Temática: A fin da ditadura

Temática: A fin da ditadura [3]

Data Material Ver
Data Material Ver
«Alberte Esteban, todolos loitadores presos: Amnistia Total»
Ver Panfleto

Transcripción da «Alberte Esteban, todolos loitadores presos: Amnistia Total»

Panfleto do Día da Patria Galega no que se solicita a liberación de presos políticos nacionalistas. Nadas na clandestinidade, durante o franquismo, algunhas organizacións nacionalistas de esquerdas como a ANPG ou a UPG contaban con membros que se viran implicados en organizacións que utilizaban a loita armada e ilegalizadas, do mesmo xeito que acontecía con outras forzas nacionalistas do Estado. Moitas destas persoas puideron acollerse á Lei de amnistía de 1977 e integrarse na normalidade da vida política, mentres que outras permaneceron realizando actividades ilegais ou no exilio.


1976-00-00
Homenaxe a Xosé Humberto Baena
Ver Cartaz

Transcripción da Homenaxe a Xosé Humberto Baena en 00/00/1976

Cartel clandestino co retrato do vigués Xosé Humberto Baena, quen, o 27 de setembro de 1975, cando contaba 24 anos, foi fusilado tras un polémico proceso xunto con José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot e Ángel Otaegui. Eles serían os derradeiros executados pola ditadura. As execucións pretendían ser unha brutal proba de que o réxime seguía tendo fortaleza. Mais, o acontecemento espertou o rexeitamento da comunidade internacional e unha intensa resposta social, plasmada en mobilizacións populares, intelectuais e mesmo eclesiásticas. A repercusión informativa foi un claro síntoma de que o réxime non era capaz de empregar as súas ferramentas represivas coa mesma impunidade coa que contara en décadas precedentes.


1977-00-00
«Legalizacion ANPG»
Ver Díptico

Transcripción da «Legalizacion ANPG» en 00/00/1977

Díptico pola legalización da ANPG. Unha das principais loitas dos partidos nacionalistas subestatais naqueles primeiros anos da Transición foi o proceso de normalización das súas actividades, que implicaba dúas cousas: a legalización como organizacións políticas, algo que no franquismo fora impensable, e a amnistía para os seus membros presos nos anos anteriores, algúns mesmo despois da morte de Franco. Este proceso non foi sinxelo nin exento de polémica e viuse envolto nun contexto en que coexistían con actividade diversos grupos armados revolucionarios de contido nacionalista no territorio do Estado. Non era o mellor para o rumbo do proceso constituínte en marcha. Ademais, a garantía da unidade territorial de España era unha das liñas vermellas do réxime que se estaba a transformar en democracia.


TERMOS CLAVE DO FONDO Persoas: Velo Mosquera, XoséSuárez, AdolfoCastelao, Beiras, Xosé ManuelCalvo Sotelo, LeopoldoGonzález Márquez, FelipeFraga, ManuelCarrillo, SantiagoMeilán Gil, José LuísViqueira Landa, LuisaTejero, AntonioÁlvarez, SantiagoTierno Galván, EnriqueSoutomaior, Jorge dePaz-Andrade, ValentínBárez Vázquez, RafaelBaena, José HumbertoFranco, FranciscoQuiroga Suárez, JoséAlberti, RafaelGómez Franqueira, EulogioVázquez Guillén, AntonioFernández Calviño, BaldomeroIglesias Corral, ManuelYebra, PerfectoReagan, RonaldVilariño Salgado, Nora InésPillado, RafaelPiñeiro Amigo, José ManuelPiñeiro, RamónLópez Rego, Hilario LeopoldoÁlvarez, BautistaSuárez Canal, AlfredoRosón, AntonioGarcía Agudín, FernandoPujol, JordiCabanillas Alonso, PíoGarcía Braña, CelestinoLópez Suevos, RamónLapa, Manuel RodriguesValcarce, RamónPujalte, Jose MariaSuárez Núñez, José María DavidNogueira, CamiloGonzález Laxe, FernandoSouto, ElviraGraíño Amarelle, Juan AntonioVaamonde Manteiga, SusoLopez Menendez, JoaquinAgrelo Hermo, Xosé Temáticas: Fondo Miguel Gutiérrez. Propaganda política na TransiciónProcesos electoraisnacionalismoorganizaciónspolíticamovementos sociaisfeminismoMulleresecoloxíaEcofeminismosEstatuto de Autonomía de Galicia. 1981movemento obreiroÁlbum de GaliciaensinoAcción sindicalOTANlinguaidentidade culturalDefensa da linguasociedadeAmnistíapolítica institucionalliteraturaexilioA muller galega. Estereotipos e críticamigraciónsasociaciónsAsociacións políticasConstitución españolarevoluciónfranquismoemigraciónexilio galegoterrorismomonarquíaAqueles 25 de xulloFondo: Ramón Piñeiro na Fundación PenzolColección: Manuel Rodrigues Lapa con Ramón PiñeiroEscola de democraciaA fin da ditaduraAsociacións culturaisHistorias de ida e voltaO galeguismo en Américahistoriaprensa escritarepúblicaGALfilosofíacomunicaciónmedios de comunicación

Warning: Unknown: 2 result set(s) not freed. Use mysql_free_result to free result sets which were requested using mysql_query() in Unknown on line 0