Temática: emigrantes

Temática: emigrantes [5]

Data Material Ver
Data Material Ver
Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos
Ver

Transcripción da Figuras representativas dunha vila: os irmáns García Naveira, Betanzos

En 1983 trasládase a escultura marmórea dos filántropos García Naveira ata a praza que leva o seu nome, con motivo do cincuentenario do falecemento de Juan. Trátase dunha estatua que estaba situada orixinalmente na parte baixa do parque do Pasatempo. A escultura representa a Jesús sinalando os edificios do asilo e as escolas creadas por ambos os benfeitores, mentres que Juan escoita polo auricular dun teléfono. Sospéitase que a realización do monumento correu a cargo da Federación de Sociedades Obreiras de Betanzos (agricultores, canteiros e carpinteiros, entre outros oficios), en sinal de agradecemento aos irmáns García Naveira, e tamén que foi unha obra encargada ao artista S. Sbricoli.


Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerables
Ver

Transcripción da Escola e asilo García Hermanos, a protección dos máis vulnerables

A vontade filantrópica dos indianos García Naveira vén ilustrada principalmente a través da creación do asilo e as escolas García Hermanos. Con ese obxectivo quedou constituída unha fundación benéfica de «patronato particular perpetuo», por escritura pública do 23 de agosto de 1908. O capital de base, achegado a partes iguais polos dous irmáns, foi de 500 000 pesetas. O predio para a construción de ambos os edificios anexos foi cedido polos dez concellos do partido xudicial de Betanzos. No artigo primeiro dos estatutos do Patronato Benéfico-Docente García Hermanos recóllese a súa natureza e finalidade xeral:
«Los Sres. D. Juan y D. Jesús García Naveira constituyen en favor de los pobres del partido judicial de Betanzos, bajo la denominación de Asilo García Naveira y Escuela García Naveira, una doble institución benéfica de Patronato particular, con el respectivo fin de proporcionar albergue, alimento, vestido y asistencia médica á los ancianos sexagenarios, y alimento, educación y enseñanza á la juventud».
Ademais dos seus fundadores, a Xunta do padroado estaba constituída por Juan J. García Iribarne, fillo de Juan; Eduardo González García, sobriño de ambos; o párroco Jesús Leiceaga Bernat, e Joaquín López Folla, veciño de Betanzos.


1917-09-02
Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914)
Ver

Transcripción da Escolas García Hermanos, por unha escola aberta que amplíe horizontes para os brigantinos máis novos (inauguradas o 2 de setembro de 1914) en 02/09/1917

Os irmáns García Naveira, como outros indianos enriquecidos, aproveitaron a prosperidade propia para promover o desenvolvemento educativo, cultural, social e material do seu lugar de orixe. Un exemplo ben representativo foi a construción e o mantemento das escolas para os nenos e nenas das clases máis desfavorecidas de Betanzos. As escolas García Hermanos eran coñecidas como escolas do asilo, pois estaban a carón deste. O edificio tiña instalacións independentes para cada sexo, tanto as aulas como os espazos de recreo. Os horarios tamén estaban diferenciados e procurábase que os varóns saísen con media hora de antelación con respecto ás rapazas.
As materias que se impartían ían enfocadas a coñecementos elementais de lectura, escritura, doutrina cristiá e nocións de historia sagrada, ademais de gramática castelá, ortografía e aritmética. Se o orzamento o permitía, o ensino estendíase a materias referidas ao comercio, a industria e as artes. O alumnado recibía vestimenta e calzado gratuíto, ademais dunha comida diaria. Distribuíanse tamén premios entre os máis aplicados e con menos de vinte faltas de asistencia; tratábase, así, de evitar o absentismo escolar, tan común na época, xa que os fillos de familias labregas dedicaban máis tempo aos traballos agrícolas que á adquisición de novas aprendizaxes.
Para ingresar como alumno ou alumna requiríase:
«1.º Tener la edad mínima de cuatro años, poder hablar correctamente, moverse con libertad y valerse por sí mismo en la comida.
2.º Ser pobre, natural de este partido, no padecer enfermedad contagiosa ni de exterior repugnante, ó que exija medicación y cuidados especiales, y acreditar haber sido vacunado. Se dará siempre preferencia a los huérfanos».
A partir de 1915 foron incluídas as clases nocturnas para ambos os sexos, tamén gratuítas. O horario era de 18:00 h a 20:00 h, nas aulas de ensinanza primaria e baixo as directrices dos mesmos docentes que impartían as clases diúrnas.


