| 1958-05-25 |
|
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]
Transcripción da Carta de Paz Andrade a Díaz Pardo. 1958 en 25/05/1958
Vigo, 25 maio 1958
Querido Isaac:
Demoréi un pouco a resposta a tua do 31 de marzal, para poder facelo agora despois da obriga cumprida. O libro, en dous exemprares, xa estará no Centro Galego, cando recibades, ti e Pepe Núñez, estas liñas. Escribín, ademais, a Abelardo Estévez, para que si non necesitan, como supoño, mais que un exemplar, vos facilite o outro. Podedes, pol-o tanto, pedirllo, pois teño intrés en coñecer a vosa opinión, denantes de que a imprenta faga irremediabre calquera fallo. Como se trata de libro de certo fondo, que pretende situar nun terreo fértil e práctico os problemas mais anguriosos e abandoados secularmente, da nosa Terra, toda suma de opinións é moi de ter en aprecio. E mais, si son vosas.
A revista a que te refires, anunciada como bi-mensual, non voltóu a sahir. Supoño que o fará con retardo. E, desgraciadamente, sin que os verdadeiros intresados na economía de Galicia se enteiren do seu contido. Pol-o demais, as estratificacións mentaes son sempre irremovibles. De quen as padeza se non pode agardar nada. Morrerá co seu mal. Só nos queda deproral-o e cristianamente axudal-o no que se poida. Supoño que a forza de enseñar a orella cada un ficará como quen é.
Intentéi falar con Moisés da tua insinuación sobre a fabricación de Rosenthal en Burela. Non puden coincidir aínda con el. Supoño que estará enteirado e que moverá o que poida en contra. N-estes días viñeron a Galiza os dirixentes alemáns, mais non sei con que intencións.
Xavier vai algo millor, mais non se coida doada a sua recuperación total. Tamén Pilar melloróu das súas molestias, sin normalizal-as.
Cecais dentro de dous días vaiamos ao Castro. Unha fábrica de artigos de goma, d-eiquí, quixera encargarvos moldes de porcelana, e teñen intrés en que leve a un dos xerentes, coincidindo c-unha vista que teño na Audiencia. De Mimina e os nenos recibimos carta derradeiramente.
De Cabanillas as novas son ruíns. Sigue en Sant Yago, onde quixeron tratarlle un cáncer de párpado. Optaron por radial-o, mais atópase mal. Tamén Maside tuvo outra recaída n-estes días. Son xa tan frecuentes que coido que [non] resista moito máis. Teño temor de que a cousa se poña moito peor. Cuevillas tamen anda mal. Ten derrames repetidos que non permiten agardar recuperación. Gómez Román foi operado por Beiras de cataratas. Tamén tuvo unha compricación. Parece que vai algo millor.
E nada mais. Supoño que os fornos xa estarán botando fume. Deséxovos moito ben na aventura industrial, e teño seguranza de que será así.
Apertas cordiaes de
Valentín
|
| 1959-10-25 |
|
Ver [Carta manuscrita:]
Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1959 en 25/10/1959
Magdalena 25.10.59
Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo
Querido Valentín:
No seu día recibín unhas liñas dende Madrid por un amigo de Villamarín nas que anunciabas o pronto envío do proxeuto do Instituto Galego de Economía, pol’o que Baltar segue agardando.
Boeno. A instalación de Celtia tocou fondo e agora queda coidar e amamantar á empresa pra que medre. Eu tomareime un descansiño por ahí, pra voltar axiña de novo sobor Magdalena até findar de darlle un definitivo pulo.
O 22 de Nadal chegarei a Vigo no Salta. Se queredes d’eiquí algunha cousa e me é factible levala, me tes á túa disposizón, eu saio d’eiquí o 5.
Teu libro entusiasmou a quenes o leron. Non podería ser d’outro xeito. E lástima que non poidera circular con intensidade por Galiza, pro xa me decato que non será sinxela a cousa. Non hai ren sinxelo, todo é dificilísimo.
Boeno. A profecía dos ríos non se cumpriu: nen o Teixo nen o outro desbordáronse. O noso destino xa se olla perto de Libia ou Kenia.
