Persoa: Josefina Rodríguez Castelao

Persoa: Josefina Rodríguez Castelao [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1945-03-19
Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1945
Ver [Carta manuscrita autógrafa en verso (tercetos encadeados), con posdata en prosa]

Transcripción da Carta de Otero Pedrayo a Cabanillas. 1945 en 19/03/1945

Trasalba, San Xosé do 1945

Sr. D. Ramón Cabanillas

Pra recibire á leda primadeira
polos saudosos vieiros da Galiza
—pensando: será a miña derradeira? —
esparexín o mimo i-a priguiza
do lumioso hourizonte de Trasalba
qu'os ánemos e corpos enfeitiza
deixando o lar unha mañán ca ialba.
Debullei en Ourense boa lamprea
e pola noite a penedosa calva
descubriu diant'os ouros qu'alumea
o vougo Orión na ría de Pontevedra.
Humorista a romántica lúa chea
sobor das roínas elexíacas de hedra
era o insomne relox da Peregrina.
Mirei, gozoso, a fantasía de pedra
da trunfal Compostela vespertina
envexa dos piñeiros da Maía.
Lembradoiro, xentil, amante, fina
corda da lira da melanconía
foi Sant-Iago pra min. Pro Cabanillas
non xurdiu cand'a noite estrelecía
para falar de fúlxidas Antillas
e dos amigos idos! A Quintâ,
silente lago de brumosas illas,
embrulloume nos veos da señardá.
Baleira a catredal do sonoroso
coro, na hora solene da mañá
semellaba fadal ermo ventoso!
Fun con Pedret ás beiras do Sarela,
probei un ledo ullán, labio escumoso,
e recei diant'a raíña Berenguela.
Non hai máis puro lirio medieval
qu'isa mortiña de sorrir lonxao
a tal nena ca toca i-o brial!
Pisei de Rianxo o mariñán peirao
gostando d'arousán onda rial
para consoar ás irmás de Castelao.
Caieu sobr'as coitadas xiada lousa
co pasamento da doce naiciña.
Figura aquila casa triste chousa
sen o agarimo calmo da ceguiña
candea acesa de bondosa esperanza
hoxe unha cinza na nadal terriña!
Vagaba polos outos da Barbanza
a brétema doncel, a ría fulxía
ronseles inmorrentes da lembranza
e no Padrón o amor de Rosalía
agromando nos líricos salgueiros
ao dubidoso raiolar do día
espertoume a futuros ventureiros.
Mais na Cruña agardaba n'Academia
unha serán de tópicos loureiros.
Moito hai de raxetar nisa podremia!
Moi fermoso o discurso de Filgueira
i-a cidá, como sempre, aire de femia
i-engádego de tebra mariñeira.
Votei por ti ao xoven Alvariño
i-a Victoriano Taibo, o da senlleira
ispirazón petrucia com'o liño.
E por Vigo voltei co sentimento
de non falar contigo adispaciño.
Respeitando a grandeza de Sarmento
non son dise Instituto. Ao Seminario
gardo fieldá, e ao rexo xuramento.
Ben logo han de xurdir no tenebrario
os pábilos fumosos. Vén o abril.
Pra min vivo regosto maxinario
de fábulas antergas. Teu souril
falar, meu caro amigo, sería maio
na miña soedade. Legrías mil
pide a Deus para ti o teu tocaio

R. Otero Pedrayo

Querido Ramón: perdoa iste desafogo da semán de S. Xosé. Temos que trazar vernos iste vrau. Polo Apóstol estarei moi ben. Recibín con demora a túa carta. Espero que os teus xa estarán ben das súas doenzas. Fai moito non vexo a teu fillo maor, tan simpáteco e bo amigo. Pra min, que vivo illado é unha leda pelerinaxe unha volta por Galicia. Mais faltaches ti, e volvín tristeiro! Sempre teu

R. Otero Pedrayo


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Seoane, Luís;  Seoane, Maruxa;  Fernández del Riego, Francisco;  Otero Pedrayo, Ramón;  Carballo Calero, Ricardo;  Díaz Pardo, Isaac;  Dieste, Rafael;  García-Sabell, Domingo;  Varela Vázquez, Lorenzo;  Piñeiro López, Ramón;  Paz-Andrade, Valentín;  Hervella Nieto, Evelina;  Cela, Camilo José;  Maside, Carlos;  Cunqueiro, Álvaro;  Castelao, ;  Cuadrado, Arturo;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Colmeiro, Manuel;  Laxeiro, ;  Fole, Ánxel;  Cabanillas, Ramón;  Murguía, Manuel;  Ledo, Xohán;  Blanco Amor, Eduardo;  Lapa, Manuel Rodrigues;  Iglesia Alvariño, Aquilino;  Martínez López, Ramón;  Bouza Brey, Fermín;  Valle-Inclán, Ramón María del;  Magariños Negreira, Xulián;  Delgado Gurriarán, Florencio;  Castro, Rosalía de;  Picasso, Pablo;  Arias “Mimina”, Carmen;  Cabana, Darío Xohán;  Prada, Rodolfo;  Álvarez Blázquez, Xosé María;  Rei, Luís;  Neira Vilas, Xosé;  Porteiro García, María Xosé;  Valcárcel, Marcos;  Campos Álvarez, Xesús “Chichi”;  Scheimberg, Simón;  Núñez Búa, Xosé;  Fariña Cobián, Herminia;  Rónai Pal, Paulo;  Pondal, Eduardo;  Muñoz Manzano, Carmen;  Dónega, Marino;  Temáticas: artes;  Fondo: Luís Seoane depositado na Fundación Luís Seoane. ;  Álbum de Galicia;  artes visuais;  asuntos particulares;  migracións;  emigración;  autores/as;  medios de comunicación;  historia;  política;  Colección: Otero Pedrayo e Carballo Calero ;  prensa escrita;  espazos artísticos;  Mulleres;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  exilio galego;  Colección: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane;  axentes culturais;  lingua;  A nova Sargadelos;  poesía;  Fondo: Valentín Paz-Andrade no seu arquivo persoal;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Álbum Nós;  exilio;  radio;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  dereito;  nacionalismo;  Lingua. Literatura;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Colección: Paulo Rónai con Paz-Andrade;  ensino;  Historia da Literatura Galega Contemporánea;  música;  premios;  Colección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón Piñeiro;  etnografía;  Fondo: Ramón Piñeiro na Fundación Penzol;  Libro de Tapas;  Fardel d’eisilado;  sociedade;  Galería Bonino;  artes escénicas;  teatro;  novela;  edición;  entrevista;  patrimonio; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0