Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 1661 a 1680 de 3707

O Consello da Cultura Galega, o Institut Ramón LLull, o Instituto Vasco Etxepare e o Instituto Cervantes asinan o seu primeiro convenio conxunto

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o director do Instituto Cervantes, Luis García Montero; a directora do Institut Ramón Llull, Iolanda Batallé, e a directora do Etxepare Euskal Institutua, Irene Larraza, asinaron esta mañá un acordo de colaboración conxunto entre estas entidades para promover a lingua e a cultura galega, española, catalá e vasca. É o primeiro que asinan as catro entidades xuntas. “Somos institucións diversas pero é moito máis o que nos une que o que nos separa” asegurou Rosario Álvarez no acto de sinatura que se realizou de maneira dixital e se emitiu a través da canle de Youtube do Instituto Cervantes.

Ler máis

O Museo das Peregrinacións e a colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela centran este martes un novo bloque dos nosos Encontros Monograficos co Patrimonio Cultural.

O Museo das Peregrinacións e a colección arqueolóxica da Universidade de Santiago de Compostela centran este martes un novo bloque dos nosos Encontros Monograficos co Patrimonio Cultural.

Ler máis

Sinatura do primeiro acordo de colaboración entre o Consello da Cultura Galega, o Instituto Cervantes, o Institut Ramón Llul e o Etxepare Euskal Institutua

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o director do Instituto Cervantes, Luis García Montero; a directora do Institut Ramón Llull, Iolanda Batallé, e a directora do Etxepare Euskal Institutua, Irene Larraza, asinarán o primeiro acordo de colaboración conxunto entre estas entidades para promover a lingua e a cultura galega, española, catalá e vasca. A sinatura do convenio realizarase o vindeiro martes 26 de maio, ás 11:30 horas, de maneira dixital e por videoconferencia. Os medios de comunicación poderán seguir o acto en directo e realizar as súas preguntas a través da canle de Youtube do Instituto Cervantes.

Ler máis

Tal día coma hoxe pero de 1920, Antón Vilar Ponte pronunciou unha conferencia titulada "Dos nosos valores". Aproveitamos o centenario para incorporar a súa biografía no Álbum Nós.

Tal día coma hoxe pero de 1920, Antón Vilar Ponte pronunciou unha conferencia titulada

Ler máis

Os “Diálogos confinados” revisan esta semana a creación e xestión cultural no eido das letras

O ciclo “Diálogos confinados” pon o foco esta semana na “creación e xestión cultural no ámbito das letras”. Nesta ocasión, Dolores Vilavedra foi a encargada de dialogar con dúas autoras cunha ampla bagaxe no mundo da xestión cultural e da creación literaria como son Yolada Castaño, desde a poesía, e Eva Mejuto, desde a creación de obra destinada a público infantil. Ambas as dúas autoras fixeron fincapé na debilidade xa previa do sistema, cunha alta precariedade que se agudizou coa parálise derivada da Covid-19. A reconfiguración de eventos, a convivencia necesaria do virtual co real, a necesidade de adaptación á nova situación e evitar a inercia da gratuidade foron algúns dos asuntos sinalados.

Ler máis

Hoxe ofrecemos unha nova entrega do proxecto #paseniño, unha nova morea de partituras para que os estudantes de grao elemental de percusión poidan practicar ao tempo que coñecen o Cancioneiro Popular Galego

Hoxe ofrecemos unha nova entrega do proxecto #paseniño, unha nova morea de partituras para que os estudantes de grao elemental de percusión poidan practicar ao tempo que coñecen o Cancioneiro Popular Galego

Ler máis

De Corcubión a Vigo seguindo a figura de Castelao. É o terceiro itinerario proposto por Ramón Otero Pedrayo que podes ver no noso especial "Os Quixotes da terra"

De Corcubión a Vigo seguindo a figura de Castelao. É o terceiro itinerario proposto por Ramón Otero Pedrayo que podes ver no noso especial

Ler máis

"O Fío de Penélope" ofrece hoxe a travesía libre de Dolores Vilavedra pola traxectoria de Mabel Rivera, referente da escena e do audiovisual galegos

Ler máis

No marco do ciclo virtual (Re)pensamos, exploramos con Javier Moscoso a historia cultural da ambición

No marco do ciclo virtual (Re)pensamos, exploramos con Javier Moscoso a historia cultural da ambición

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera e contextualiza a figura do compositor Luis Brage

O Consello da Cultura Galega recupera e contextualiza a figura do compositor Luis Brage

