Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 1181 a 1200 de 3707

Unha xornada do Consello da Cultura Galega expón na Pobra do Brollón as investigacións sobre a orixe da paisaxe da Ribeira Sacra

Poñer enriba da mesa as investigacións científicas que analizan cando e como se configurou a paisaxe da Ribeira Sacra. Este é un dos obxectivos da xornada que o Consello da Cultura Galega (CCG) celebra a partir de mañá na Pobra do Brollón (Lugo). A cita está coordinada pola arqueóloga e coordinadora da sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG, Rebeca Blanco-Rotea, xunto co tamén arqueólogo e investigador, Xurxo Ayán. A xornada non se retransmite en directo pero será gravada e subirase ao sitio web da institución para consultas futuras.

Ler máis

O Álbum de Galicia suma unha nova entrada con Uxío Carré Aldao

Foi un publicista, editor comprometido, investigador e divulgador da identidade galega. Tamén cultivou a faceta de escritor e, segundo Carballo Calero, asinou cos pseudónimos de Carlos Florencio, Esteban de Paleo, Xan do Martinete e Eurico Nagere. A biografía de Uxío Carré Aldao (A Coruña, 1859 - 1932), asinada por Patricia Arias, acaba de incorporarse ao Álbum de Galicia.

Ler máis

Jaume Alonso-Cuevillas falará mañá no ciclo Pensarmos sobre noticias falsas e xuízos paralelos

O xurista, avogado e político Jaume Alonso-Cuevillas (Barcelona, 1961) participa mañá (18:00 horas) no ciclo Pensarmos, iniciativa da Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega (CCG). Alonso-Cuevillas é, entre moitos outros postos, exdeputado do Parlament de Catalunya, e ofrecerá un relatorio titulado “Proceso xudicial, fake news e xuízos paralelos: unha visión dende Catalunya”. O avogado Xoán Antón Perez Lema será o encargado de dialogar con Alonso-Cuevillas no marco deste formato de reflexión coordinado por Carme Adán. A xornada é presencial, precisa inscrición previa e pode seguirse en directo desde o web do CCG e as súas redes sociais.

Ler máis

Profesionais da arte amosan no Consello da Cultura Galega diferentes proxectos creativos baseados na sustentabilidade

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu esta tarde unha xornada que visibilizou diferentes proxectos artísticos que amosan como a arte pode ser un medio e ferramenta de transformación social. Creadores e xestores amosaron proxectos que se desenvolven desde a Ribeira Sacra, África, Gondomar, León e que permiten ver que a arte tamén pode ser un motor de transformación económica e social concibida desde a sustentabilidade. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o coordinador da Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas, Manuel Quintana Martelo, e a coordinadora da xornada Paula Cabaleiro, inauguraron esta cita titulada “Da emerxencia(creativa)”, que foi gravada e se porá a disposición da cidadanía no web da institución.

Ler máis

A presidenta do Consello da Cultura Galega asiste en Madrid ao acto de celebración do 30 aniversario do Cervantes

O Congreso dos Deputados acolle este venres, 18 de setembro, un acto conmemorativo do trixésimo aniversario da creación do Instituto Cervantes. A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, asiste a este acto no que os voceiros e representantes de varios grupos parlamentarios lerán poemas nas diferentes linguas do Estado, en recoñecemento ao labor do Cervantes na promoción internacional da diversidade lingüística.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento do doutor Rafael Tojo

No serán do xoves faleceu o catedrático de pediatría Rafael Tojo Sierra. O Consello da Cultura Galega (CCG) expresa o seu fondo pesar pola perda do que foi membro do seu Plenario entre 2014 e 2018 como representante da Real Academia Galega de Ciencias. Tojo Sierra desenvolveu unha dilatada carreira profesional no ámbito da saúde onde destacou polo seu traballo para combater a obesidade infantil e difundir os beneficios da dieta atlántica. De feito, entre as actividades que desenvolveu no CCG destaca a xornada sobre dieta atlántica onde fixo especial fincapé na necesidade dunha cultura alimentaria saudable

