Temática: 100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión [7]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1923-00-00 | Primeira xunta directiva da Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, 1923 |
Ver
Transcripción da Primeira xunta directiva da Sociedad Agraria y Cultural Hijos del Partido de Corcubión, 1923 en 00/00/1923Fotografía dos membros da directiva fundacional, na que podemos ver sentados, de esquerda a dereita, a Lino Baliña, que ocupaba o cargo de tesoureiro; José Quintáns Pazos, vicepresidente; Casto M. Insua, presidente; o secretario, Manuel Areas Blanco, e Vicente Graíño, contador. De pé están J. M. Castro, nomeado prototesoureiro, e os vogais Jaime Lires, Jesús Pose, José Santos Soto, Daniel Caamaño Moreira, Manuel F. Fernández, Faustino Luaces e Manuel Fariña.
|
| 1938-00-00 | Noticia da fusión de dúas sociedades irmás, Alborada, 1938 |
Ver
Transcripción da Noticia da fusión de dúas sociedades irmás, Alborada, 1938 en 00/00/1938A maior parte dos fundadores da entidade eran naturais dos concellos de Cee e Muxía e pensaban nos seus conterráneos como socios da nova sociedade. Axiña xurdiron voces que defendían a necesidade de incluír todos os concellos da comarca e así ter un maior peso e influencia para acadar os seus obxectivos. Aínda que se intentou que a representación de cada municipio fose equitativa para evitar agravios, en xaneiro de 1923, un grupo de socios naturais de Muxía liderados por Manuel Pose Oreiro, en desacordo con esta iniciativa, deciden separarse e crear unha nova entidade que se chamará Sociedad Cultural y Agraria Residentes del Distrito de Mugía. Isto supuxo un conflito entre ambas as entidades e nos seus voceiros sociais podemos ler artigos e cartas en que cada sociedade manifesta as súas razóns para esta separación. En 1935 comeza a frutificar a idea dunha fusión e finalmente, en 1938, aprobouse a ansiada unificación, que foi considerada como a mellor opción para a súa supervivencia. Os socios da entidade muxiá, xa moi poucos, só puxeron como condición a compra dun local social que se fixo en 1940. |
| 1948-08-22 | Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948.
|
Ver
Transcripción da Castelao na celebración do 26º aniversario fundacional da ABC, 1948.
|
| 1950-00-00 | As Grandes Festas Campestres da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950 |
Ver
Transcripción da As Grandes Festas Campestres da ABC del Partido de Corcubión, Bos Aires, 1950 en 00/00/1950As Grandes Festas Campestres son ben coñecidas pola colectividade galega residente en Bos Aires debido á súa amenidade e boa organización. Na sede de Vicente López, coñecida como Campo Corcubión, organízase unha gran cantidade de actos de índole variada. A Comisión de Festas, xunto coa de Damas e demais socios voluntarios, traballa cóbado con cóbado na organización dos diferentes eventos, co fin de alcanzar unha maior comodidade e entusiasmo por parte das socias, socios e demais simpatizantes da ABC del Partido de Corcubión. Moitas persoas concorren cada ano aos pícnics, ceas de camaradaría e festivais musicais, entre outras moitas actividades. As celebracións son máis rechamantes na tempada de verán, nas que non faltan as cantareiras e o seu emblemático grupo de música tradicional Alborada. |
| 1954-00-00 | Os socios colaboran na construción do seu campo de recreo, ca. 1954 |
Ver
Transcripción da Os socios colaboran na construción do seu campo de recreo, ca. 1954 en 00/00/1954A partir de 1940, co incremento de socios, a comisión directiva aluga un amplo predio na localidade de Vicente López, para destinalo á organización de actividades recreativas e lúdicas. Estas instalacións, con parrillas e un gran parque con árbores, enchíanse e énchense cos socios e socias e os seus convidados as fins de semana e na época estival. No Campo Corcubión teñen lugar numerosas festas campestres e asados, así como as diversas celebracións festivas da entidade como o seu aniversario, as festas patronais de cada concello ou os famosos «carnavales», de gran sona entre a colectividade galega de Bos Aires dos anos 50 e 60.
|
| 1997-00-00 | Mantendo as tradicións alén mar, 1997 |
Ver
Transcripción da Mantendo as tradicións alén mar, 1997 en 00/00/1997Entre as numerosas actividades recreativas que realiza a ABC queremos destacar, pola súa tradición artesá, a creación en 2010 dunha escola de encaixe de palillos de Camariñas á que asisten numerosas socias. As alumnas reciben clases nas instalacións do Campo Corcubión desde marzo ata decembro. Os seus traballos son expostos durante a celebración das festas da Virxe da Barca, patroa de Muxía, que os seus conterráneos en Arxentina celebran co mesmo entusiasmo que na terra natal.
|
| 2009-00-00 | Visita de representantes das institucións galegas na sede da ABC, 2009 |
Ver
Transcripción da Visita de representantes das institucións galegas na sede da ABC, 2009 en 00/00/2009Ao longo destes anos a entidade tivo e ten unha estreita relación con Galicia nunha historia de ida e volta. Non só os directivos e mais os socios e socias da ABC visitan a súa terra natal, senón que tamén reciben visitas de autoridades galegas que viaxan a Arxentina. Este contacto estreito cos nosos emigrantes é unha tarefa que levan a cabo alcaldes e membros das institucións e do Goberno de Galicia. Nesta fotografía vemos a recepción que se lles fixo aos representantes da Deputación da Coruña. Nesta visita inaugurouse o salón principal da sede social da entidade sita na rúa Venezuela, ampliado e adaptado ás necesidades dos e das socias de maior idade grazas a un convenio asinado coa Deputación.
|


