Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 981 a 1000 de 3707

O Álbum de Galicia incorpora a entrada do fotógrafo italiano Filippo Prosperi

Naceu en Italia e viaxou por Europa como autor, actor e tradutor de textos teatrais. Filippo Prosperi (Perugia, 1816- Vigo, 1899). Asentouse definitivamente en Galicia, primeiro en Pontevedra e despois en Vigo, onde montaría coa súa muller, Cándida Otero, un gabinete fotográfico. Polas súas cámara pasarían figuras ilustres da política, sociedade e cultura viguesa, pero tamén retratou a transformación urbana do Vigo finisecular. Vítor Vaqueiro asina a súa entrada no Álbum de Galicia.

Ler máis

Unha xornada reflexiona sobre o papel dos medios de comunicación no contexto actual

Que papel deben cumprir os medios de comunicación na nosa sociedade? Informar ou educar? Existe a censura? Que é iso da guerra informativa? Estas son algunhas das cuestións sobre as que coñecidos xornalistas debaterán mañá na xornada “Censuras e silencios nos medios de comunicación” que organiza a Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG). A cita é presencial pero tamén se poderá seguir en directo a través da web e das redes sociais da institución.

Ler máis

Xa está na rede o arquivo completo da revista Teima

A historia de Teima durou apenas un ano, o que vai de novembro de 1976 a agosto de 1977, pero marcou un fito na historia das publicacións galegas. Foi a primeira revista xornalística que se editou integramente en galego e en Galicia. Nela colaboraron e traballaron Víctor Fernández Freixanes, Manuel Rivas, Xavier Navaza, Pepe Carreiro, Xaquín Marín, Xurxo Lobato e moitos outros nomes hoxe destacados da cultura e da comunicación do país. O Consello da Cultura Galega (CCG) pon na rede o seu arquivo completo neste 3 de maio, Día da Liberdade de Prensa.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega actualiza a composición do seu Pleno

O Consello da Cultura Galega actualiza a composición do seu Pleno

O Consello da Cultura Galega celebrou no serán deste xoves dúas sesións plenarias consecutivas. Na primeira tratáronse asuntos ordinarios da institución e na segunda procedeuse á renovación dos seus membros na quenda de personalidades destacadas. A remuda deste grupo afecta, tal e como establece o regulamento da institución, a unha parte dos membros. Incorpóranse ao Plenario Alejo Amoedo, Cristina Domínguez e Celia Pereira, mentres que Elena Vázquez Cendón, Xosé Manoel Núñez Seixas e Carme Adán renovan por outra lexislatura máis. Ademais, elexiuse a Silvestre Gómez Xurxo como secretario da institución.

Ler máis

A acción filantrópica de García Barbón centra a nova entrega do especial Historias de ida e Volta

O Colexio san José de Verín, o Hotel Balneario de Cabreiroá, o teatro Rosalía de Castro de Vigo... a acción filantrópica de José García Barbón y Sola (Verín, 1831- Vigo, 1909) foi ampla e xenerosa. O seu legado centra este mes de abril a nova entrega do especial Historias de ida e volta. O proxecto do Arquivo do Emigración (AEG) do Consello da Cultura Galega (CCG) co apoio da Secretaría Xeral da Emigración, recupera en vinte imaxes e documentos procedentes deste arquivo algunhas das iniciativas que contribuíu a crear.

Ler máis

O Arquivo Sonoro de Galicia acode a Betanzos para captar a súa identidade sonora

O Arquivo Sonoro de Galicia (ASG), entidade do Consello da Cultura Galega (CCG), realiza este venres 29 de abril unha nova actividade encamiñada a enriquecer o Mapa Sonoro de Galicia. O director do Arquivo, Xosé Ramón Pousa, e a concelleira delegada de Cultura e Normalización Lingüística de Betanzos, Ana Belén Veiga Pita, serán os encargados de presentar esta sesión que convida á veciñanza a rexistrar os sons característicos desta vila para incorporalos ao mapa.

