Arquivo de noticias do CCG

Limpar
Resultados da busca para: 'Miguel Gutiérrez'
Amosando noticias 1 a 6 de 6

Un volume percorre a Transición a través das pegatinas

Pegatas ao peito. Memoria democrática da Transicion en Galicia é o título da publicación editada polo Consello da Cultura Galega (CCG) que peneira no fondo Miguel Gutiérrez para ofrecer unha crónica visual da transición a través das pegatinas que circularon polo país durante catro décadas. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e os responsables do libro —o propietario do fondo, Miguel Gutiérrez; o historiador Emilio Grandío; e o autor das fotografías, Chema Ríos— presentaron esta publicación na sede do CCG, que xa se pode descargar desde o sitio web.

Ler máis

Posto na rede o fondo de propaganga política Miguel Gutiérrez con máis de 3.500 materiais

Carteis das manifestacións do Primeiro de maio cos seus diferentes lemas; da campaña en contra da integración de España na OTAN; un de 1976 co retrato do vigués Xosé Humberto Baena, fusilado con 24 anos en 1975, son algúns exemplos dos materiais que recolle o Fondo Miguel Gutiérrez. O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Grupo de investigación HISPONA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acaban de poñer en rede máis de 3.500 carteis, pasquíns, pósteres e outros materiais de propaganda política relacionados con Galicia. “Un fondo valioso para coñecer a transición política española e o proceso de construción da democracia” tal e como apunta o historiador e membro de HISPONA, Emilio Grandío. “É fundamental que a cidadanía coñeza este patrimonio, que queda dispoñible para consulta” apuntou o coleccionista Miguel Gutiérrez, que facilitou a difusión do maior fondo de Galicia desta temática aberto e en acceso libre.

Ler máis

Un novo itinerario a través do Fondo Miguel Gutiérrez fai visible os primeiros 25 de xullos da Transición

O Fondo Miguel Gutiérrez de propaganda política, catalogado e documentado polo grupo de investigación HISPONA da USC no sistema documental do Consello da Cultura Galega, ten na rede un novo itinerario a través dos seus fondos. Denomínase 'Aqueles 25 de xullo' e escolma panfletos e carteis que nos permiten coñecer como se concibiron os primeiros 25 de xullos trala morte de Franco. O papel dos distintos partidos políticos, a ritualidade dese día e os importantes matices entre os grupos de esquerda e nacionalistas que fan ver, sobre todo, as diferentes posturas en relación ao nacionalismo e os cambios sociais.

Ler máis

Especialistas destacan a influencia que a Revolución dos Caraveis tivo en Galicia

“A revolución dos Caraveis sentiuse en Galicia máis perto que noutras zonas do Estado” apuntou Xosé M. Núñez Seixas, vicepresidente do Consello da Cultura Galega no marco da xornada “O 25 de abril e máis nós. Unha ollada galega” que el mesmo coordinou. Unha cita na que historiadores como Ramón Villares e Emilio Grandío (ambos da Universidade de Santiago) e Manuel Loff (Universidade de Braga) incidiron nas diferenzas e semellanzas entre os procesos de transición democrática en Galicia e Portugal. A xornada pechou coas lembranzas de Margarita Ledo e Arturo Reguera, protagonistas e testemuñas directas da revolución que cumpriu neste 2024 cincuenta anos.

Ler máis

Xa está dispoñible na rede unha parte do fondo Miguel Gutiérrez

O 4 de decembro de 1977 tivo lugar en Vigo unha das maiores concentracións políticas daqueles anos. Foi un chamamento á mobilización contra o modelo autonómico proposto pola UCD cunha fonda repercusión. O cartel daquela mobilización é un dos materiais recollidos no Fondo Miguel Gutiérrez e que xa se poden consultar na rede. O Consello da Cultura Galega (CCG) acaba de dispoñibilizar unha parte do fondo galego que está a ser catalogado polo Grupo de Investigación HISPONA da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ler máis

Regresan os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural cunha sesión sobre o patrimonio da Transición

A Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega (CCG), en colaboración co grupo de investigación Hispona da Universidade de Santiago de Compostela, organiza mañá, 14 de febreiro (10:30 horas), unha nova sesión do ciclo Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural. Baixo o título “Recuperando o patrimonio da Transición democrática”, búscase analizar e dar visibilidade a todo ese patrimonio cultural xerado durante o período histórico da Transición e consolidación democrática. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; a coordinadora da Sección, Rebeca Blanco-Rotea, e o coordinador da xornada, Emilio Grandío, inauguran esta cita presencial, que tamén se poderá seguir en directo a través do sitio web e as redes sociais da institución.

Ler máis