Ler máis

Inaugurada en Vigo a mostra A intimidade da imaxe, que revisa a Galicia da transición da man de Anna Turbau

Inaugurada en Vigo a mostra <em>A intimidade da imaxe</em>, que revisa a Galicia da transición da man de Anna Turbau

A intimidade da imaxe suma un preto dun centenar de fotografías que percorren a Galicia da transición na ollada da fotógrafa catalá Anna Turbau (Barcelona, 1949). Imaxes que mostran os conflitos sociais, políticos e humanos cos que a fotógrafa se atopou na súa chegada a Galicia a finais dos anos setenta. Rebeca Blanco-Rotea, membro da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega; Abel Losada, concelleiro de Cultura e a propia fotógrafa, Anna Turbau, inauguraron na Casa das Artes esta mostra que se poderá visitar ata o 7 de novembro.

Ler máis

O Arquivo Sonoro de Galicia propón captar a identidade sonora de Ribadavia cunha actividade

“Cal e á paisaxe sonora de Ribadavia? Axúdanos a buscala”. Esta é a proposta que o Arquivo Sonoro de Galicia (ASG), departamento do Consello da Cultura Galega (CCG), realiza os vindeiros días 17 e 24 de setembro no Museo Etnolóxico de Ribadavia. O director do ASG, Xosé Ramón Pousa, é o encargado de impartir dúas actividades encamiñadas visibilizar o proxecto e a convidar á veciñanza a que rexistre os sons característicos desta vila para incorporalos ao Mapa Sonoro de Galicia.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega analiza a situación e a historia da mina de Casaio

Este venres, 17 de setembro, terá lugar en Casaio (Carballeda de Valdeorras, Ourense) unha nova sesión dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural “In situ” que debaterá sobre o papel, posibilidades e límites do patrimonio industrial dentro das políticas en materia de patrimonio no noso país. No marco da xornada, titulada “A guerra esquecida: volframio, modernidade e patrimonio industrial”, expoñerase o proxecto de recuperación e de declaración como BIC da mina de volframio de Casaio e doutros exemplos de posta en valor como a mina de Fontao. Rebeca Blanco-Rotea, Laura Martínez Panizo e Carlos Tejerizo son os coordinadores desta cita.

Ler máis

Aberta a inscrición dunha xornada do Consello da Cultura Galega reflexiona sobre o papel social da arte

¿Que papel pode xogar a arte na procura dun cambio social cara un desenvolvemento sustentable e igualitario do mundo? Sobre esta pregunta falarán artistas e críticos na xornada “Da emerxencia (creativa)” que organiza a Sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega (CCG). Paula Cabaleiro coordina esta cita na que participan Fernando Casás, Ruth Montiel Arias, Pamen Pereira, Carlos Quintáns, Encarna Lago e Luís Martínez Santos. A xornada, que acaba de abrir a inscrición, é presencial pero pode seguirse en directo a través do web do CCG e as súas redes sociais.

Ler máis

RESOLUCIÓN provisional para a adxudicación de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2021

Ler máis

A presidenta do Consello da Cultura Galega asiste a un encontro na Fundación Curros Enríquez

Este 15 de setembro cumpríanse 170 anos do nacemento de Manuel Curros Enríquez. Con ocasión desta efeméride, a presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, trasladouse á fundación do escritor para participar nunha xuntanza cos membros desta entidade. No marco da reunión tivo lugar un encontro coas rapazas que participaron no vídeo en que se recita o poema que Curros escribiu sobre a chegada do Ferrocarril a Galicia hai 140 anos.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega pon en marcha “Voces centenarias”, un proxecto para escoitar as figuras senlleiras do país

Hoxe, 13 de setembro é cabodano de Filgueira Valverde. Coa súa voz, xunto coa de Rafael Dieste e a de Maruxa Boga, o Consello da Cultura Galega (CCG) bota a andar “Voces centenarias”. Trátase dun proxecto que peneira no fondo inédito que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia (ASG) para ofrecer mensualmente unha escolma das súas gravacións sonoras. Desde o web da institución poderase escoitar a voz de persoeiros da cultura, da política, da emigración... que axudaron a perfilar o noso pasado pero tamén o noso destino presente e futuro.