Non hai unha banda en Galicia que non tivese no seu repertorio “Follas novas”, a rapsodia galega por excelencia. O seu autor, Luis Brage, foi un prolífico compositor e unha persoa polifacética cuxa figura quedou esluída pola figura de seu irmán, o coñecido pianista Ángel, e polo seu pensamento político, que o levou á cadea durante o franquismo. O Consello da Cultura Galega recupera agora a súa figura na publicación “Luis R. Brage Villar. Obra e memoria” de David Ferreiro. Nela pódese descubrir como funcionaba a Galicia musical de principios do século XX, das orquestras, das bandas, dos orfeóns e dos coros a través da figura deste músico de oficio que soubo adaptar e difundir a identidade musical galega. Esta publicación contén tamén tres das partituras que repousaban nun baúl da casa que Brage abandonou en Ribadavia en 1936 e que Ferreiro conseguiu localizar case oitenta anos despois.

Ler máis

Incorporamos a biografía de Ramón Otero Pedrayo, o patriarca das nosas letras, no Álbum de Galicia

Incorporamos a biografía de Ramón Otero Pedrayo, o patriarca das nosas letras, no Álbum de Galicia

Ler máis

No marco de Encontros 30.5 recuperamos proxectos patrimoniais que empregaron novas tecnoloxías

No marco de Encontros 30.5 recuperamos proxectos patrimoniais que empregaron novas tecnoloxías

Ler máis

Traemos da exposición Galicia 100 un exemplo da rica tradición ourive dos castros do noroeste

Traemos da exposición Galicia 100 un exemplo da rica tradición ourive dos castros do noroeste

Ler máis

Hoxe cúmprense anos do nacemento na Coruña das Irmandades da fala, e neste espazo xuntamos biografías e outros materiais para achegar as persoas que traballaron pola defensa da lingua e da cultura galega en 1916

Hoxe cúmprense anos do nacemento na Coruña das Irmandades da fala, e neste espazo xuntamos biografías e outros materiais para achegar as persoas que traballaron pola defensa da lingua e da cultura galega en 1916

Ler máis

O sector da arte centra a cuarta entrega do ciclo de conversas “Diálogos confinados”

As galerías e o mercado da arte son os ámbitos sobre os que xira a cuarta parada do ciclo “Diálogos confinados”. Nesta ocasión, a comisaria e crítica de arte Rosario Sarmiento encargouse de conducir a conversa entre dous profesionais do galerismo cunha ampla traxectoria profesional como son Asunta Rodríguez e Víctor Montenegro. No diálogo destacaron a dificultade de poder facer unha valoración real hoxe en día e coincidiron na necesidade de baixar do IVE para o sector cultural e nunha boa lei de mecenado.

Ler máis

Da man de Otero Pedrayo imos de Viveiro a Cee no "Día de Pondal" nunha nova proposta do especial "Os quixotes da terra"

Da man de Otero Pedrayo imos de Viveiro a Cee no

Ler máis

Presentamos a "Farsa das zocas", obra teatral de Carballo Calero en edición facsimilar comentada máis un vídeo coa lectura dramatizada

Presentamos a

Ler máis

O Consello da Cultura Galega celebra o Día das Letras cunha variedade de actividades que amosan a un Carballo Calero polifacétio

“Farsa das zocas” é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero (1910-1990) que conta un drama familiar con interese económico como pano de fondo. Este é o texto escollido polo Consello da Cultura Galega (CCG) para a publicación coa que cada ano celebra o Día das Letras Galegas. A edición facsimilar preséntase acompañada dun estudo introdutorio realizado por Carlos Biscainho. Ademais, poderemos ver o texto grazas a unha lectura dramatizada a cargo de Tito Asorey, Melania Cruz e María Vázquez. O propio día da celebración, o 17, o CCG difundirá na rede a estrea absoluta dunha peza musical composta por Miguel Brotóns a partir dun poema de Carballo Calero. O concerto institucional mantense pero trasládase de data no calendario ao 30 de outubro.

Ler máis

María Xosé Porteiro tira do nobelo de Tereixa Navaza na nova sesión do ciclo "O fío de Penélope"

María Xosé Porteiro tira do nobelo de Tereixa Navaza na nova sesión do ciclo

Ler máis

Poñemos a disposición da cidadanía o disco completo "Obras para violín e piano" do músico e compositor Andrés Gaos

Poñemos a disposición da cidadanía o disco completo

Ler máis