Temática: A pegada educativa da emigración galega en América [13]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Clase de mecanografía no Plantel Concepción Arenal, A Habana, ca. 1950 |
Ver
Transcripción da Clase de mecanografía no Plantel Concepción Arenal, A Habana, ca. 1950O desexo dos e das emigrantes galegas por mellorar a súa formación foi unha constante na colectividade de alén mar. Pese á loita das sociedades instrutivas que tantos esforzos fixeron no primeiro terzo do século XX para fundar centros escolares en Galicia e paliar os altos niveis de analfabetismo que existían nas vilas galegas da época, moitos dos emigrantes chegaban aos países de acollida con escasa cualificación. Despois dunha dura xornada laboral, asistían a estas clases de formación profesional organizadas en horario nocturno no Plantel do Centro Galego para poder acceder a traballos máis especializados que lles posibilitarían ascender socialmente e gozar dunha mellor posición económica. Alí recibían cursos de mecanografía e taquigrafía, aritmética, contabilidade, cálculo mercantil, xeografía e historia comercial, álxebra, prácticas de oficina, caligrafía e ortografía ou inglés, entre outras materias. As clases nocturnas eran mixtas e contaban con todos os medios metodolóxicos e técnicos para obter un título que acreditase a súa formación nas empresas e negocios nos que querían traballar.
|
|
Aula de informática do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires, ca. 2015 |
Ver
Transcripción da Aula de informática do Instituto Argentino-Gallego Santiago Apóstol, Bos Aires, ca. 2015O estudantado deste centro educativo ten acceso a un ambicioso plan de estudos no que se imparten as materias curriculares marcadas pola Dirección General de Educación Privada do Ministerio de Educación da República Arxentina. Por outra banda, teñen materias extracurriculares obrigatorias: lingua galega —que aprenden os nenos e nenas desde os catro anos—, literatura galega, e xeografía e historia de Galicia, ademais doutras optativas, como música, teatro, baile galego etc. Deste xeito, cúmprese tamén o obxectivo de seguir un plan o máis parecido posible ao que se imparte na Galicia territorial. As súas instalacións contan con salas de concerto, bibliotecas para cada nivel, aulas de informática, laboratorio de física e química, comedores e salas para conferencias e actos multitudinarios, como a representación de obras teatrais. O ximnasio, as canchas deportivas e a piscina son compartidos co Centro Galicia de Bos Aires.
|
|
| 1909-00-00 | Mestres e mestras do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1909 |
Ver
Transcripción da Mestres e mestras do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1909 en 00/00/1909A sección de instrución do Centro Galego ocupábase de todos os aspectos relacionados coa creación e mantemento das aulas en que se impartía a ensinanza aos socios da entidade. Desde o primeiro momento unha das súas preocupacións foi a contratación dun corpo de profesorado do máis alto nivel educativo. No artigo 14 do seu regulamento aparecían especificadas as esixencias e responsabilidades dos mestres do Plantel. As prazas outorgábanse por concurso de méritos, elixindo sempre os mellores expedientes con acreditación documental da súa formación profesional, ademais de ter en conta a súa boa consideración no seo da colectividade. Aínda que non era unha condición principal, «tendrán derecho preferente a ser profesores de esta sociedad, los gallegos y oriundos de Galicia, y a falta de estos, los de cualquier otra provincia de España». Nos seus programas educativos vemos como se impartía unha ensinanza moderna e participativa do alumnado, seguindo os plans de estudos cubanos. Ao longo da historia desta entidade houbo unha extensa nómina de docentes destacados, como o pedagogo Vicente Fraiz Andión, o escritor Eduardo Núñez Sarmiento ou as mestras Elisa Losada e Andrea López Chao, quen chegou a ser directora do colexio.
|
| 1919-00-00 | Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919 |
Ver
Transcripción da Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919 en 00/00/1919Para asistir como alumno aos cursos deste centro educativo era condición necesaria ser socio do Centro Galego ou familiar dun socio. Para os varóns as clases eran gratuítas, mentres que as nenas (fillas de socios) tiñan que pagar unha pequena cantidade anual. Co tempo tamén puideron acceder os cubanos e os membros doutras colectividades.
|
| 1933-06-30 | Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33 |
Ver
Transcripción da Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33 en 30/06/1933Ao rematar o curso escolar, o Plantel celebraba un festival en que se entregaba ás alumnas e alumnos o diploma conforme adquiriran os coñecementos necesarios para superar o curso. Na imaxe podemos ver a acreditación da alumna Margarita Senra, coa cualificación de sobresaínte no seus estudos de taquigrafía, o que lle permitiría obter un posto laboral nunha empresa ou negocio.
|
| 1934-00-00 | Grupo de alumnas coas súas profesoras, A Habana, curso escolar 1933-34 |
Ver
Transcripción da Grupo de alumnas coas súas profesoras, A Habana, curso escolar 1933-34 en 00/00/1934Co paso do tempo e en paralelo á modernización da sociedade, foise ampliando o programa de estudos para as nenas e mulleres. As fillas dos emigrantes galegos nacidas na illa de Cuba comezaban os seus estudos de primaria no Plantel e moitas emigrantes acudían aos seus cursos de alfabetización ou mecanografía. Acadaban así unha formación que, segundo os casos, ampliaban ou lles servía para ter unha educación e cultura básicas para o seu futuro. O acceso laboral das mulleres cubanas ao sector do comercio, da pequena empresa ou dos servizos era bastante maior que en Galicia, e as galegas aspiraban a ocupar eses postos de maior remuneración e mellor consideración social, máis aló do sector doméstico, principal nicho laboral para as nosas emigrantes.
