Temática: Mulleres

Temática: Mulleres [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
1919-00-00
Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919
Ver

Transcripción da Aula de corte e confección do Plantel Concepción Arenal, A Habana, 1919 en 00/00/1919

Para asistir como alumno aos cursos deste centro educativo era condición necesaria ser socio do Centro Galego ou familiar dun socio. Para os varóns as clases eran gratuítas, mentres que as nenas (fillas de socios) tiñan que pagar unha pequena cantidade anual. Co tempo tamén puideron acceder os cubanos e os membros doutras colectividades.
Había unha ampla oferta de estudos que se foi estendendo co paso dos anos: de primaria ata o oitavo grao, pero tamén formación profesional (taquigrafía, mecanografía, secretariado comercial, álxebra, idiomas…) e preparación para acceder ao bacharelato. As clases podían ser pola mañá, pero tamén se favorecían as nocturnas debido a que moitos dos alumnos adultos só podían acudir despois da xornada laboral. Tampouco debemos esquecer que a Sección de Belas Artes organizaba clases de pintura, música e danza, de gran sona na cidade.
A partir de 1894 permitiuse o acceso das mulleres á formación educativa do Plantel. Aínda así, os plans de estudo eran distintos para homes e mulleres: había aulas diferenciadas por sexos e as alumnas recibían clases de ensino primario, corte e confección, bordados á máquina, labores domésticos ou secretariado, tarefas que se consideraban «máis propias do seu sexo».


1933-06-30
Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33
Ver

Transcripción da Premio ao esforzo: diploma do Plantel Concepción Arenal, A Habana, curso 1932-33 en 30/06/1933

Ao rematar o curso escolar, o Plantel celebraba un festival en que se entregaba ás alumnas e alumnos o diploma conforme adquiriran os coñecementos necesarios para superar o curso. Na imaxe podemos ver a acreditación da alumna Margarita Senra, coa cualificación de sobresaínte no seus estudos de taquigrafía, o que lle permitiría obter un posto laboral nunha empresa ou negocio.
É interesante coñecer que a formación educativa deste centro era recoñecida a nivel oficial polo ministerio correspondente do Goberno cubano.


1934-00-00
Grupo de alumnas coas súas profesoras, A Habana, curso escolar 1933-34
Ver

Transcripción da Grupo de alumnas coas súas profesoras, A Habana, curso escolar 1933-34 en 00/00/1934

Co paso do tempo e en paralelo á modernización da sociedade, foise ampliando o programa de estudos para as nenas e mulleres. As fillas dos emigrantes galegos nacidas na illa de Cuba comezaban os seus estudos de primaria no Plantel e moitas emigrantes acudían aos seus cursos de alfabetización ou mecanografía. Acadaban así unha formación que, segundo os casos, ampliaban ou lles servía para ter unha educación e cultura básicas para o seu futuro. O acceso laboral das mulleres cubanas ao sector do comercio, da pequena empresa ou dos servizos era bastante maior que en Galicia, e as galegas aspiraban a ocupar eses postos de maior remuneración e mellor consideración social, máis aló do sector doméstico, principal nicho laboral para as nosas emigrantes.
Na imaxe vemos as alumnas vestidas co uniforme escolar oficial do colexio. Estes retratos facíanse ao remate do curso como unha lembranza do seu paso pola institución. Moitas delas quedaban vinculadas ao centro, ben traballando como mestras, ben participando nos festivais e actividades que se organizaban para difundir e apoiar o labor educativo do Centro Galego. As súas fillas tamén serán alumnas do centro.


1959-03-29
Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959
Ver

Transcripción da Concurso de «Señorita Juventud de Galicia 1959», 29 de marzo de 1959 en 29/03/1959

O papel tradicional da muller no seo desta entidade ao longo do século XX estivo condicionado pola realidade social do momento histórico. Como na maioría das asociacións galegas de emigrantes espalladas polo mundo, as mulleres tiñan un papel pouco definido e escasamente visible. Representaban a institución na vida cultural da cidade e colaboraban na obtención de fondos en casos de necesidade dos socios, así como na organización das diversas celebracións, ademais de seren parte integrante e activa dos seus grupos de baile, música e teatro. Nos estatutos sociais non se recollía a figura de asociada: as mulleres só podían participar nas actividades societarias como familiares dos socios (esposas, fillas ou nais). Actualmente as mulleres son socias de pleno dereito, participan no día a día da institución e ocupan cargos nas súas directivas.
Na imaxe vemos as mozas gañadoras do concurso de señoritas que se organizaba cada ano na sede social. As gañadoras tiñan que representar a Xuventude de Galicia nas diversas celebracións que se organizaban ese ano no seo da colectividade española.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Valcárcel, MarcosCela, Camilo JoséSixto Seco, AgustínDíaz, AvelinoVázquez-Monxardín, AfonsoCordo Boullosa, ManuelVidal Carrera, RamiroCastro, Rosalía deCastelao, Casares, CarlosGuede, ManuelLosada, BenitoAcuña, José MaríaGamallo Fierros, DionisioTudela, MarianoFerreiro, Celso EmilioCruces, FortunatoConde Picavea, María del RosarioLópez Romero, PerfectoDios, Xosé Luís deCastaño, MarinaLugrís, UrbanoÁlvarez, BautistaCaballero Bonald, Jose ManuelTacholas, Fernando Iglesias Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na TransiciónHistorias de ida e voltaemigraciónsociedadeacción socioculturalensinoprensa escritaAs asociacións microterritoriais da emigración galega en CubaremesasGalegos en Portugal: Xuventude de Galicia - Centro Galego de LisboaVoceiros da colectividade galega na emigracionemigrantesidentidade culturaleducaciónacción políticaA pegada educativa da emigración galega en AméricaÁlbum de Galiciamovemento obreiroAs asociacións microterritoriais da emigración galega en Arxentinaliteratura100º Aniversario da ABC del Partido de CorcubiónAres en Cuba: unha emigración mariñeiraFondo: Arquivo da Fundación Pública Galega Camilo José CelahistoriaA pegada indiana na Mariña lucensemovementos sociaisMulleresnacionalismoDefensa da linguaAsociacións culturaisA emigración galega nos Estados Unidoscorosartes plásticaslinguaAcción sindicalocioO galeguismo en AméricaÁlbum da Emigraciónxornalismoautores/aspoesíaarquitecturamúsicamúsica tradicionaldeportesProcesos electoraisOTANpolíticarevoluciónaxentes culturais

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0