Temática: Historias de ida e volta [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1931-07-14 | Credencial de Ramón Suárez Picallo como deputado das primeiras Cortes da II República, 1931 |
Ver
Transcripción da Credencial de Ramón Suárez Picallo como deputado das primeiras Cortes da II República, 1931 en 14/07/1931Tras o triunfo da República e a previsible convocatoria de elección ás Cortes constituíntes, diversas organizacións galeguistas da emigración galega no Río da Prata idean o envío a Galicia dunha delegación de representantes coa misión de influír máis directamente na política galega. Esta proposta foi publicada na Revista del Centro Gallego de Montevideo polo xornalista Julio Sigüenza. A ORGA bonaerense apoia o proxecto coa intención declarada de procurar a unión de todos os galegos, loitar pola recuperación dos dereitos históricos de Galicia mediante o acceso a un sistema de autonomía integral e constituír unha fronte única e compacta nas Cortes. Na lista de representantes acordada coa FSG están Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo e Pedro Campos Couceiro; de Montevideo viaxará Julio Sigüenza.
|
| 1935-00-00 | Mitin na sede da Federación de Sociedades Gallegas a prol do Partido Galeguista, 1935 |
Ver
Transcripción da Mitin na sede da Federación de Sociedades Gallegas a prol do Partido Galeguista, 1935 en 00/00/1935A Federación, dende a súa creación, foi unha institución en que coexistían varias vertentes de pensamento progresista e de esquerdas: o agrarismo (de aí o seu nome), o republicanismo, o socialismo reformista e o galeguismo. Na década de 1920 a FSG estivo baixo o liderado de Antón Alonso Ríos ou Manuel Cao Turnes, vinculada nunha primeira etapa á defensa do agrarismo e dos ideais republicanos e de esquerda do PSOE. A inclusión nas súas filas de figuras como Eduardo Blanco-Amor e Ramón Suárez Picallo provocou que cada vez tivese un maior peso o ideario galeguista. A Federación apoiará economicamente as organizacións galeguistas na terra nai e as súas actividades de propaganda. Cede tamén as súas instalacións para a organización de actos progaleguistas, así como o seu xornal oficial (El Despertar Gallego e, a partir de 1931, Galicia) para publicar noticias e artigos a favor da causa.
|
| 1936-00-00 | Cartel de propaganda no plebiscito polo Estatuto de autonomía de Galicia, 1936 |
Ver
Transcripción da Cartel de propaganda no plebiscito polo Estatuto de autonomía de Galicia, 1936 en 00/00/1936Na campaña do plebiscito para o Estatuto de autonomía de Galicia participaron políticos, xornalistas, artistas e intelectuais. Luís Seoane, Camilo Díaz Baliño, Bernardino Vidart ou o mesmo Castelao deseñaron diversos carteis de propaganda a favor do Estatuto. O obxectivo era acadar unha ampla participación do pobo galego nese plebiscito e concienciar os galegos e galegas da necesidade de conseguir a ansiada autonomía política como un medio para lograr o desenvolvemento de Galicia como pobo. Esta campaña tivo un amplo eco na colectividade emigrada, que apoiou economicamente o proceso. Os e as emigrantes mandaban consignas nas súas cartas a familiares e veciños para que desen o si ao Estatuto e a autonomía de Galicia.
|