Ler máis

Chega a Ferrol A intimidade da imaxe, a mostra que amosa a Galicia da Transición

Chega a Ferrol <em>A intimidade da imaxe</em>, a mostra que amosa a Galicia da Transición

O Consello da Cultura Galega e o Concello de Ferrol inauguran este venres no Centro Torrente Ballester (20:00 horas) A intimidade da imaxe, mostra que percorre a transición en Galicia da man das fotografías de Anna Turbau (Barcelona, 1949). Na inauguración estará presente a comisaria, Margarita Ledo, que realizará unha visita guiada. A exposición estará aberta ao público ata o 29 de maio.

Ler máis

O Barómetro da cultura galega destaca o inicio da recuperación do sector

O <em>Barómetro da cultura galega</em> destaca o inicio da recuperación do sector

A maioría das empresas da cultura galega xa se recuperaron da crise do coronavirus. O 43% das entidades consultadas aumentaron no último ano a súa facturación ou orzamento e a súa expectativa de crecemento para este ano é moi positiva. Con todo, o sector notou o incremento dos prezos das subministracións que precisan para a súa produción e prevé un encarecemento no sector da edición, artes visuais, teatro e danza. O Barómetro da cultura 2022, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, servizo do Consello da Cultura Galega (CCG) foi presentado en rolda de prensa pola presidenta da institución, Rosario Álvarez, e o coordinador do Observatorio, Hakan Casares. O documento amosa a estabilidade empresarial, con grande equilibrio entre homes e mulleres e no que o 47,9% das entidades conseguiu unha subvención. O 21% afirmou realizar accións dirixidas ao público internacional e un 66% acometeu algunha actuación encamiñada á transformación dixital. Ademais, preto do 70% das empresas e entidades culturais prevé que non notará os efectos do Xacobeo 2021-22. Con todo, o Xacobeo, o Camiño de Santiago e as Tanxugueiras percíbense como as accións culturais máis destacadas do último ano.

Ler máis

proba de vídeo interactivo

Ler máis

Renovado o sitio web do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia

O Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia (CDSG) do Consello da Cultura Galega (CCG) estrea hoxe novo espazo web. Nel poderase acceder aos proxectos e recursos realizados por este centro que busca xerar un intercambio e diálogo de materiais relacionados co proceso de normalización do galego. Coa renovación deste espazo, complétase o proxecto de renovación dos catro arquivos do CCG.

Ler máis

O ciclo Revisando a nosa arte centra unha xornada a analizar a pintura de Laxeiro

Laxeiro (lalín, 1908- Vigo, 1996) foi unha figura fundamental para entender a pintura galega do século XX. A sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG) súmase ás celebracións do Día das Artes Galegas cunha xornada sobre a súa figura, que se insire no marco do ciclo Revisando a nosa arte. Carmen Díaz coordina esta sesión que terá lugar este mércores 27 de abril e no que participan Javier Buján, Cecilia Doporto e Antón Castro. A xornada é presencial pero pode seguirse en directo a través do web e das redes da institución.

Ler máis

O CEIP Quintela de Moaña centra o último capítulo do proxecto Aquí medra a lingua

Unha contorna completamente castelanizada na que a transmisión do galego de pais a fillos hai tempo que non se produce. Neste contexto, a actividade dos equipos de dinamización lingüística do CEIP Quintela de Moaña buscan a faceta emocional para o ensino e uso do idioma. A historia deste centro protagoniza o último capítulo de Aquí medra a lingua, serie web do Consello da Cultura Galega (CCG) que dá a coñecer iniciativas de dinamización lingüística na escola. O proxecto non conclúe aquí, xa que no vindeiro mes de xuño se presentará un documental de trinta minutos que ofrecerá, a partir deste material, unha panorámica xeral sobre o uso do idioma no ámbito escolar.

Ler máis

Remata a emisión dos podcast de A camisa, a adaptación sonora da premiada obra de Lauro Olmo

O Consello da Cultura Galega e o concello do Barco de Valdeorras rematan hoxe a difusión do proxecto A camisa, a adaptación sonora do texto dramático escrito por Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1922-Madrid, 1994) que retrata o drama da emigración e do exilio. A ficción en formato podcast foi feita por A quinta do Cuadrante, con dirección de Tito Asorey, a partir da tradución que Ramón de Valenzuela fixo do texto orixinal. Este proxecto serviu para conmemorar o centenario do nacemento de Lauro Olmo e o sesenta aniversario da estrea da peza.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Ramón Castromil

No serán deste martes finaba en Santiago de Compostela o pianista, empresario e político Ramón Castromil. O Consello da Cultura Galega expresa o seu fondo pesar de quen foi membro do seu Plenario entre 1993 e o 2006 e vicepresidente entre 1998 e 2006.

