Persoa: Juan García Naveira

Persoa: Juan García Naveira [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos
Ver

Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos

En 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.


1915-00-00
Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915
Ver

Transcripción da Regulamento das escolas García Hermanos, Betanzos, 1915 en 00/00/1915

Ao parecer, a dirección do centro de ensino era responsabilidade de Juan García Naveira. A finalidade era aplicar un modelo educativo progresista nun contorno académico agradable e estimulante para o alumnado. Tratábase dun modelo pedagóxico que xa se viña empregando naquelas escolas que se atopaban baixo o patrocinio da Institución Libre de Ensinanza, dirixida por Giner de los Ríos.
O mestre tiña que estar ben cualificado e ter perceptible vocación, para procurar unha educación integral que atendese non só ás necesidades de instrución nos distintos contidos, senón tamén á interacción humana dentro das aulas. O regulamento que aquí se presenta establece as obrigas do persoal docente, entre as que podemos destacar:
«1.º Iniciar y proponer las mejoras y adelantos que les dicte su celo por la enseñanza.
2.º Captarse las simpatías y el cariño de sus discípulos, dispensándoles constante y solícita atención y trato afectuoso, sin menoscabo del respetuoso ascendiente moral que sobre ellos deben ejercer.
3.º No desalentar al alumno porque se equivoque en sus trabajos de cualquier orden que sean: antes bien, con la mayor afabilidad se les acostumbrará á pensar y reaccionar, dando siempre mucha importancia á cada avance, por pequeño que sea, realizado por el educando en el terreno de la investigación».
O profesorado contaba co apoio de axudantes para un mellor desempeño das súas funcións.


1917-09-02
Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914)
Ver

Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917

Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
As materias que se impartían ían enfocadas a coñecementos elementais de lectura, escritura, doutrina cristiá e nocións de historia sagrada, ademais de gramática castelá, ortografía e aritmética. Se o orzamento o permitía, o ensino estendíase a materias referidas ao comercio, a industria e as artes. O alumnado recibía vestimenta e calzado gratuíto, ademais dunha comida diaria. Distribuíanse tamén premios entre os máis aplicados e con menos de vinte faltas de asistencia; tratábase, así, de evitar o absentismo escolar, tan común na época, xa que os fillos de familias labregas dedicaban máis tempo aos traballos agrícolas que á adquisición de novas aprendizaxes.
Para ingresar como alumno ou alumna requiríase:
«1.º Tener la edad mínima de cuatro años, poder hablar correctamente, moverse con libertad y valerse por sí mismo en la comida.
2.º Ser pobre, natural de este partido, no padecer enfermedad contagiosa ni de exterior repugnante, ó que exija medicación y cuidados especiales, y acreditar haber sido vacunado. Se dará siempre preferencia a los huérfanos».
A partir de 1915 foron incluídas as clases nocturnas para ambos os sexos, tamén gratuítas. O horario era de 18:00 h a 20:00 h, nas aulas de ensinanza primaria e baixo as directrices dos mesmos docentes que impartían as clases diúrnas.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Agra Romero, María Xosé;  Vidal Martínez, Aurora;  Montero Díaz, Santiago;  Vazquez, Abelardo;  Gonzalez, Malena;  Vazquez, Luis;  Brey Guerra, Pedro;  Caneiro, Horacio;  Alonso Montero, Xesús;  Cores Trasmonte, Baldomero;  Veiga Pombo, Manuel;  Castelao, ;  García Naveira, Jesús;  Cabanas, Constantino;  Peña, Marina de la;  García Naveira, Juan;  Rico Verea, Manuel;  Filgueira Valverde, Xosé;  Ferradáns Ferradás, Míriam;  Fernández Paz, Agustín;  Perez, Carlos;  Mini;  Santamarina, Antón;  Prado Freire1, Camilo;  Blanco Santiago, Carlos;  Cela, Camilo José;  Lopez Taboada, Carmela;  García Ramos, Daniel;  Lopez Iglesias, Jose Luis;  Otero Pedrayo, Ramón;  Núñez Seixas, Xosé M.;  González, Flor;  Sánchez Cantón, Francisco Javier;  Fraga Iribarne, Manuel;  Costa Rico, Antón;  Fariña Cobián, Herminia;  Sánchez Arévalo, José;  Vara, Alfredo;  Trillo, Federico;  Corral, Jose Carlos;  Vázquez Iglesias, Pura;  Blanco Campaña, Xose Luís;  Pita, Luis;  García Martín, Manuel;  Gonzalez, Francisco;  Torres Ferrer, Sabino;  Vega, Agustín;  Conde Cid, Alfredo;  Mato Varela, "Garceiras", Gabriel;  Peñas Bravo, Ildefonso;  Temáticas: Mulleres;  política;  filosofía;  feminismo;  xustiza;  Mulleres no Álbum de Galicia;  Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  Fondos de Radio Nacional de España en Galicia;  Álbum de Galicia;  acción política;  Acción sindical;  organizacións;  literatura;  nacionalismo;  sociedade;  emigración;  Historias de ida e volta;  universidade;  asociacións;  ensaio;  movementos sociais;  Defensa da lingua;  lingua;  entrevista;  A pegada educativa da emigración galega en América;  “cartografías” do Álbum de mulleres;  identidade cultural;  Galego;  socioloxía;  fotografía;  etnografía;  teatro;  Economía. Dereito. Política;  remesas;  emigrantes;  O labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos ;  entroido;  festas;  tradición;  pedagoxía;  literatura española do s. XX;  Procesos electorais;  educación;  Asociacións culturais;  música;  idiomas;  inglés;  La familia de Pascual Duarte;  política institucional;  OTAN; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0