Temática: Escola de democracia [3]
| Data | Material | Ver |
|---|---|---|
| Data | Material | Ver |
| 1976-12-00 | «Es el momento de Galicia. Si votas hoy...mañana decidirás» |
Ver Panfleto
Transcripción da «Es el momento de Galicia. Si votas hoy...mañana decidirás» en 00/12/1976Panfleto de propaganda que anima a participar no referendo do 15 de decembro de 1976 para aprobar a Lei para a reforma política. O primeiro, e indispensable, paso da transición dende a ditadura á democracia era a vontade de autodisolución. O famoso ‘haraquiri’ das Cortes franquistas non estivo exento de riscos e presións dende o propio Estado. O referendo desa vontade nas urnas foi levado con especial empeño. Tratouse dun proceso sen precedentes na Europa contemporánea e proporcionou o ámbito necesario para negociar unha saída da ditadura sen pasar polo perigo real dunha creba do Estado. A idea central residía en seguir dando a seguridade para moita xente de que o Estado pilotaba ese futuro en democracia. Xa dende o primeiro momento as referencias identitarias se atopaban ben presentes.
|
| 1977-00-00 | «Derecho a voto libre en los cuarteles» |
Ver Cartaz
Transcripción da «Derecho a voto libre en los cuarteles» en 00/00/1977Un dos espazos sinalados para difundir valores democráticos de convivencia e tolerancia tras a morte do ditador foi o Exército. Soporte do Réxime durante máis de corenta anos, as primeiras eleccións libres supoñían unha xanela de oportunidade para introducir ao estamento militar no proceso de cambio. A experiencia da veciña Portugal, cun exército que se levantou contra Marcelo Caetano en 1974, atopábase ben recente. O Comité de Soldados e Mariñeiros, vencellado por entón á Liga Comunista Revolucionaria (LCR), demandaba que nos cuarteis houbera a capacidade dunha maior pluralidade ideolóxica, con liberdade de elección e libre discusión de programas de partidos políticos. A democracia debía chegar a todos os recantos da sociedade, e moi sinaladamente, cara aqueles, como era o caso do exército, que xogaron -e xogaban naquel intre- un peso específico determinante dentro dos valores e dos feitos da ditadura.
|
| 1977-00-00 | «Manual para 22 millones de electores» Acción política Procesos electoraisAdolfo SuárezJosé Luís Meilán GilPío Cabanillas AlonsoFernando Álvarez de MirandaFrancisco Fernández OrdóñezJosé Ramón LasuénIgnacio Camuñas SolísManuel Clavero ArévaloEnrique Sánchez de LeónRadio Televisión EspañolaPartido PopularUnión de Centro Democrático (España)Partido Demócrata Popular [PDP]Partido Demócrata Cristiano [PDC]Partido Social demócrata [PSD]Partido Socialdemócrata Independiente [PSI]Federación de Partidos Demócratas y Liberales [FPDL]Federación Socialdemócrata [FSD]Acción Regional Extremeña [ARE]Partido Gallego Independiente [PGI]Partido Social Liberal Andaluz [PSLA]Unión Demócrata de Murcia [UDM] |
Ver Libreto
Transcripción da «Manual para 22 millones de electores» en 00/00/1977Libreto informativo de Unión de Centro Democrático (UCD). Neste documento faise énfase nas grandes liñas do seu proxecto político: a moderación, o europeísmo, o reformismo liberal… A identificación entre o Estado impulsor do proceso democrático e o partido Unión de Centro Democrático de Adolfo Suárez era de tal intensidade que a súa propaganda electoral, especialmente nas primeiras eleccións xerais —nunca denominadas ‘constituíntes’—, se confundía intencionadamente. A vontade pedagóxica daqueles primeiros anos e a construción dos hábitos democráticos perdidos na ditadura foron tamén utilizadas no beneficio dun partido pensado por e para levar adiante este tránsito. A imaxe desenvolta de Adolfo Suárez propiciou a creación de organizacións políticas na nova democracia con fortes liderados persoais. A súa figura foi fundamental neste sentido, con gran prestixio e capaz de integrar arredor de si o consenso necesario a través dun liderado personalista que se viu reproducido máis adiante en figuras como a de Felipe González. |


