O Álbum de Galicia, colección de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora hoxe a entrada de Antonio López Ferreiro (Santiago, 1837- Vedra, 1910). Foi un cóengo compostelán que destacou en moitos ámbitos. Impulsou as escavacións que remataron en 1879 co achado dos restos do Apóstolo e dos seus discípulos Atanasio e Teodoro baixo o altar maior. Na casa na que naceu hai unha inscrición que o define como “bô galego, bô sacerdote, bô historiador, bô literato, dino por todo de perdurante lembranza”. Xosé Ramón Fandiño é o autor da entrada que está dispoñible para consulta no web do CCG.
Ler máis
Resultados da busca para: 'Antonio López'
Amosando noticias 1 a 20 de 21


