Arquivo de noticias do CCG

XXVII Encontros para a Normalización
XXVII Encontros para a Normalización
Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
Limpar
Resultados da busca para: 'Aida Fernández Ríos'
Amosando noticias 1 a 3 de 3

Un libro percorre a traxectoria de Aida Fernández Ríos, figura destacada da investigación mariña desenvolta en Galicia

Aida Fernández Ríos. Da produtividade das rías á acidificación oceánica, é o título da publicación que o Consello da Cultura Galega (CCG) e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) lembran a traxectoria desta oceanógrafa, homenaxeada co Día da Ciencia en Galicia 2026 e que presentaron este mércores en presentaron este mércores en Vigo. “Non pretende ser unha biografía convencional nin un catálogo da súa produción científica senón ofrecer unha visión 360 grados dunha profesional que xuntou a dimensión científica e humana” en palabras do presidente da RACG, Juan Lema. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Dolores Vilavedra, salientou a capacidade de Aida para “manter simultaneamente a mirada sobre Galicia e sobre os grandes procesos globais, cun ollo posto nas rías galegas e outro nos océanos”. Na presentación estaba tamén Beatriz Novoa, directora do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo (IIM-CSIC), centro que Aida Fernández Rios foi investigadora e directora. A publicación xa está disponible para descarga desde o web do CCG.

Ler máis

Acción exterior, asesoría e a comunicación en galego entre as liñas prioritarias para 2026

O Consello da Cultura Galega (CCG) realizou no serán deste xoves unha sesión plenaria na que se detallou a programación prevista para 2026. A análise da paisaxe, os medios de comunicación en galego xunto co fortalecemento institucional, a asesoría e a acción exterior son liñas prioritarias da institución para este ano. Na sesión tamén se presentou o balance de 2025, no que se desenvolveron 106 actividades presenciais; houbo 27 itinerancias de 13 exposicións, tres delas de nova creación; realizáronse 37 informes de asesoría e puxéronse en rede especiais, fondos documentais e materiais de diferente formato. Ao plenario asistiu o Presidente de Honra da institución, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela.

Ler máis

Incorpórase ao Álbum de Galicia a entrada da investigadora Aida Fernández

Un accidente de tráfico acabou coa vida de Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947-Moaña, 2015) cando estaba nun bo momento profesional. Foi unha investigadora que destacou polo seu coñecemento na acedificación dos océanos por mor do cambio climático e a primeira muller en dirixir o Instituto de Investigacións Pesqueiras. A súa biografía acaba de incorporarse ao Álbum de Galicia.

Ler máis