Persoa: Manuel Cordo Boullosa [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Un palacio do século XIX, refuxio dos emigrantes galegos en Lisboa |
Ver
Transcripción da Un palacio do século XIX, refuxio dos emigrantes galegos en LisboaO Salón Nobre da sede social de Xuventude de Galicia, localizado na rúa Júlio de Andrade da capital portuguesa, leva o nome da nai de Manuel Cordo Boullosa, chamada Leocadia Boullosa Muñoz. A súa maxestade e beleza asombra a calquera visitante. Trátase dun espazo destinado a exposicións de distinta índole (pintura, fotografía, escultura etc.) e outro tipo de actividades, como presentacións de publicacións, conferencias...
|
|
| 1957-00-00 | Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 |
Ver
Transcripción da Merecida homenaxe a Manuel Cordo Boullosa, Lisboa, 1995 en 00/00/1957O 18 de xuño de 1995 o socio honorario Manuel Cordo Boullosa foi homenaxeado por Xuventude de Galicia, entidade que tanto lle debe a este benfeitor. El foi o promotor e artífice da compra da actual sede social, adquirida en propiedade en 1988. É unha figura venerada por todos os socios e socias, considerada por moitos como o «patriarca» dos galegos de Lisboa. Socio número 1 benemérito e honorario, a grandeza da súa obra filantrópica sería relembrada de maneira simbólica a través dun busto de granito galego acompañado dunha placa que atribúe o seu nome ao edificio.
|
| 1963-03-21 | «Galego sempre, en todos os sitios», Manuel Cordo Boullosa (Lisboa, 5 de decembro de 1905 - 6 de abril de 2000) |
Ver
Transcripción da «Galego sempre, en todos os sitios», Manuel Cordo Boullosa (Lisboa, 5 de decembro de 1905 - 6 de abril de 2000) en 21/03/1963«Aprendí todo de la vida gallega y salí de Galicia cuando no había nadie en mi aldea que no tuviera una becerra o una vaca, y no había un metro cuadrado de terreno que no estuviese cultivado porque se vivía de eso […]. Nas noites de gran tormenta eu tiven que saír a buscar áuga. Eu levaba comigo un faroliño de man e un saxiño e, mesmo cando a tormenta apagaba o faroliño, eu tiña que seguir».
|