E nada máis; agardando apertarvos axiña, vai unha aperta cordial pra ti, pra Pilar e pra Alfonsiño de voso sempre amigo.
Isaac
|
| 1971-09-03 |
|
Ver [Carta mecanografada:]
Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1971 en 03/09/1971
3.9.1971
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo
Querido Valentín:
Sei de vosas derradeiras novas por Seoane cando estivo ahí. A min foime imposible baixar ás terras quentes de Galicia. Luís vos terá informado da miña doenza: un ruidiño fino e cabrón como unha chispa eléutrica que me atravesa a cabeza casi constantemente. O García Sabell emperrouse en faguerme un tratamento casi todo a base de sedantes que me engordaron 8 kilos e me aumentaron moito mais o ruidiño ise. Ando desesperado.
Boeno, falarche a ti de doenzas coas que ti tes enriba e perto semella cáseque unha cousa feita a mantenta pra te agonear mais.
Hoxe veño por outra cousa. Tíñasme falado de que había aparescido un depósito de álbums Nos de Castelao. Agora isto intresábame coñecelo, é dicir: confirmalo, e si posible fose coñecer si semellante depósito podería mercarse. Cantidade e precio. ¿Qué podes dicirme disto? Agradeceríacho e se fose posible axiña, millor.
Supoño que terás recibido dende o Castro toda clas de información cas ampliaciós do Museo Carlos Maside. Eu estou de continuo por Sargadelos e baixo o Castro soio de 15 en 15 días ou cando hai algunha inauguración disas.
De calquer xeito cando pase un pouco o calor quero chegar a Vigo. Avisareite.
Non quero molestarche mais. Agardo tuas novas. Garimosas lembranzas pra Pilar e pra todolos teus e un abrazo forte e devoto pra ti de
[Isaac Díaz Pardo]
|
| 1976-07-07 |
|
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e correccións manuscritas]
Transcripción da Carta de Dieste e Muñoz Manzano a Luís e Maruxa Seoane. 1976 en 07/07/1976
Rianjo, 7 de julio de 1976
Queridos Maruja y Luis:
Gracias por vuestra carta del 29 de junio, que nos llegó hace pocos días. En realidad, éramos nosotros los que estábamos más en falta, pues ni os felicitamos el Año Nuevo. Pero, en fin, no es cuestión de faltas entre nosotros, ni de dudas que interese la comunicación, que se sabe deseada por ambas partes. Se trata más bien de una dificultad que se produce a veces por querer dar el cauce adecuado a lo que se quisiera decir sin las limitaciones que imponen las circunstancias. Pero cuando se vence ese momento, se alegra a la otra parte y uno mismo se siente más ligero.
En este tiempo transcurrido desde que os fuisteis, os hemos acompañado a distancia y estamos ya deseando teneros cerca. Yo creo, nosotros creemos, que debéis ir pensando en regresar definitivamente a España o, al menos, en vivir aquí la mayor parte del tiempo. Debe terminar ese distanciamiento de personas valiosas, cuando hay aquí tanto que hacer y parecen estar mejorando las posibilidades de hacerlo.
Recibimos el hermoso Insectario, que ya habíamos disfrutado y comentado en los originales. Es estupenda, además, la edición en conjunto. No se consuela uno de que sigamos perdiendo en España –y sobre todo en Galicia– las posibilidades de tu importantísima colaboración por dificultades que nos parecen superables. Esto en cuanto a la posible editorial, pero hay además el Museo, las artes populares y todo lo que comprendido en el esquema del Laboratorio de Formas. Que no se haya hecho hasta ahora, no significa que no pueda hacerse en adelante. Las cosas requieren sus plazos y nunca es tarde cuando la dicha es buena, dice el refrán. Y esa dicha es buenísima, en cualquiera de sus modalidades.
Hemos mandado nuestros saludos a Cuadrado, pero no le hemos visto todavía. Por diversas circunstancias, no nos resultará fácil por esos días ir a Vigo y a Santiago. Por otra parte, hacía un calor tremendo, impropio de Galicia. Pero ya procuraremos verle, naturalmente. Tampoco hemos visto a Varela, aunque hemos hablado con él por teléfono.