|
| 1954-00-00 | Autobús do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1954 |
Ver
Transcripción da Autobús do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1954 en 00/00/1954A Sección de Instrución e Cultura do Centro Galego ocupábase de que o alumnado do centro escolar obtivese a mellor e máis moderna formación académica posible facilitando todo o mobiliario e material pedagóxico necesarios para obter os mellores resultados. Tamén poñía á disposición do alumnado medios de transporte para poder acceder ao colexio. Así aparece reflectido na memoria escolar do curso 1954-1955, na que se congratulaba de ter «un magnífico e insuperable servicio de ómnibus nuevos para la mayor comodidad en el transporte de sus alumnos». Este servizo tamén era empregado nas numerosas excursións educativas e festivas que se organizaban durante o curso escolar.
|
| 1957-00-00 | Inauguración do II Curso de Iniciación Cultural Galega organizado pola Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Bos Aires, 1957 |
Ver
Transcripción da Inauguración do II Curso de Iniciación Cultural Galega organizado pola Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA), Bos Aires, 1957 en 00/00/1957Baixo o título de «Actividad cultural. Los cursos de “AGUEA”» podemos ler na revista Galicia Emigrante unha recensión da inauguración do curso de cultura galega que organiza a Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas. Esta sociedade foi fundada en Bos Aires o 22 de xuño de 1956 por un grupo de intelectuais galegos de gran prestixio no seo da colectividade emigrada, entre os que se atopaban Antonio Baltar —quen foi o seu primeiro presidente—, Eduardo Blanco-Amor, Xosé Núñez Búa, Emilio Pita, Xavier Bóveda, Rafael Dieste, Luís Seoane ou Ramón de Valenzuela. |
| 1960-00-00 | Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, Salvador de Bahia, 1960 |
Ver
Transcripción da Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago, Salvador de Bahia, 1960 en 00/00/1960Esta sociedade de emigrantes galegos e galegas residentes en Salvador de Bahia foi fundada o 27 de novembro de 1960 co firme compromiso de manter e difundir a identidade galega a través do desenvolvemento de actividades de formación sobre cultura e lingua galegas entre os asociados e todas aquelas persoas interesadas no seu coñecemento, independentemente da súa procedencia.
|
| 1965-00-00 | Unidade Educativa Colexio Castelao, Instituto Educacional da Hermandad Gallega de Venezuela, Caracas, 1965 |
Ver
Transcripción da Unidade Educativa Colexio Castelao, Instituto Educacional da Hermandad Gallega de Venezuela, Caracas, 1965 en 00/00/1965O 17 de maio de 1962 o profesor Amancio Peleteiro presentou —ante a asemblea de socios convocada polo Comité Executivo da Hermandad Gallega de Venezuela— o anteproxecto e informe preliminar para a fundación do Instituto Educacional da Hermandad Gallega. Peleteiro contaba cunha ampla traxectoria docente e desenvolvera un efectivo labor de xestión en Santiago de Compostela. Foi o creador do Colegio e Instituto Minerva en Caracas. O centro impartía clases diúrnas a rapaces de todos os niveis educativos, desde preescolar ata bacharelato. Pola noite o centro atendía as necesidades educativas dos adultos, con clases de bacharelato e contabilidade.
|
| 2008-00-00 | Aula de cuarto grao de educación primaria da Unidad Educativa Colegio Castelao, Caracas, 2008 |
Ver
Transcripción da Aula de cuarto grao de educación primaria da Unidad Educativa Colegio Castelao, Caracas, 2008 en 00/00/2008Nun principio, as actividades académicas iniciáronse sen unha sede propia, e impartíanse clases desde educación infantil, coñecida popularmente como «Kinder», ata os primeiros cursos de educación primaria. Pouco a pouco foise ampliando a cobertura educativa e a partir do curso 1987-1988 acada a etapa de bacharelato. En 1999-2000 o Colegio Castelao estrea nova sede nas instalacións da propia Hermandad Gallega de Venezuela, e nese ano académico conta cunha poboación escolar de máis de catrocentos alumnos. Hoxe esta institución educativa leva 58 anos de andaina e está perfectamente consolidada como tal, cun prestixio crecente na comunidade de acollida.
|
| 2008-00-00 | «Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008 |
Ver
Transcripción da «Somos Castelao, somos Hermandad». Alumnado formando fila para entrar ás aulas do Colegio Castelao, Caracas, 2008 en 00/00/2008Un dos obxectivos principais da Unidad Educativa Colegio Castelao é o de brindar unha educación integral e de calidade aos fillos e fillas dos socios, como forma de apoiar as familias, nun contexto en que se difundan e defendan a lingua e a cultura galegas, ademais de ofrecer un coñecemento profundo dos valores, a cultura e as tradicións de Venezuela.
|
| 2019-00-00 | Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 |
Ver
Transcripción da Edificio do Plantel Concepción Arenal, o centro educativo das e dos galegos asentados na Habana, 2019 en 00/00/2019Na actualidade este edificio continúa a ser un referente no sistema educativo cubano como centro de estudo de numerosas xeracións de nenos e nenas cubanas. O actual Plantel Escolar Concepción Arenal segue levando o nome que lle deran os seus creadores, os emigrantes galegos instalados na illa de Cuba. Isto debe ser un orgullo para Galicia como un símbolo das iniciativas dos nosos paisanos alén mar a prol da cultura e da educación.
|


