Temática: pedagoxía

Temática: pedagoxía [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
Antía Cal. Mestra e pedagoga vocacional
Ver

Transcripción da Antía Cal. Mestra e pedagoga vocacional

Nacida na Habana o 18 de abril de 1923, Antía Cal Vázquez era filla de emigrantes galegos orixinarios de Muras. Os seus nomes eran: Vicenta Vázquez e Xosé Cal. Viviu alí cos seus pais ata os nove anos. Sempre comentaba que nesta etapa foi moi feliz en Cuba. Estivo escolarizada no Plantel Concepción Arenal do Centro Galego da Habana. Preocupado pola educación dos fillos, Xosé decide enviar a Galicia á súa muller con eles no barco Cristóbal Colón en 1932, mentres que el permanecería na illa durante 15 anos máis. Tras a chegada a Galicia, o seu fogar foi a casa dos avós maternos, no Mesón Muras, da que conserva moi gratas lembranzas. Antía continuou cos seus estudos no Colexio Dequidt da Coruña, no que tivo boa adaptación. Santiago de Compostela, a onde se mudaron en 1939, sería o seu novo destino familiar. Antía estudou alí, primeiro, Comercio e Maxisterio e, logo, Xeografía e Historia. En 1944, con 21 anos de idade, coñece o que sería o seu marido, o Dr. Antón Beiras, oftalmólogo de Vigo que estaba realizando unha investigación sobre o estrabismo. Deciden casar en 1947 e Antía pon unha condición: ela tamén tiña que atopar traballo. Mentres o dito traballo non aparecía, Antía acompañou a Antón nunha viaxe de estudos por varios países europeos. A estadía que tiveron en Xenebra marcou profundamente a visión de futuro de Antía. Asistiu a un acto do recoñecido pedagogo Pestalozzi, no que descubriu as novas tendencias no desenvolvemento da metodoloxía pedagóxica expostas pola UNESCO. Eses novos coñecementos serían de grande utilidade, tanto para o seu desenvolvemento profesional como para aplicalos na educación dos seus fillos. Despois da citada experiencia, o matrimonio decidiu enviar os seus fillo a cursar a Educación Primaria no Reino Unido. Ela chegou a cumprir o soño de fundar a Escola Rosalía de Castro en Vigo en 1962, na que aplicou todos os coñecementos adquiridos cunha perspectiva educativa revolucionaria, avanzada e un tanto cosmopolita. En 1968 morreu Antón Beiras e Antía quedou viúva con catro fillos e coa responsabilidade de dirixir a súa escola. A metodoloxía aplicada no seu centro educativo rompía co ensino tradicional, sendo unha escola bilingüe, co inglés como segunda lingua, e mixta. O uso do galego normalizouse, sobre todo nas zonas comúns, a pesar da prohibición franquista do seu uso nas aulas. Foi galardoada con varios premios e no 2006 a editorial Galaxia publicoulle as súas memorias: Este camiño que fixemos xuntos.
Antía Cal morreu en Moaña (Pontevedra), o 30 de marzo de 2022. O seu legado pedagóxico pasará, sen dúbida, a formar parte da Historia da Educación en Galicia.


1984-07-04
COLOQUIO SOBRE PEDAGOGIA
2009-00-00
Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009
Ver

Transcripción da Un magnífico edificio para as escolas municipais Jesús García Naveira, 2009 en 00/00/2009

No testamento de Jesús García Naveira aparece especificado o legado de 50 000 pesetas para a construción dun novo edificio educativo para a vila. Debía ser unha escola municipal de ensino primario para os nenos e nenas da localidade. A única condición para construíla era a cesión por parte do Concello do soar no Picardel, preto da igrexa de San Francisco.
Axiña se inician os trámites para levar a cabo os desexos do filántropo, quen foi declarado fillo predilecto de Betanzos. O deseño do edificio encargouse ao recoñecido arquitecto coruñés Rafael González Villar. O 17 de agosto de 1917 colocouse a primeira pedra nun acto con grande asistencia popular. Un ano máis tarde foi inaugurado e funcionou durante boa parte do século XX como centro de primeira ensinanza para moitos dos nenos e nenas do municipio, complementando a función docente da outra escola creada polos dous irmáns García Naveira. Hoxe en día continúa con esa función instrutiva que tanto promoveu este indiano.
Para coñecer as características arquitectónicas do edificio pódese consultar a páxina web As Escolas da Emigración do CCG. Hoxe en día, tras unha restauración, continúa a ser un dos edificios máis fermosos da vila betanceira.


2021-11-25
Proposta didáctica para aprender facendo en Bioloxía no Bacharelato
Ver

Transcripción da Proposta didáctica para aprender facendo en Bioloxía no Bacharelato en 25/11/2021


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Agra Romero, María XoséVidal Martínez, AuroraMontero Díaz, SantiagoVazquez, AbelardoGonzalez, MalenaVazquez, LuisBrey Guerra, PedroCaneiro, HoracioAlonso Montero, XesúsCores Trasmonte, BaldomeroPeña, Marina de laCastelao, Veiga, ManuelGarcía Naveira, JesúsFernández Paz, AgustínCabanas, ConstantinoPerez, CarlosGarcía Naveira, JuanRico Verea, ManuelFilgueira Valverde, XoséFerradáns, MíriamBlanco Campaña, Xose LuísPita, LuisGarcía Martín, ManuelGonzalez, FranciscoTorres Ferrer, SabinoVega, AgustínMini, Santamarina, AntónPrado Freire1, CamiloBlanco Santiago, CarlosCela, Camilo JoséNúñez Seixas, Xosé M.Lopez Taboada, CarmelaGarcía Ramos, DanielLopez Iglesias, Jose LuisOtero Pedrayo, RamónGonzález, FlorSánchez Cantón, Francisco JavierFraga, ManuelCosta Rico, AntónFariña Cobián, HerminiaSánchez Arévalo, JoséVara, AlfredoTrillo, FedericoVázquez Iglesias, PuraCorral, Jose CarlosNavaza, TereixaGonzález Seara, LuisMontero, Luz Temáticas: MullerespolíticafilosofíafeminismoxustizaMulleres no Álbum de GaliciaFondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na TransiciónFondos de Radio Nacional de España en GaliciaÁlbum de Galiciaacción políticaAcción sindicalorganizaciónsliteraturanacionalismosociedadeemigraciónHistorias de ida e voltauniversidadeasociaciónsensaiomovementos sociaisDefensa da lingualinguaentrevistaA pegada educativa da emigración galega en América“cartografías” do Álbum de mulleresidentidade culturalGalegosocioloxíafotografíaetnografíateatroEconomía. Dereito. PolíticaremesasemigrantesO labor filantrópico dos irmáns García Naveira en Betanzos entroidofestastradiciónpedagoxíaliteratura española do s. XXProcesos electoraiseducaciónAsociacións culturaismúsicaidiomasinglésLa familia de Pascual Duartepolítica institucionalOTAN

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0