Persoa: Fernando Iglesias Tacholas

Persoa: Fernando Iglesias Tacholas [1]

Data Material Ver
Data Material Ver
1959-08-24
«A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959
Ver

Transcripción da «A nuestro gran amigo y paisano... con el mayor afecto y admiración», 24 de agosto de 1959 en 24/08/1959

Fernando Iglesias, máis coñecido como Tacholas, foi un dos actores galegos máis relevantes alén mar, dinamizador da vida cultural da emigración do Río da Prata. Ourensán de nacemento, emigrou cara a Arxentina en 1929. Axiña se integrou na vida cultural das asociacións galegas e participou nos seus festivais e celebracións con actuacións de gran sona. Actor de recoñecido prestixio, tamén no teatro e cine arxentinos, foi unha das grandes figuras da radio galega, fundador con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui da audición radiofónica Recordando a Galicia (1945), que o converteu nunha figura cotiá e familiar para miles de emigrantes. Nunca esqueceu a súa condición de galego e ourensán e durante toda a súa vida estivo vinculado coas entidades galegas, ben como socio, ben actuando e participando nas súas celebracións e festas, sempre na defensa da cultura e identidade galegas, con actuacións memorables cheas de amor e compromiso pola terra nai.
Na imaxe, a sociedade Hijos del Ayuntamiento de Maside y sus Contornos agradécelle a súa colaboración nun dos seus festivais. Esta entidade foi creada en 1915 con fins instrutivos e mutualistas.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Valcárcel, Marcos;  Cela, Camilo José;  Sixto Seco, Agustín;  Vázquez-Monxardín, Afonso;  Díaz, Avelino;  Cordo Boullosa, Manuel;  Vidal Carrera, Ramiro;  Casares, Carlos;  Castro, Rosalía de;  Castelao, ;  Gamallo Fierros, Dionisio;  Tudela, Mariano;  Ferreiro Míguez, Celso Emilio;  Cruces, Fortunato;  Conde Picavea, María del Rosario;  López Romero, Perfecto;  Dios, Xosé Luís de;  Castaño, Marina;  Lugrís González, Urbano;  Álvarez, Bautista;  Caballero Bonald, Jose Manuel;  Tacholas, Fernando Iglesias;  Guede, Manuel;  Losada, Benito;  Acuña, José María;  Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na Transición;  Historias de ida e volta;  emigración;  sociedade;  acción sociocultural;  ensino;  prensa escrita;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Cuba;  remesas;  Galegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de Lisboa;  Voceiros da colectividade galega na emigracion;  emigrantes;  identidade cultural;  educación;  acción política;  A pegada educativa da emigración galega en América;  Álbum de Galicia;  movemento obreiro;  As asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentina;  literatura;  100º Aniversario da ABC del Partido de Corcubión;  Ares en Cuba: unha emigración mariñeira;  Fondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José Cela;  historia;  A pegada indiana na Mariña lucense;  movementos sociais;  Mulleres;  nacionalismo;  Defensa da lingua;  Asociacións culturais;  A emigración galega nos Estados Unidos;  coros;  artes plásticas;  lingua;  Acción sindical;  ocio;  O galeguismo en América;  Álbum da Emigración;  xornalismo;  autores/as;  poesía;  arquitectura;  música;  música tradicional;  deportes;  Procesos electorais;  OTAN;  política;  revolución;  axentes culturais; 

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0