Temática: O galeguismo en América

Temática: O galeguismo en América [2]

Data Material Ver
Data Material Ver
Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930
Ver

Transcripción da Socios e socias de Hijos de Silleda nun mitin galeguista, Bos Aires, ca. 1930

A gran maioría das asociacións de emigrantes de ámbito parroquial ou municipal tiveron como finalidade prioritaria acadar o progreso educativo e cultural dos seus lugares de procedencia, sen esquecer o apoio ás loitas agraristas dos seus compatriotas. Convértense así nun foco de atención preferente para os nacionalistas co fin de propagar as súas ideas entre esta ampla masa social. Ao longo da década de 1920 moitas destas sociedades apoiarán activamente o ideario nacionalista moderado asistindo a mitins e achegando cartos nas numerosas subscricións que se creaban con ese fin. Foi esencial o papel da prensa étnica: os principais xornais e revistas como Correo de Galicia —o xornal de J. R. Lence que tiña un maior número de lectores no seo da colectividade emigrada e que neses anos virou cara a un galeguismo moderado—, Céltiga, El Despertar Gallego etc., os mitins, conferencias e artigos dos intelectuais galeguistas tiveron un amplo eco na colectividade, e cada vez participaba máis público nos diferentes actos a prol da causa galeguista.
Dende as sociedades máis progresistas —vemos na imaxe os socios e socias de Hijos de Silleda nun acto político, co puño levantado en sinal de loita— mandaban cartos a Galicia para axudar a financiar centros educativos e sindicatos agrarios, así como a publicación de libros e folletos de propaganda das ideas nacionalistas no seu lar. Ademais, a nivel particular moitos emigrantes informaban e exhortaban os seus amigos e familiares a favor da República e da autonomía de Galicia nun discreto labor de concienciación.


1935-00-00
Mitin na sede da Federación de Sociedades Gallegas a prol do Partido Galeguista, 1935
Ver

Transcripción da Mitin na sede da Federación de Sociedades Gallegas a prol do Partido Galeguista, 1935 en 00/00/1935

A Federación, dende a súa creación, foi unha institución en que coexistían varias vertentes de pensamento progresista e de esquerdas: o agrarismo (de aí o seu nome), o republicanismo, o socialismo reformista e o galeguismo. Na década de 1920 a FSG estivo baixo o liderado de Antón Alonso Ríos ou Manuel Cao Turnes, vinculada nunha primeira etapa á defensa do agrarismo e dos ideais republicanos e de esquerda do PSOE. A inclusión nas súas filas de figuras como Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo provocou que cada vez tivese un maior peso o ideario galeguista. A Federación apoiará economicamente as organizacións galeguistas na terra nai e as súas actividades de propaganda. Cede tamén as súas instalacións para a organización de actos progaleguistas, así como o seu xornal oficial (El Despertar Gallego e, a partir de 1931, Galicia) para publicar noticias e artigos a favor da causa.
A chegada da República e a creación do Partido Galeguista (PG) contará co apoio de gran parte das asociacións federadas, cuxos socios están presentes en mitins e actividades organizadas na capital bonaerense. Nesta imaxe vemos a Xerardo Díaz, presidente da Federación, nun acto organizado polos galeguistas na sede federal para acadar apoios e fondos que enviar a Galicia para financiar a participación do PG nas eleccións de 1936. O entusiasmo foi xeral cando se coñeceu o triunfo da Fronte Popular e do PG. Axiña comezou en América a campaña a prol do Estatuto de autonomía de Galicia.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Valcárcel, Marcos;  Cela, Camilo José;  Sixto Seco, Agustín;  Díaz, Avelino;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Vidal Carrera, Ramiro;  Cordo Boullosa, Manuel;  Castro, Rosalía de;  Castelao, ;  Casares, Carlos;  Castaño, Marina;  Lugrís González, Urbano;  Álvarez, Bautista;  Caballero Bonald, Jose Manuel;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Guede, Manuel;  Losada, Benito;  Acuña, José María;  Gamallo Fierros, Dionisio;  Tudela, Mariano;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Cruces, Fortunato;  Conde Picavea, María del Rosario;  López Romero, Perfecto;  Dios, Xosé Luís de;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  Historias de ida e volta;  emigración;  sociedade;  acción sociocultural;  ensino;  prensa escrita;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  remesas;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  emigrantes;  identidade cultural;  educación;  acción política;  A pegada educativa da emigración galega en América;  Álbum de Galicia;  movemento obreiro;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  literatura;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  historia;  A pegada indiana na Mariña lucense;  movementos sociais;  Mulleres;  nacionalismo;  Defensa da lingua;  Asociacións culturais;  A emigración galega nos Estados Unidos;  coros;  artes plásticas;  lingua;  Acción sindical;  ocio;  O galeguismo en América;  Álbum da Emigración;  xornalismo;  autores/as;  poesía;  arquitectura;  música;  música tradicional;  deportes;  Procesos electorais;  OTAN;  política;  revolución;  axentes culturais; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0