Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Olalla Cociña'
Amosando noticias 1 a 5 de 5

O Consello da Cultura Galega visibiliza o legado de Rosalía de Castro no día do seu nacemento

A poeta e narradora Rosalía de Castro é a escritora máis canónica da literatura galega. Cada 24 de febreiro, día do seu nacemento, a cultura galega pon o foco sobre a vixencia da súa figura e do seu legado. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, participa no acto no Parlamento de Galicia que abre as celebracións convocadas neste día. Ademais, o CCG difunde desde a súa web corporativa un especial que agrupa os contidos de diferentes propostas e actividades desenvolvidas por esta institución ao redor da figura de Rosalía.

Ler máis

Un especial difunde a última carta descuberta de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro é a gran figura fundacional da cultura galega. Neste especial ofrecemos unha escolma de contidos e recursos elaborados polo Consello da Cultura Galega (CCG) ao redor da escritora e o seu longo ronsel tanto no ámbito da investigación como no da creación. Entre os contidos ofrecidos destaca unha carta inédita a Rosalía descuberta neste 2020. Foi escrita en 1886 e dirixida a José Villaamil. Podes consultala dentro do noso Epistolario Rosalía de Castro, no que recollemos toda a correspondencia mantida pola escritora.

Ler máis

O CCG destaca a figura de Rosalía de Castro como un símbolo vixente para a cultura galega e a súa proxección exterior

O CCG destaca a figura de Rosalía de Castro como un símbolo vixente para a cultura galega e a súa proxección exterior

O Consello da Cultura Galega presentou esta mañá o balance do ano Rosalía de Castro, que foi definido como moi "frutífero" e "positivo", e que permitiu comprobar a vixencia da figura de Rosalía de Castro no presente dentro da cultura de Galicia e a súa proxección internacional, segundo sinalou Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

Un recital de nove poetas galegas puxo o ramo á segunda sesión do congreso “Rosalía de Castro no século XXI”

Un recital de nove poetas galegas puxo o ramo á  segunda sesión do congreso  “Rosalía de Castro no século XXI”

Nove poetas galegas dialogaron cos versos rosalianos nun recital co que concluiu a segunda sesión do congreso internacional “Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada”, organizado polo Consello da Cultura Galega. Lupe Gómez, Luz Pozo, Mª Xosé Queizán, Olalla Cociña, Xiana Arias, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Ana Romaní e Lorena Souto, presentadas pola xornalista e actriz Comba Campoy, completaron unha xornada que subliñou “o eu autorial singular da escritora”, paradigma explicado pola profesora Pilar García Negro, a necesidade dunha auténtica biografía documental da autora de “Cantares gallegos”, salientada pola profesora Victoria Ruiz de Ojeda, e un percorrido pola imaxe icónica de Rosalía.

Ler máis

O Centro PEN-Galicia e o Consello da Cultura Galega celebran o 21 de marzo na Cidade da Cultura o “Día Mundial da Poesía”

O Centro Pen de Galicia, en colaboración co Consello da Cultura Galega, celebrará o luns día 21 de marzo o acto literario conmemorativo do Día Mundial da Poesía (World Poetry Day-2011), presentado como “unha ollada de luz no vento Lois Pereiro”. O recital poético terá lugar no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela,  a partir das 19´30 horas.

Ler máis