Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Limpar
Resultados da busca para: 'Virxinia Pereira'
Amosando noticias 1 a 7 de 7

O ciclo de cinema “Olladas de muller” chega á 14ª edición cun espazo dedicado á emigración

O ciclo “Olladas de muller”, iniciativa do Consello da Cultura Galega máis a colaboración da Filmoteca de Galicia, regresa ao fío do 8 de marzo para achegar filmes dirixidos, protagonizados ou de temática central sobre as mulleres. Esta 14 edición, que se desenvolve entre o 10 e o 14 de marzo, ofrece ademais unha viaxe polo cinema feito por mulleres que narran a emigración desde a súa propia experiencia ou desde a memoria doutras que marcharon seleccionadas por Beli Martínez e Keina Espiñeira.

Ler máis

A biografía da escritora Elena Quiroga entra no Álbum de Galicia

Elena Quiroga (Santander, 1921 – A Coruña, 1995) foi unha escritora independente e innovadora. Sobresaíu cunha extensa obra narrativa, coa que contribuíu ao auxe da novela española nos anos cincuenta e sesenta do século XX. Galardoada co Premio Nadal en 1950 pola súa novela Viento del Norte, foi designada académica numeraria da Real Academia Española “polo valor da súa obra literaria, pola súa orixinalidade e polo dominio da arte de novelar”. Así o explica Xosé Ramón Fandiño na entrada que asina para o Álbum de Galicia, a colección dixital de biografías que mantén o Consello da Cultura Galega (CCG).

Ler máis

A nova entrega de Voces centenarias recupera tres audios de Isaac Díaz Pardo

A polifacética figura de Isaac Díaz Pardo (Santiago, 1920 - A Coruña, 2012) protagoniza a nova entrega de Voces centenarias, un proxecto do Arquivo Sonoro de Galicia (ASG), dependente do Consello da Cultura Galega (CCG). Os tres audios que incorpora a entrega permiten achegarnos ao seu pensamento sobre figuras como Castelao ou a súa muller, Virxinia Pereira, e tamén ao importante labor editorial desempeñado por Ediciós do Castro. Díaz Pardo é un referente perseverante pola súa poliédrica personalidade e a súa incuestionable xenerosidade.

Ler máis

A nova entrega do especial Historias de ida e Volta homenaxea as mulleres da diáspora galega

Neste mes de marzo a nova entrega do especial Historias de ida e volta vólcase en traer á memoria voces femininas da diáspora. Andrea López Chao, Anisia Miranda, A bella Otero, Sofía Casanova, Maruxa Mallo...son algúns dos nomes que nos ofrece este proxecto, iniciativa do Arquivo do Emigración do Consello da Cultura Galega (CCG) e da Secretaría Xeral da Emigración. Vinte imaxes e documentos procedentes deste arquivo ofrecen unha nova lectura da historia da emigración en clave feminina.

Ler máis

A biografía de Virxinia Pereira, muller de Castelao, entra no Álbum de Galicia

O Álbum de Galicia incorpora hoxe a entrada de Virxinia Pereira (A Estrada, 1884-Madrid, 1969). Ana Acuña asina o texto dunha destacada figura que foi moito máis que a muller de Castelao. A biografía, así como os materiais complementarios que a enriquecen, permiten ver a súa forte personalidade e o seu traballo en prol da causa antifranquista e a defensa da memoria do seu home.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega aprobou a programación de actividades do bienio 2021-2022

O Consello da Cultura Galega aprobou a programación de actividades do bienio 2021-2022

O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrou no serán deste xoves unha sesión plenaria ordinaria na que se aprobou o proxecto de actividades para o próximo bienio. A presidenta, Rosario Álvarez, trazou as liñas estratéxicas que contaron co apoio, por unanimidade dos membros do plenario. A proxección exterior da cultura galega, a igualdade de xénero, hábitat ou idioma xunto co fomento da cultura científica, tecnolóxica e ambiental son algunhas das liñas transversais que abordará a institución nos próximos dous anos. Para 2021 está previsto, entre outras iniciativas, unha exposición sobre Afonso X O Sabio. Na sesión arcordouse tamén a incorporación de Rebeca Blanco-Rotea á Comisión Executiva da institución.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega pon en rede unha parte do epistolario de Virxinia Pereira

Virxinia Pereira foi moito máis que a muller de Castelao. Foi unha destacada figura antifranquista e tamén o guieiro da memoria do seu home tras a súa morte. Boa parte da súa personalidade e preocupacións poden verse a través do seu epistolario. O Consello da Cultura Galega (CCG) pon desde hoxe á disposición da cidadanía as cartas que intercambiou con Valentín Paz-Andrade, que nos permiten ver, alén da súa personalidade, a complicada constitución do legado do galeguista durante o franquismo. Ademais, a correspondencia vén acompañada dunha reportaxe contextualizadora e do texto “Virxina e Daniel, a complicidade” en que Miguel Anxo Seixas que aborda a relación do matrimonio.

Ler máis