Temática: empresas [20]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
Retrato de Valentín Paz-Andrade |
||
Tres regras para mellorar o equilibrio traballo-vida persoal |
||
La Meridiana: motor do progreso indiano |
Ver
Transcripción da La Meridiana: motor do progreso indianoPedro Murias chegou a engrosar a listaxe dos máis importantes fabricantes de tabaco da illa de Cuba. En 1860 aínda non estaba rexistrado como tal. Non obstante, en 1874 xa adquirira a fábrica e marcas da Compañía de Tajo y Quevedo e estableceu La Meridiana como a primeira marca principal, que posteriormente ampliaría, a medida que progresaba o seu negocio. Da fábrica procedían os tabacos de mellor calidade e prestixio. En 1890 Pedro Murias embarcouse no segundo proxecto empresarial, materializado mediante a compra da segunda fábrica, La Devesa. En 1892 creou a súa terceira fábrica, denominada Pedro Murias, reafirmándose como marquista de identidade propia e asegurando unha vez máis a garantía de calidade.
|
|
Un distintivo con nome propio, expresión gráfica da formación da identidade das marcas de Pedro Murias |
Ver
Transcripción da Un distintivo con nome propio, expresión gráfica da formación da identidade das marcas de Pedro MuriasA fabricación de tabaco levou consigo a promoción dunha serie de industrias auxiliares que funcionaban como pezas clave na cadea de produción, para a súa posterior comercialización. Oficios representados polo caixoneiro, o litógrafo, o carpinteiro, o ebanista etc. víronse favorecidos pola elaboración do tabaco. Xurdiu, deste xeito, un tipo de traballador máis cualificado que o común da época. Perfiláronse, así, as tarefas especializadas dos escolledores, fileteadores, rezagadores, torcedores etc. Pedro Murias pertenceu a un grupo de empresarios cada vez máis reducido que contaba cunha maior dispoñibilidade de recursos para a elaboración do seu tabaco.
|
|
«El que los prueba una vez, los fuma siempre» |
Ver
Transcripción da «El que los prueba una vez, los fuma siempre»O crecente consumo de tabaco traspasou fronteiras, supuxo a expansión da economía tabaqueira cubana e un incremento notable da riqueza produtiva da illa. O indiano devesán atopábase entre os mellores representantes do sector de Cuba. A marca Pedro Murias estaba extraordinariamente acreditada no mercado internacional, co seu nome e apelido como distintivo industrial. A publicidade das distintas marcas que Pedro Murias tiña en propiedade aparecían anunciadas na prensa da colectividade galega residente en Cuba, así como tamén nos principais xornais e publicacións especializadas no mundo do tabaco publicadas dentro e fóra da illa.
|
|
Aponte y Rojo, molle de Regla, A Habana, ca. 1904 |
Ver
Transcripción da Aponte y Rojo, molle de Regla, A Habana, ca. 1904Algúns emigrantes orixinarios das parroquias de Ares non chegaron a traballar directamente no mar, senón que se dedicaron a outros mesteres con menos sacudidas pero realmente pouco levadíos. Para os propietarios das carboeiras e almacéns de carbón, esta era unha boa fonte de ingresos. Só precisaban un espazo libre e leña, que sacaban de calquera monte próximo. Era o combustible económico e de alto rendemento utilizado en toda a illa.
|
|
Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, ca.1990 |
Ver
Transcripción da Anuncio na prensa dun negocio de emigrantes galegos no distrito de Nova Jersey, ca.1990Na primeira metade do século XX os galegos dedicábanse basicamente a actividades propias do sector servizos, en labores nos barcos e portos ou na construción, tanto de obras públicas (estradas, aeroportos, edificios públicos...), nun momento de crecemento das cidades americanas, como de edificación de casas de particulares e mantemento. Outras vías laborais estiveron na hostalaría (camareiros, cociñeiros, lavalouzas...), nas fábricas e industrias como obreiros de baixa cualificación, no ramo do tabaco...; en definitiva, nos sectores económicos de máis baixa cualificación. As mulleres emigrantes centráronse no servizo doméstico, no sector téxtil ou como limpadoras nos hospitais ou edificios públicos. Na segunda metade do século percíbese unha maior presenza de técnicos profesionais e industriais. Este cambio dáse tanto pola iniciativa e maior formación dos e das emigrantes como pola integración e maior nivel educativo das segundas xeracións. Os fillos e fillas de emigrantes, nacidos no país e con plenos dereitos, séntense americanos e optan aos mesmos estudos e profesións que os seus compatriotas.
