Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Emilio Xosé Insua López'
Amosando noticias 1 a 5 de 5

O CCG presenta tres obras que recuperan a memoria e os debates da emigración galega en diferentes etapas históricas

O CCG presenta tres obras que recuperan a memoria e os debates da emigración galega en diferentes etapas históricas

O Consello da Cultura Galega presentou esta mañá tres novas publicacións sobre a emigración galega. Dúas delas corresponden á colección Clásicos da Emigración: Estebo, de Xosé Lesta Meis e Verdades como puños y consideraciones, de Justo Taladrid. No acto tamén se presentou o catálogo da exposición As xeracións do Montserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido. Na presentación participaron Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Miro Villar, autor do estudo introdutorio da obra Estebo de Xosé Lesta Meis, Emilio Xosé Ínsua, autor do traballo de contexto de Verdades como puños y consideraciones de Justo Taladrid. Pola súa banda, Pepe Barro presentou o catálogo da exposición As xeracións do Montserrat.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recibe o fondo completo do galeguista Lois Tobío

No día en que se fan vinte anos da desaparición de Lois Tobío, a súa filla Constanza asinou coa presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, un acordo polo que cede á institución o seu fondo particular. “Un fondo moi importante que ofrece unha ollada múltiple, meticulosa e completa sobre múltiples feitos e moitos lugares do mundo”, apuntou a presidenta. Son documentos persoais, cartas e materiais inéditos que contribúen a coñecer mellor a historia de Galicia e de España do século XX. “Un legado importante por si mesmo, porque Tobío é un dos grandes, pero tamén en relación co legado doutros compañeiros, como poden ser Filgueira Valverde, Paz Andrade e moitos outros”, subliñou o historiador Ramón Villares, quen iniciou a primeira dixitalización dese material na súa etapa como presidente do CCG. “Para min é un momento moi importante porque cumpro a vontade de meu pai, que me pediu que me encargase de que o seu arquivo fose doado a unha institución galega”, asegurou Constanza Tobío no acto de sinatura.

Ler máis

Unha xornada afonda na figura de Lois Tobío no seu vixésimo cabodano

Este lunes 13 de marzo cúmprense vinte anos da morte de Lois Tobío, membro do Seminario de Estudos Galegos, militante galeguista, escritor, xornalista, diplomático, tradutor e defensor da personalidade cultural de Galicia no mundo. O Consello da Cultura Galega (CCG) lembra a súa figura cunha xornada titulada “As décadas de Luis Tobío”. Una sesión na que participa a súa única filla, Constanza Tobío, mentres que destacadas figuras situarán a figura do diplomático no seu contexto. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, será a encargada de inaugurar esta cita que se pode seguir en directo (a partir das 17:00 horas) desde as redes sociais da institución. Ese mesmo día, Contanza Tobío, asinará un acordo que cede ao CCG novos manuscritos e documentos referenciais para a reconstrución de momentos e iniciativas tan importantes na nosa historia como o exilio ou a fundación do Consello de Galiza en 1944.

Ler máis

A biografía de Luís Rei incorpórase ao Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia publica no día de hoxe a entrada de Luís Rei (O Grove, 1960 - Pontevedra, 2015), biógrafo do poeta Ramón Cabanillas e do líder agrarista e republicano Basilio Álvarez. Na súa traxectoria sobresae tamén o seu labor no estudo da cultura, da literatura e da historia, especialmente das vinculadas á ría de Arousa, así como o papel que desempeñou na recuperación e divulgación da cultura marítima e fluvial de Galicia e do norte de Portugal. A súa entrada é autoría de Emilio Xosé Insua López.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera a figura de Lois Tobío no día do seu nacemento

Lois Tobío Fernández (1906-2003) pertence a unha xeración de galeguistas que deambulou pola diplomacia, pola investigación histórica, pola tradución poética ou ensaística e polo xornalismo e que, ao mesmo tempo, mantivo vencellos estables co nacemento e fortalecemento de numerosas institucións culturais. O Consello da Cultura Galega (CCG) recupera a figura deste intelectual no día do seu nacemento cunha publicación e coa incorporación da súa entrada no Álbum de Galicia.

Ler máis