Ler máis

Novos números do Repertorio de Prensa da Emigración, que estrea nova periodicidade

O proxecto do Repertorio de Prensa da Emigración pon a disposición da cidadanía neste mes de abril 56 novos números do xornal Galicia, voceiro da Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. Con esta nova entrega múdase tamén a data de actualización deste proxecto que se fixa agora cada terceiro xoves de mes.

Ler máis

Unha xornada analiza a evolución das políticas culturais nos concellos galegos

O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza mañá a súa sede a xornada “Políticas culturais municipais. 40 anos despois”. Unha cita que pretende facer unha análise da cultura nos concellos galegos durante a democracia desde un punto de vista teórico, pero tamén coa visibilización de experiencias coma as de Carral, Pontevedra ou Carballo. Ademais, Claudia Leite, que formou parte das coordinadoras das candidaturas á Capitalidade Cultural Europea da cidade de Braga e de Guimaraes, explicará as claves na tramitacións deste tipo de iniciativas. A cita é presencial, pero pode seguirse en directo a través das redes sociais do CCG.

Ler máis

A biografía de Baldomero Cores incorpórase ao Álbum de Galicia

Definiuse como “sociólogo por sensibilidade social, comunicólogo por ese misterio da relación espiritual, avogado por profunda vocación solidaria e político no senso máis vivo e puro da palabra, porque coido que a res pública necesita e necesitou sempre do meu esforzo, como do esforzo de todos e cada un de nós”. Baldomero Cores (Cee, 1929- Santiago 2014) tivo unha vida intensa en Galicia e fóra de Galicia pero sempre cun innegable compromiso co país e o seu Cee natal. José Ramón Rey Senra asina a súa entrada que se acaba de incorporar ao Álbum de Galicia.

Ler máis

A serie web Aquí medra a lingua analiza o proxecto do CRA Nosa Señora do Faro

As visitas ao lavadoiro na que recuperaron oficios e cantigas, un álbum de lembranzas ou o ciclo agrícola para coñecer o léxico de cada estación son algunhas das iniciativas que se desenvolven no Centro Rural Agrupado Nosa Señora do Faro, é dicir, oito escolas dos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Malpica. O seu proxecto centra a penúltima entrega de Aquí medra a lingua, serie web do Consello da Cultura Galega (CCG) que dá a coñecer iniciativas de dinamización lingüística na escola.

Ler máis

Xa está dispoñible o penúltimo episodio de A camisa adaptación sonora da obra de Lauro Olmo

A desesperanza acentúase no cuarto episodio de A camisa. O matrimonio formado por Xan e Lola pasa polo seu momento máis difícil, xa que o ansiado traballo non acaba de chegar e a emigración semella xa a única saída, decisión na que non concordan. Xa está dispoñible o penúltimo episodio da adaptación sonora da peza homónima escrita por Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras, 1922-Madrid, 1994). A ficción en formato podcast foi feita por A quinta do Cuadrante, con dirección de Tito Asorey, e parte da tradución que Ramón de Valenzuela fixo do texto orixinal. O Consello da Cultura Galega (CCG) e o concello do Barco de Valdeorras foron os encargados deste proxecto que conmemora o centenario do nacemento de Lauro Olmo e o sesenta aniversario da estrea da peza.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a entrada do colectivo de ensinantes Do rosa ao violeta

En 1989 un grupo de docentes de diferentes niveis educativos de Muros, Padrón, Negreira, A Serra de Outes, Ribeira, A Coruña e Compostela consolidáronse como colectivo. Chamáronse Do rosa ao violeta e traballaron para analizar e contribuír a erradicar a presenza do sexismo nas aulas. Este grupo conforma a nova entrada do Álbum de Galicia.

Ler máis