Temática: Aqueles 25 de xullo

Temática: Aqueles 25 de xullo [4]

Data Material Ver
Data Material Ver
«25 de xulio, Dia da patria galega»
Ver

Transcripción da «25 de xulio, Dia da patria galega»

Neste panfleto de 1978 o Movemento Comunista de Galicia (MCG) casa dous idearios: por unha banda unha visión nacionalista sobre o momento político, con chamadas á "autodeterminación do pobo galego”, goberno propio e a "normalización da lingua" ou a presenza dunha bandeira co lema "Viva Galicia ceibe", lema de uso común entre o nacionalismo galego mesmo dende os anos da Segunda República. Pola outra, os grandes temas dos comunistas do momento: a amnistía e temas de carácter social coma o paro ou a emigración -nun contexto, non esquezamos de alarmante inflación e crise económica-. O MCG tamén asinara as Bases Constitucionais e mantiña un especial impulso na sua vontade de difusión social -especialmente urbán-, con órganos de expresión escrita como Galicia en loita< e Servir ó pobo.


«25 de xulio: dia da patria galega»
Ver

Transcripción da «25 de xulio: dia da patria galega»

Este cartel é representativo da retórica, símbolos e visión que tiña a esquerda nacionalista galega ante o proceso autonómico en discusión. A Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG) acababa de ser legalizada en marzo de 1978 e convocou para esa mañá do 25 de xullo unha manifestación seguida dunha "festa popular" pola tarde. Dende aquela segue a ser o esquema actual da convocatoria desa data. Na parte de atrás do panfleto, un debuxo de Castelao vinculando a autonomía aos caciques e ao sistema colonial español. Combinación de dous conceptos que trasmiten o pasado cara o presente dos setenta. Os dous paisanos conversan: "Ti estás cos de antes ou cos d'agora?: Eu estouche cos de despois".


«Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»
Ver Panfleto

Transcripción da «Chamamento do BNPG con motivo do dia da patria galega»

A AN-PG asina este cartel conxuntamente coa Unión do Pobo Galego, partido comunista e nacionalista creado en 1963, en pleno franquismo, e legalizado en xullo de 1978. O cartel alude de novo o rexeitamento do deseño autonómico inicial. Reclámanse as Bases constitucionais pra participación da Nación Galega nun Pacto Federal, e de Governo Provisorio, documento asinado en 1977 por varias organizacións políticas ao redor do dereito de autodeterminación. No cartel tamén se amosa unha gran estrela vermella sobre Compostela que irradia raios a toda Galicia, nunha aposta rotunda pola capitalidade compostelá.


Panfleto para o chamamento a unha manifestación en Santiago de Compostela polo Día da Patria Galega. Entre as organizacións nacionalistas e independentistas á esquerda do Partido Socialista Galego, destacaron a Unión do Povo Galego, fundada xa nos anos 60 e actualmente integrada no Bloque Nacionalista Galego, e a ANPG, nova por aqueles anos e disolta en 1982. Igual que moitas outras organizacións independentistas europeas semellantes, mesturaron a lóxica ‘anticolonial’ propia dos anos sesenta e setenta coa loita de clases na procura dunha revolución de carácter marxista: "Galicia como colonia do Estado español". Ambos os ideais reflíctense no slogan que preside esta portada: unha autonomía “caciquil” (perspectiva de clase) e “colonial” (ollada antiimperialista), que invita a conquistar a independencia estatal ao tempo que a revolución popular.


«25 xulio. Día da Patria e do Pobo Galego»
Ver Panfleto

Transcripción da «25 xulio. Día da Patria e do Pobo Galego»

O Partido Comunista de España (M-L) foi unha escisión do Partido Comunista de España en 1967 que comezou a ter actividade en Galicia a partir dun núcleo formado por estudantes da USC. A estética combativa do cartel encaixa con este partido impulsor do Frente Revolucionario Antifascista y Patriota (FRAP), disolto no ano 1978. O cartel cita expresamente a continuidade do sistema político, mencionando explicitamente a autonomía como "continuísmo franquista" e avoga pola "loita pola república". Hai un matiz diferente no encabezamento, nada inocente: a definición do 25 de xullo como "día da patria e do pobo galego", poñendo en primeira liña ambos conceptos.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Velo Mosquera, XoséSuárez, AdolfoCastelao, Beiras, Xosé ManuelCalvo Sotelo, LeopoldoFraga, ManuelGonzález Márquez, FelipeCarrillo, SantiagoMeilán Gil, José LuísViqueira Landa, LuisaTejero, AntonioÁlvarez, SantiagoTierno Galván, EnriqueBaena, José HumbertoFranco, FranciscoQuiroga Suárez, JoséSoutomaior, Jorge dePaz-Andrade, ValentínBárez Vázquez, RafaelReagan, RonaldVilariño Salgado, Nora InésPillado, RafaelPiñeiro Amigo, José ManuelPiñeiro, RamónAlberti, RafaelGómez Franqueira, EulogioVázquez Guillén, AntonioFernández Calviño, BaldomeroIglesias Corral, ManuelYebra, PerfectoLapa, Manuel RodriguesValcarce, RamónPujalte, Jose MariaSuárez Núñez, José María DavidNogueira, CamiloGonzález Laxe, FernandoSouto, ElviraGraíño Amarelle, Juan AntonioLópez Rego, Hilario LeopoldoÁlvarez, BautistaSuárez Canal, AlfredoRosón, AntonioGarcía Agudín, FernandoPujol, JordiCabanillas Alonso, PíoGarcía Braña, CelestinoLópez Suevos, RamónGalvão, HenriqueViqueira López-Cortón, María LuisaFernández Ordóñez, Francisco Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na TransiciónProcesos electoraisnacionalismoorganizaciónspolíticamovementos sociaisfeminismoMulleresecoloxíaEcofeminismosEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981movemento obreiroÁlbum de GaliciaensinoAcción sindicalOTANlinguaidentidade culturalDefensa da linguasociedadeAmnistíapolítica institucionalliteraturaexilioA muller galega. Estereotipos e críticamigraciónsasociaciónsAsociacións políticasConstitución españolarevoluciónfranquismoemigraciónexilio galegoterrorismomonarquíaAqueles 25 de xulloFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolColección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón PiñeiroEscola de democraciaA fin da ditaduraAsociacións culturaisHistorias de ida e voltaO galeguismo en Américahistoriaprensa escritarepúblicaGALfilosofíacomunicaciónmedios de comunicación

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0