Persoa: Jesús García Naveira

Persoa: Jesús García Naveira [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos
Ver

Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos

En 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.


1915-00-00
Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915
Ver

Transcripción da Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915 en 00/00/1915

Ao parecer, a dirección do centro de ensino era responsabilidade de Juan García Naveira. A finalidade era aplicar un modelo educativo progresista nun contorno académico agradable e estimulante para o alumnado. Tratábase dun modelo pedagóxico que xa se viña empregando naquelas escolas que se atopaban baixo o patrocinio da Institución Libre de Ensinanza, dirixida por Giner de los Ríos.
O mestre tiña que estar ben cualificado e ter perceptible vocación, para procurar unha educación integral que atendese non só ás necesidades de instrución nos distintos contidos, senón tamén á interacción humana dentro das aulas. O regulamento que aquí se presenta establece as obrigas do persoal docente, entre as que podemos destacar:
«1.º Iniciar y proponer las mejoras y adelantos que les dicte su celo por la enseñanza.
2.º Captarse las simpatías y el cariño de sus discípulos, dispensándoles constante y solícita atención y trato afectuoso, sin menoscabo del respetuoso ascendiente moral que sobre ellos deben ejercer.
3.º No desalentar al alumno porque se equivoque en sus trabajos de cualquier orden que sean: antes bien, con la mayor afabilidad se les acostumbrará á pensar y reaccionar, dando siempre mucha importancia á cada avance, por pequeño que sea, realizado por el educando en el terreno de la investigación».
O profesorado contaba co apoio de axudantes para un mellor desempeño das súas funcións.


1917-09-02
Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914)
Ver

Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917

Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
As materias que se impartían ían enfocadas a coñecementos elementais de lectura, escritura, doutrina cristiá e nocións de historia sagrada, ademais de gramática castelá, ortografía e aritmética. Se o orzamento o permitía, o ensino estendíase a materias referidas ao comercio, a industria e as artes. O alumnado recibía vestimenta e calzado gratuíto, ademais dunha comida diaria. Distribuíanse tamén premios entre os máis aplicados e con menos de vinte faltas de asistencia; tratábase, así, de evitar o absentismo escolar, tan común na época, xa que os fillos de familias labregas dedicaban máis tempo aos traballos agrícolas que á adquisición de novas aprendizaxes.
Para ingresar como alumno ou alumna requiríase:
«1.º Tener la edad mínima de cuatro años, poder hablar correctamente, moverse con libertad y valerse por sí mismo en la comida.
2.º Ser pobre, natural de este partido, no padecer enfermedad contagiosa ni de exterior repugnante, ó que exija medicación y cuidados especiales, y acreditar haber sido vacunado. Se dará siempre preferencia a los huérfanos».
A partir de 1915 foron incluídas as clases nocturnas para ambos os sexos, tamén gratuítas. O horario era de 18:00 h a 20:00 h, nas aulas de ensinanza primaria e baixo as directrices dos mesmos docentes que impartían as clases diúrnas.


2009-00-00
Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009
Ver

Transcripción da Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009 en 00/00/2009

No testamento de Jesús García Naveira aparece especificado o legado de 50 000 pesetas para a construción dun novo edificio educativo para a vila. Debía ser unha escola municipal de ensino primario para os nenos e nenas da localidade. A única condición para construíla era a cesión por parte do Concello do soar no Picardel, preto da igrexa de San Francisco.
Axiña se inician os trámites para levar a cabo os desexos do filántropo, quen foi declarado fillo predilecto de Betanzos. O deseño do edificio encargouse ao recoñecido arquitecto coruñés Rafael González Villar. O 17 de agosto de 1917 colocouse a primeira pedra nun acto con grande asistencia popular. Un ano máis tarde foi inaugurado e funcionou durante boa parte do século XX como centro de primeira ensinanza para moitos dos nenos e nenas do municipio, complementando a función docente da outra escola creada polos dous irmáns García Naveira. Hoxe en día continúa con esa función instrutiva que tanto promoveu este indiano.
Para coñecer as características arquitectónicas do edificio pódese consultar a páxina web As Escolas da Emigración do CCG. Hoxe en día, tras unha restauración, continúa a ser un dos edificios máis fermosos da vila betanceira.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Agra Romero, María XoséVidal Martínez, AuroraMontero Díaz, SantiagoVazquez, AbelardoGonzalez, MalenaVazquez, LuisBrey Guerra, PedroCaneiro, HoracioAlonso Montero, XesúsCores Trasmonte, BaldomeroVeiga, ManuelCastelao, Fernández Paz, AgustínGarcía Naveira, JesúsCabanas, ConstantinoPeña, Marina de laGarcía Naveira, JuanRico Verea, ManuelFilgueira Valverde, XoséFerradáns, MíriamPerez, CarlosMini, Santamarina, AntónPrado Freire1, CamiloBlanco Santiago, CarlosCela, Camilo JoséLopez Taboada, CarmelaGarcía Ramos, DanielLopez Iglesias, Jose LuisOtero Pedrayo, RamónNúñez Seixas, Xosé M.González, FlorSánchez Cantón, Francisco JavierFraga, ManuelCosta Rico, AntónFariña Cobián, HerminiaSánchez Arévalo, JoséVara, AlfredoTrillo, FedericoCorral, Jose CarlosVázquez Iglesias, PuraBlanco Campaña, Xose LuísPita, LuisGarcía Martín, ManuelGonzalez, FranciscoTorres Ferrer, SabinoVega, AgustínConde, AlfredoMato Varela, "Garceiras", GabrielPeñas Bravo, Ildefonso Temáticas: MullerespolíticafilosofíafeminismoxustizaMulleres no Álbum de GaliciaFondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na TransiciónFondos de Radio Nacional de España en GaliciaÁlbum de Galiciaacción políticaAcción sindicalorganizaciónsliteraturanacionalismosociedadeemigraciónHistorias de ida e voltauniversidadeasociaciónsensaiomovementos sociaisDefensa da lingualinguaentrevistaA pegada educativa da emigración galega en América“cartografías” do Álbum de mulleresidentidade culturalGalegosocioloxíafotografíaetnografíateatroEconomía. Dereito. PolíticaremesasemigrantesO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos entroidofestastradiciónpedagoxíaliteratura española do s. XXProcesos electoraiseducaciónAsociacións culturaismúsicaidiomasinglésLa familia de Pascual Duartepolítica institucionalOTAN

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0