Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 1681 a 1700 de 3707

Os xoves (Re)pensamos e hoxe facémolo con Montserrat Guibernau, que fala da ambivalencia das emocións e do sentimento de pertenza a unha comunidade.

Os xoves (Re)pensamos e hoxe facémolo con Montserrat Guibernau, que fala da ambivalencia das emocións e do sentimento de pertenza a unha comunidade.

Ler máis

Manter a programación e explorar novos modelos son os retos dos concellos ante a “nova normalidade” cultural

Reprogramación, adiamento, adaptación, cambio, oportunidade... son algunhas das ideas formuladas polos participantes da mesa redonda “Onde estamos? Cara a onde camiñar?” que hoxe abre o ciclo “Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19”. Esta proposta do Consello da Cultura Galega (CCG) pretende analizar a xestión municipal que supón o 56% do gasto público en cultura. A presidenta da institución, Rosario Álvarez, destacou na presentación deste ciclo que o CCG permanece atento á situación real do sector a través de diferentes formatos. “Non hai receitas máxicas pero si a vontade de non desistir e as solucións só se poden conseguir en diálogo e escoitando” puntualizou. Ademais, indicou que este novo ciclo pon o foco na cultura municipal, “máis próxima á cultura de base, que é o fermento cultural do país”. Xa está dispoñible o vídeo das intervencións e tamén está aberto o prazo de recepción de preguntas para a seguinte cita, que será o 21 de maio.

Ler máis

Aberto o prazo de recepción de comentarios, suxestións e preguntas da segunda cita do ciclo Xestión e políticas culturais nos concellos

Aberto o prazo de recepción de comentarios, suxestións e preguntas da segunda cita do ciclo Xestión e políticas culturais nos concellos

Ler máis

"A reivindicación da Lingua Galega no Rexurdimento" é unha obra que escolma textos publicados nesta época e permiten ver como un grupo de persoas traballaron pola normalidade do galego

Ler máis

Mañá comeza o ciclo participativo que analiza a cultura nos concellos

Mañá terá lugar a primeira sesión do ciclo “Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19”, co que o Consello da Cultura Galega (CCG) pretende analizar a cultura municipal. Esta primeira cita fará unha radiografía da situación de partida e poderá verse no web da institución a partir das 11:00 horas. O formato deste novo ciclo consiste nunha mesa redonda virtual a cargo de distintos especialistas na materia máis as preguntas e suxestións da cidadanía, recibidas por correo electrónico ao longo desta semana. O ciclo comeza cunha intervención a cargo da presidenta da institución, Rosario Álvarez.

Ler máis

Temáticas transversais sobre o patrimonio centran a cuarta entrega do ciclo Encontros 3.05

Os martes son os días nos que o Consello da Cultura Galega (CCG) organiza os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC), lugares de encontro entre profesionais, administracións e cidadanía arredor de espazos do noso patrimonio sobre os que se estaba a desenvolver algunha actuación. Coa cancelación da actividade presencial para conter a pandemia da COVID-19, reservamos ese día no calendario para manter a temática e seguir falando de patrimonio. Facémolo da man do ciclo virtual “Encontros 30.5” nos que recuperamos os vídeos e materiais do que se dixo nos EMPC. Nesta cuarta sesión repasamos aquelas citas que tiñan semellanzas ben por criteiros temáticos, ben porque son xacementos analizados en tempos ou por equipos distintos.

Ler máis

A cuarta entrega de Encontros 30.5 analiza o caso do illote de Guidoiro Areoso, as vías romanas de Galicia e a ourivería dos catros.

A cuarta entrega de Encontros 30.5 analiza o caso do illote de Guidoiro Areoso, as vías romanas de Galicia e a ourivería dos catros.

Ler máis

A terceira entrega do ciclo de conversas “Diálogos confinados” analiza as fundacións de ámbito rural e literario

Na terceira parada do ciclo “Diálogos Confinados”, o xornalista Santi Montes entrevistou a Uxío Novneyra, da Fundación Novoneyra e a Xosé María Varela, da Fundación Pondal. Entre as conclusións da conversa destacaron que é o gran momento de reiventarse e do pequeno. Para eles, a clave pode estar na universidade rural, no turismo de proximidade e no labor educativo doutro tipo de público como é o de terceira idade.

Ler máis

O puñal de antenas é o obxecto que destacamos hoxe da nosa exposición Galicia 100

O puñal de antenas é o obxecto que destacamos hoxe da nosa exposición Galicia 100

Ler máis

Hoxe deixamos partituras para que os estudantes de grao elemental de clarinete poidan practicar ao tempo que coñecen o Cancioneiro Popular Galego. Chega da man do proxecto "Paseniño".