1931-00-00
Homenaxe ao filántropo Agapito Serra Fernández, 1931
Ver

Transcripción da Homenaxe ao filántropo Agapito Serra Fernández, 1931 en 00/00/1931

Agapito Serra foi un de tantos emigrantes galegos que tivo que marchar cara a Portugal en busca de novas oportunidades. Nado no concello pontevedrés de Covelo, a elección do país de emigración vénlle dada polas fortes cadeas migratorias dos seus veciños e familiares en Portugal. Grazas ao seu esforzo chegou a ser un importante home de negocios no sector da hostalaría e da alimentación. Con todo, non esqueceu a súa terra natal e mandou construír na súa aldea natal unha escola «con capacidad para setenta alumnos y casa habitación correspondiente para el maestro con todas las comodidades». A Casa-escola San José foi inaugurada en 1923 e hoxe en día continúa a funcionar como un centro de verán para os e as veciñas do lugar.
En agosto de 1931, como recoñecemento ao seu labor filantrópico, organizóuselle unha homenaxe na que se inaugurou un busto no recinto escolar creado por el. Na estatua pódese ler: «AL FILÁNTROPO / Don Agapito Serra Fernández / HOMENAJE / de sus amigos y admiradores / 18 AGOSTO 1931». Nese acto participaron varios membros de Xuventude de Galicia, entidade que el favoreceu en vida.


1946-00-00
Plantel Rosalía de Castro, Nova York, 1946
Ver

Transcripción da Plantel Rosalía de Castro, Nova York, 1946 en 00/00/1946

A Sección de Instrucción y Cultura da Casa de Galicia de Unidad Gallega tiña unha intensa actividade cultural, que favorecía a formación educativa dos membros da colectividade galega residentes en Nova York. Entre os numerosos conferenciantes invitados ás charlas organizadas pola dita sección figuran intelectuais como Emilio González López, Federico de Onís, Pedro Dacal ou Leocadio Lobo. As veladas teatrais desta sociedade eran moi coñecidas entre os membros da colectividade. A entidade sempre amosou a súa pretensión de crear un verdadeiro centro cultural de referencia para a comunidade galega e hispana en xeral.
Os membros das distintas directivas que, ao longo do tempo, foron pasando pola Casa de Galicia de Unidad Gallega coincidiron sempre na seguinte afirmación, recollida da memoria conmemorativa do 25 aniversario da entidade: « [L]os emigrantes se reconocen como miembros de una comunidad histórica, cultural y económica, y deciden unirse para defenderse y defender su personalidad en el medio ajeno que les ha tocado vivir», con capacidade para «influir directamente en la evolución de Galicia hacia una meta de prosperidad económica, plenitud social y madurez cultural».


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Agra Romero, María XoséVidal Martínez, AuroraMontero Díaz, SantiagoVazquez, AbelardoVazquez, LuisGonzalez, MalenaBrey Guerra, PedroCaneiro, HoracioAlonso Montero, XesúsCores Trasmonte, BaldomeroVeiga, ManuelCastelao, García Naveira, JesúsFernández Paz, AgustínCabanas, ConstantinoPeña, Marina de laFerradáns, MíriamPerez, CarlosGarcía Naveira, JuanRico Verea, ManuelFilgueira Valverde, XoséCosta Rico, AntónFariña Cobián, HerminiaFraga, ManuelSánchez Arévalo, JoséVara, AlfredoTrillo, FedericoCorral, Jose CarlosVázquez Iglesias, PuraPita, LuisBlanco Campaña, Xose LuísGonzalez, FranciscoTorres Ferrer, SabinoGarcía Martín, ManuelVega, AgustínMini, Prado Freire1, CamiloBlanco Santiago, CarlosSantamarina, AntónCela, Camilo JoséLopez Taboada, CarmelaGarcía Ramos, DanielLopez Iglesias, Jose LuisOtero Pedrayo, RamónNúñez Seixas, Xosé M.Sánchez Cantón, Francisco JavierGonzález, FlorTena, José Luis deRial, LuísMolto, María Fernanda Temáticas: MullerespolíticafilosofíafeminismoxustizaMulleres no Álbum de GaliciaFondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na TransiciónFondos de Radio Nacional de España en GaliciaÁlbum de Galiciaacción políticaAcción sindicalorganizaciónsliteraturanacionalismosociedadeemigraciónHistorias de ida e voltauniversidadeasociaciónsensaiomovementos sociaisDefensa da lingualinguaentrevistaA pegada educativa da emigración galega en América“cartografías” do Álbum de mulleresidentidade culturalGalegosocioloxíafotografíaetnografíateatroEconomía. Dereito. PolíticaremesasemigrantesO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos entroidofestastradiciónpedagoxíaliteratura española do s. XXProcesos electoraiseducaciónAsociacións culturaismúsicaidiomasinglésLa familia de Pascual Duartepolítica institucionalOTAN

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0