Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'San Pedro'
Amosando noticias 1 a 8 de 8

O Arquivo da Emigración Galega pon na rede fondos da sociedade lucense da Liga Santaballesa

Un grupo de emigrantes naturais da comarca lucense da Terra Chá, naturais dos concellos de Vilalba, Trasparga, Xermade, Muras, Cospeito e Abadín crearon o 7 de outubro de 1907 na Habana a "Liga Santaballesa de Educación e Instrucción", que aínda segue activa. Libros de actas, de rexistro de socios, documentación sobre xuntas xerais, entre outros materiais, súbense hoxe á rede no marco do proxecto “Memoria documental das sociedades da emigración galega”, que promove o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG). Parte do material dixitalizado foi cedido pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, herdeira da antiga delegación desta entidade na parroquia de San Pedro de Santabaia en Vilalba (Lugo).

Ler máis

O Arquivo da Emigración Galega pon na rede fondos da sociedade lucense “Progreso de Lanzós”

A creación dunha escola en Lanzós, acondicionar o Campo de San Pedro e outras accións levou en 1913 a un grupo de emigrantes lucenses que residían en Cuba a agruparse para promover o progreso da súa terra natal. Aqueles veciños de San Martiño e San Salvador de Lanzós (Vilalba) crearon a "Sociedad de instrucción y protección Progreso de Lanzós". Libros de actas, de rexistro de socios, documentación sobre o panteón social e a contabilidade desta entidade, entre outros materiais, súbense hoxe á rede no marco do proxecto “Memoria documental das sociedades da emigración galega”, que promove o Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

A pioneira da química, Aurora Sampedro, entra no Álbum de Galicia

Aurora Sampedro Piñeiro (San Pedro de Bemquerencia, Barreiros, Lugo 1913-1996) foi unha destacada química que dedicou a súa carreira investigadora aos campos da nutrición e da automoción. As súas aportacións ao estudo dos oligoelementos de orixe animal e as aliaxes de materiais valéronlle o recoñecemento da Real Academia de Doutores de España como Correspondente de Ciencias Experimentais. A súa entrada, asinada por Manuel Rivero Pérez, acaba de incorporarse ao Álbum de Galicia, colección dixital de biografías dixitais do Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

Francisco María de la Iglesia e Salvador Golpe entran no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora as entradas de Francisco María de la Iglesia (Santiago de Compostela, 1827 – A Coruña, 1897) e Salvador Golpe Varela (San Pedro de Oza, A Coruña, 1850 – A Coruña, 1909). Malia diferir na súa formación, ambos foron escritores e desenvolveron unha importante actividade xornalística como colaboradores e directores de diferentes cabeceiras. Ademais, foron activos militantes políticos cun marcado compromiso coa lingua galega. Asina as súas entradas Xurxo Martínez González.

Ler máis

O especial Historias de ida e volta documenta as accións filantrópicas dos indianos mariñaos

A principios do século XX, a emigración galega en América uniu os seus esforzos para financiar obras filantrópicas que contribuísen á mellora e ao progreso cultural nos seus lugares de orixe. Agrupados en sociedades étnicas territoriais ou ben de xeito individual e desinteresado, moitos indianos mariñaos destinaron a súa fortuna á construción de escolas e ao financiamento de diversas obras públicas. O especial Historias de ida e volta, proxecto do Arquivo da Emigración Galega (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG) que conta co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, amosa en vinte imaxes algúns destes proxectos, entre os que sobresaen os numerosos centros educativos construídos en diferentes parroquias da Mariña lucense.

Ler máis

Unha publicación documenta a Asemblea de Melide de 1520, xuntanza que demandou máis autogoberno para Galicia

Unha publicación documenta a Asemblea de Melide de 1520, xuntanza que demandou máis autogoberno para Galicia

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o presidente do Parlamento, Miguel Santalices; e o alcalde de Melide; José Manuel Pérez Penas, volveron este 4 de decembro a Melide para cumprir unha promesa que fixeron xusto un ano antes: un libro recollería, documentaría e ampliaría a importancia que tivo para a Galicia a xuntanza que outro 4 de decembro, pero de 1520, mantiveron os representantes das principais casas nobiliarias de Galicia para reclamar a El-Rei máis capacidade de autogoberno. O catedrático de Historia Moderna Pegerto Saavedra foi o coordinador do volume titulado A unha voz na metade do Reino. Cincocentos anos da Xunta de Melide que xa se pode descargar desde o web do CCG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recrea a peregrinación de Risco, Pedrayo e Ben Cho-Shey no Día de Santo André

En 1927 tres amigos, Vicente Risco, Otero Pedrayo e Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben Cho-Shey), iniciaron unha peregrinación que os levou de Ourense a Santo André de Teixido. Case cen anos despois, o Consello da Cultura Galega (CCG) recrea esa viaxe para descubrir as transformacións do rural galego grazas ás detalladas descricións de Otero e os debuxos de Vicente Risco, que recolleron no libro Pelerinaxes que a Editorial Nós deu ao prelo en 1929. Presentámolo hoxe, 30 de novembro, día de Santo André.

Ler máis

Gareth Williams e Jorge Álvarez dialogarán mañá no Consello da Cultura Galega sobre América Latina

O 12 de outubro de 2018 un grupo de hondureños iniciou en San Pedro Sula (Honduras) a “Camiñata do Migrante” coa intención de pedir asilo nos Estados Unidos. Polo camiño fóronse sumando migrantes de Salvador e de Guatemala e chegaron a ser preto de seis mil. Mes e medio despois alcanzaron Tijuana (Baixa California, México), onde foron perdendo forza. Non foi a única mobilización social de denuncia da situación actual en Honduras pero si unha das máis multitudinarias e efectistas. Sobre este feito e sobre as correntes fundamentais do pensamento teórico arredor de América Latina falarán Gareth Williams e Jorge Álvarez Yágüez mañá no Consello da Cultura Galega. A conversa Forma parte do ciclo “Pensarmos”, que coordina Carme Adán. A cita poderase seguir en directo desde o web do Consello da Cultura Galega.

Ler máis