Temática: O indiano Pedro Murias e o seu legado na Devesa [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
La Meridiana: motor do progreso indiano |
Ver
Transcripción da La Meridiana: motor do progreso indianoPedro Murias chegou a engrosar a listaxe dos máis importantes fabricantes de tabaco da illa de Cuba. En 1860 aínda non estaba rexistrado como tal. Non obstante, en 1874 xa adquirira a fábrica e marcas da Compañía de Tajo y Quevedo e estableceu La Meridiana como a primeira marca principal, que posteriormente ampliaría, a medida que progresaba o seu negocio. Da fábrica procedían os tabacos de mellor calidade e prestixio. En 1890 Pedro Murias embarcouse no segundo proxecto empresarial, materializado mediante a compra da segunda fábrica, La Devesa. En 1892 creou a súa terceira fábrica, denominada Pedro Murias, reafirmándose como marquista de identidade propia e asegurando unha vez máis a garantía de calidade.
|
|
Un distintivo con nome propio, expresión gráfica da formación da identidade das marcas de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Un distintivo con nome propio, expresión gráfica da formación da identidade das marcas de Pedro MuriasA fabricación de tabaco levou consigo a promoción dunha serie de industrias auxiliares que funcionaban como pezas clave na cadea de produción, para a súa posterior comercialización. Oficios representados polo caixoneiro, o litógrafo, o carpinteiro, o ebanista etc. víronse favorecidos pola elaboración do tabaco. Xurdiu, deste xeito, un tipo de traballador máis cualificado que o común da época. Perfiláronse, así, as tarefas especializadas dos escolledores, fileteadores, rezagadores, torcedores etc. Pedro Murias pertenceu a un grupo de empresarios cada vez máis reducido que contaba cunha maior dispoñibilidade de recursos para a elaboración do seu tabaco.
|
|
«El que los prueba una vez, los fuma siempre» |
Ver
Transcripción da «El que los prueba una vez, los fuma siempre»O crecente consumo de tabaco traspasou fronteiras, supuxo a expansión da economía tabaqueira cubana e un incremento notable da riqueza produtiva da illa. O indiano devesán atopábase entre os mellores representantes do sector de Cuba. A marca Pedro Murias estaba extraordinariamente acreditada no mercado internacional, co seu nome e apelido como distintivo industrial. A publicidade das distintas marcas que Pedro Murias tiña en propiedade aparecían anunciadas na prensa da colectividade galega residente en Cuba, así como tamén nos principais xornais e publicacións especializadas no mundo do tabaco publicadas dentro e fóra da illa.
|