|
|
| 1906-04-29 | Balneario e Augas do Lérez, lugar de saúde e ocio |
Ver
Transcripción da Balneario e Augas do Lérez, lugar de saúde e ocio en 29/04/1906Casimiro Gómez (1854) era natural de Cotobade. Emigrou a Bos Aires con apenas 13 anos e fixo unha gran fortuna no sector do coiro e talabartaría. A súa empresa expandiuse por todo o país e fíxose famosa a nivel internacional despois de recibir varios premios nas Exposicións Internacionais de Bos Aires, París e Chicago. Casimiro chegou a converterse nun gran terratenente e criaba o gando do que extraía as peles que lle servirían de materia prima para a fabricación dos seus produtos. O mundo do coiro e talabartaría non foi a súa única iniciativa empresarial, interveu tamén en compañías de seguros, entre outras actividades. Foi fundador e vicepresidente do Centro Industrial Argentino e integrante do consello de administración da Unión Industrial, así como membro importante dos círculos máis selectos da sociedade porteña e de varias sociedades de emigrantes.
|
| 1918-00-00 | «Ferretería Casteleiro, Vizoso y Cía.», 1918 |
Ver
Transcripción da «Ferretería Casteleiro, Vizoso y Cía.», 1918 en 00/00/1918Un dos establecementos comerciais de emigrantes de galegos na Habana foi a ferraxería dos aresáns Casteleiro e Vizoso. Pola súa actividade vertixinosa, este negocio foi representativo do éxito absoluto ao que aspiraba calquera emigrante da época, razón suficiente pola que valería a pena a aventura migratoria lonxe da súa terra.
|
| 1956-00-00 | Visita de Ramón Otero Pedrayo á Casa de Galicia de Caracas (Venezuela). Sentado, á esquerda, Ramiro e á dereita, Silvio Santiago. 1956 |
|
| 1978-01-01 | Carta de Rodrigues Lapa a Ramón Piñeiro, 1978 |
|
| 1978-08-01 | Carta de Santiago Sineiro (Instituto Galego de Información S.A.) a Camilo José Cela. 1978 |
|
| 1980-00-00 | Hostal-restaurante Canaima, Vigo, ca. 1998 |
Ver
Transcripción da Hostal-restaurante Canaima, Vigo, ca. 1998 en 00/00/1980O retorno das e dos emigrantes galegos non sempre se presenta de igual forma, está determinado baixo condicións diversas, que van desde a situación política e socioeconómica, que exerce de factor de expulsión do país de destino, ata causas moito máis íntimas, como o desexo de retornar á terra por causa da morriña ou simple cambio de etapa vital. En numerosas ocasións o retorno non é de anciáns senón de galegos en idade activa. Nestes casos, o retorno non é só físico, senón que leva consigo experiencia laboral, cartos aforrados e gañas de emprender un negocio propio. Establecementos coma este chaman a atención sobre experiencias vividas lonxe da terra e lémbrannos que para os seus donos pagou a pena volver. A través deses nomes gardan anaquiños doutras terras e recordan a súa condición de emigrantes.
|
| 1980-10-31 | Carta de Santiago Sineiro (Instituto Galego de Información S.A.) a Camilo José Cela. 1980 |
|
| 1981-04-06 | Carta de Santiago Sineiro (Instituto Galego de Información) a Camilo José Cela. 1981 |
|
| 1986-05-02 | Carta do secretario do Instituto Galego de Información a Camilo José Cela. 1986 |
|
| 1986-05-24 | Convocatoria de reunión do Instituto Galego de Información a Camilo José Cela. 1986 |
|
| 1987-04-10 | Nota do Instituto Galego de Información a Camilo José Cela. 1987 |
|
| 1988-05-07 | Convocatoria do Instituto Galego de Información a Camilo José Cela. 1988 |
|
| 1991-01-01 | RUEDA DE PRENSA PARA LA PRESENTACION DE UNA CAMPAÑA DE SOGARPO |


