  Castelao, ;  Goldstein, Enrique;  Díaz Arias de Castro, Camilo;  Rey Romero, José;  Drummond, Carlos;  Díaz Dorado, Diego;  Shand, William;  Vázquez Freire, José Luís;  Maiztegui, Isidro B.;  Prada, Rodolfo;  Cunqueiro, Álvaro;  Díaz, Xosé;  Souto, Arturo;  Iglesias Corral, Manuel;  Fernández, Valentín;  Cabanillas, Ramón;  Piñeiro López, Ramón;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Otero Pedrayo, Ramón;  Scheimberg, Simón;  Payró, Julio;  Burd, Lipa;  Núñez Búa, Xosé;  Buarque de Holanda Ferreira, Aurélio;  Unamuno, Miguel de;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  literatura;  espazos artísticos;  artes visuais;  Premio Palanza;  autores/as;  emigración;  migracións;  asuntos particulares;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  Pedrón de Ouro;  A nova Sargadelos;  medios de comunicación;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  política;  Academia Nacional de Bellas Artes [Arxentina];  Galería Bonino;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  radio;  prensa escrita;  Vieira de Plata;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  artes escénicas;  Día das Letras Galegas;  Seminario de Estudos Galegos;  enfermidade;  Mar de histórias: antologia do conto mundial;  A galeguidade na obra de Guimarães Rosa ;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  I Congreso da Emigración Galega. 1956;  Dos arquivos do trasno;  Grandeza y decadencia del Reino de Galicia;  Llanto por la muerte de Sánchez Mejías;  La insepulta de Paita;  Sobre los ángeles;  historia;  Premio Benson & Hedges;  Fondo Nacional de las Artes;  Exposición de Luís Seoane. Münster. 1967;  Exposición de Luís Seoane. Bos Aires. 1968. Art Gallery International;  Ediciós do Castro;  Fábrica de Porcelanas La Magdalena;  Cuadernos del Laboratorio de Formas de Galicia;  Xornadas da Cultura Galega. Patronato da Cultura Galega de Montevideo;  viaxe;  Medalla de Ouro de Santiago de Compostela;  Exposición de Luís Seoane. Córdoba. 1956;  Teatro Municipal General San Martín. Bos Aires;  Obra Completa de Ramón Cabanillas; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0