Ler máis

Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria Bolsas Casa Velázquez 2021

Ler máis

A biografía de Xoán Manuel Pintos incorpórase ao Álbum de Galicia

Xoán Manuel Pintos Villar (O Burgo-Pontevedra, 1811 - Vigo, 1876) foi un dos principais precursores literarios do rexurdimento. É o autor de A gaita galega, obra publicada en 1853 que se converteu no primeiro libro escrito case exclusivamente en galego. María do Carme Ríos Panisse é a autora da entrada que hoxe se incorpora ao Álbum de Galicia.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega reivindica a catalogación e protección do patrimonio ferroviario

Viadutos, pontes, túneles, máquinas, estacións de trens... Galicia conta cun abondoso patrimonio vencellado á construción do ferrocarril. Do estado actual e dos retos que quedan por facer falaron historiadores e xestores de museos no Consello da Cultura Galega na xornada “ no Ano Europeo do Ferrocarril”. A cita, coordinada por Rebeca Blanco-Rotea e María Xosé Porteiro, puxo de manifesto a importancia de catalogar e protexer este tipo de patrimonio para a súa posta en valor, así como reforzar o Museo do Ferrocarril existente en Monforte para equiparalo a outros centros a nivel español.

Ler máis

O Arquivo da Emigración Galega amplía o repertorio de prensa da emigración con novos números

Son trinta números que recollen unha mostra representativa do Boletín oficial de la sociedad Fomento de Porriño y su distrito, unha publicación editada en Bos Aires para informar dos asuntos internos da institución e outras novas de interese relacionadas con Porriño. É un novo lote de números que completa o proxecto Repertorio de prensa da emigración” que mantén o Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (CCG) e que se pode consultar na rede.

Ler máis

Foz acolle Inventio Mundi, a mostra que visibiliza unha parte da historia da navegación marítima galega

Foz ten unha histórica relación co mar, de aí que fose unha parada relevante na itinerancia de “Inventio Mundi”, un proxecto expositivo do Consello da Cultura Galega (CCG) coa colaboración da Secretaría Xeral de Emigración. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o alcalde de Foz, Fran Cajoto, foron os encargados de inaugurar esta mostra que relata unha parte da historia da navegación marítima galega e que comeza co comercio coas Illas Molucas. A mostra, instalada no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) de Foz, pode verse ata o vindeiro 15 de outubro.

Ler máis

O Álbum de Galicia incorpora a entrada de Fanny Garrido

Chamábase Francisca Claudia Josefa Antonia González-Garrido y García (A Coruña, 1842 - Madrid, 1917) aínda que era máis coñecida polo nome de Fanny Garrido e, moito menos e polo pseudónimo de “Eulalia de Liáns”. Muller de sonada beleza, foi unha figura carismática, de gran calado intelectual que amosou un gran interese e compromiso pola cultura galega. Laura Touriñán Morandeira asina a súa entrada no Álbum de Galicia.

Ler máis

Aberta a inscrición da xornada que analiza o patrimonio do ferrocarril

Estamos no Ano Europeo do Ferrocarril. Unha celebración que pretende concienciar no uso deste medio de transporte e á que se lle suma outra efeméride: neste 2021 cúmprense 140 anos da chegada do ferrocarril a Galicia. Con este motivo, o Consello da Cultura Galega (CCG) propón, para o vindeiro día 8 de setembro en Santiago, unha xornada que pretende poñer o foco na relevancia histórica deste medio de transporte e nas súas consecuencias para Galicia desde diferentes puntos de vista. Destacados especialistas participan nesta cita titulada “O patrimonio industrial ferroviario no Ano Europeo do Ferrocarril” que abre hoxe o seu prazo de inscrición a través do web do CCG.

Ler máis