Como no me es posible escribir hoy la extensión deseada, me tomo la libertad de enviaros copias de cartas escritas a Antonio Dieste I y II, así como a Gabriel, para enteraros de lo que ya conocéis por otras fuentes, pero que acaso os den nuevas perspectivas.
Rafael completará estas líneas con otras suyas. Un gran abrazo para los dos de
Carmen
[Escrito por Rafael Dieste:] Queridos Luis y Maruja: Carmen desea que esta carta, con todo su acompañamiento, alcance el correo de hoy, y me parece muy bien. Faltan unos minutos. ¡Qué lástima no poder llamaros por teléfono a la Torre Coruña! Pasaríamos una tarde feliz, pese a todos los embrollos del mundo, que cuando no se pone bárbaro, se pone anfibológico. Me sumo a las exhortaciones de Carmen, pero teniendo claro que me mueva ante todo el deseo de vuestra cercanía. Debo decirte que a Claudio le gustó el Insectario. No cabe más. Abrazos,
Rafael
[Manuscrito por Carmen Dieste na marxe esquerda:] Muy afectuosos saludos a todos los buenos amigos que mencionas.
|
| 1980-08-15 |
|
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]
Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1980 en 15/08/1980
Sargadelos, 15 de agosto de 1980
Sr. Don Valentín Paz Andrade
Vigo
Benquerido Valentín:
Entre gripes, catarros e o lerio iste da IX Experiencia con 60 seminaristas, entre economistas, sociólogos, arquitectos e xente de teatro, ainda non tiven tempo material de respostar a túa do 21 de xullo derradeiro e de dar trámite ao que me pides. Axiña irán os cadernos do Seminario que che fallan.
Si fuche a Noruega como pensabas ésta a atoparás ao teu regreso. O teu proxecto GALUBRA paréceme bó. Mais non te fies do teu amigo González Seare, sinxelamente porque iste home non é de fiar.
Eu estou moi ledo con esa colección da revista Mondariz que nos ofreces e claro que iremos a recollela se non decides enviala.
Tamén irán axiña exemplares de Pranto Matricial. Eu non agardo a que ti veñas a buscar as cousas.
En canto ao traslado dos restos de Lorenzo Varela vou tratar de facer a xestión co párroco (agora non relembro como se chama pro o saberei o lús) que, según me dixo, pode dispor pra o traslado dos restos de Lorenzo dunha sepultura que foi da familia de Lorenzo e que por prescripción uso, ou algo así, pasara a propiedade á parroquia. Il mesmo pode facer calquer trámite que fose necesario no Axuntamento pois é concellal polo Bloque, aínda que nun Axuntamento de maioría ucedea. Tereite informado.
Tomo boa nota das demais cousas que me dis na túa. Celebrarei que estedes ben e fago votos por ela. Penso que nos veremos no mes que ven. Agora quería só acusar recibo da túa e cumplimentar o que pides.
Pra ti e pra Pilar van apertas moi tensas.
Isaac
|
| 1986-06-08 |
|
Ver [Carta mecanografada con firma autógrafa e co membrete:]
Transcripción da Carta de Díaz Pardo a Paz Andrade. 1986 en 08/06/1986
Sargadelos, 8 de xuño de 1986
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo
Benquerido Valentín:
Seguín a túa doenza e vexo que vas pra adiante e non te arredas. Me felicito. Velahí vai o índice e o limiar do libro que lle imos facer a Núñez Búa, bótalle un ollo e indícame o que che pete. Sería ben que o libro levase unhas líneas túas, ben encabezándoo ou ben a modo de epílogo. Ti verás. Non quero ser teimoso nisto pois son consciente de que non se che pode agonear masis do que todos, todos, agoneámoste.
Ímonos ver axiña durante este mes en dúas ocasiós. Unha delas o 29 pra te festexar en Trasalba.
O libro de Núñez Búa non baixará de 350 páxinas en letra miuda. Nada máis. Adiante.
Apertas tensas a ti, a Pilar, a todos.
Isaac
|