Hoxe deixamos partituras para que os estudantes de grao elemental de clarinete poidan practicar ao tempo que coñecen o Cancioneiro Popular Galego. Chega da man do proxecto

Ler máis

O Consello da Cultura Galega visibiliza en clave actual o legado da xeración Nós

Non é posible comprender Galicia e a súa cultura sen a xeración Nós e o rico legado que deixou. Para conmemorar o centenario do nacemento da revista “Nós” en Ourense en 1920, o Consello da Cultura Galega recolle neste especial contidos producidos pola institución que dan conta da vida, obra e impacto dun grupo de intelectuais que entenderon Galicia como un proxecto integral. Son materiais biográficos, documentais e de reflexión ao redor da revista “Nós” e da xeración que a ideou. O especial contén unha pequena xoia, chámase “Os quixotes da Terra van de camiño” e ofrece sete viaxes por Galicia a partir dos roteiros que Ramón Otero Pedrayo deseñou para o seu amigo Silvio Santiago na segunda metade dos anos 60. Ademais dos manuscritos orixinais debuxados por Otero Pedrayo, pódese seguir cada un deses trazados a través dunha viaxe multimedia xeolocalizada e enriquecida con materiais contemporáneos.

Ler máis

Incorporamos "O libro do Portovello" a Gallaeciae Monumenta Historica

O Portovello era un dos lugares polos que se podía cruzar o río Miño na Ourense medieval. Pero tamén un porto fluvial no que os barqueiros trasladaban persoas, animais e mercadorías tanto á cidade de Ourense como á de Santiago. Tiña unha importancia estratéxica que chegou a ser decisiva cando un dos arcos da Ponte de Ourense colapsou e deu lugar a unha disputa entre o bispo e o cabido polo seu control. A documentación do preito entre ambas as autoridades conforma o “Libro do Portovello", publicación que incluímos no repositorio Gallaeciae Monumenta Historica (GMH), no que se pon á disposición da cidadanía textos medievais. Facémolo hoxe, 8 de maio, a coincidir co día en que se celebraría a romaría na ermida que garda a Virxe de Portovello, único vestixio que queda daquel tempo.

Ler máis

Hoxe subimos o nobelo de Olga Gallego da man de Concepción Varela Orol no marco do ciclo "O Fío de Penélope"

Hoxe subimos o nobelo de Olga Gallego da man de Concepción Varela Orol no marco do ciclo

Ler máis

Os xoves (re)pensamos. Hoxe facémolo da man de Isabel Burdiel que analiza as relacións entre biografía, literatura e historia.

Os xoves (re)pensamos. Hoxe facémolo da man de Isabel Burdiel que analiza as relacións entre biografía, literatura e historia.

Ler máis

Un novo ciclo participativo abordará a cultura nos concellos

“Xestión e políticas culturais nos concellos. Retos ante a Covid-19” é o nome dun ciclo co que o Consello da Cultura Galega pretende analizar a cultura municipal. O ciclo contará con tres sesións telemáticas nas que se debaterá sobre os retos, perspectivas, estratexias e ferramentas das políticas culturais dos concellos en Galicia. O formato é unha mesa redonda virtual e nos días previos á realización de cada iniciativa habilitarase unha conta de correo electrónico á que a cidadanía pode remitir as súas preguntas e suxestións. A primeira cita será o vindeiro 14 de maio e abordará o estado inicial da política municipal. O período de recepción de comentarios xa está aberto.

Ler máis

Un disco do Consello da Cultura Galega presenta unha gravación histórica de Andrés Gaos como intérprete

Non é frecuente atopar composicións interpretadas polos seus propios autores. E iso é precisamente o que se pode escoitar no disco “Obras para violín e piano” editado polo Consello da Cultura Galega e o grupo de Investigación Organistrum da Universidade de Santiago de Compostela. Nel, o coñecido compositor Andrés Gaos (A Coruña, 1874-Mar del Plata, 1959) interpreta as súas pezas “Muiñeira” e “Alalá”. Esta gravación histórica ponse á disposición da cidadanía para amosar a un Andrés Gaos en estado puro, interpretándose a si mesmo.

Ler máis

Ofrecemos dúas gravacións históricas nas que se pode escoitar algo infrecuente na música: un compositor tocándose a si mesmo. Facémolo da man de Andrés Gaos

Ofrecemos dúas gravacións históricas nas que se pode escoitar algo infrecuente na música: un compositor tocándose a si mesmo. Facémolo da man de Andrés Gaos

Ler máis

O Consello da Cultura Galega ofrece o primeiro estudo sobre o portugués en Galicia no día mundial desta lingua

A UNESCO declarou en 2019 o 5 de maio como o Día Mundial da Lingua Portuguesa. Co gallo desta efeméride o Consello da Cultura Galega (CCG) fai público “O valor do Portugués en Galicia”, o primeiro grande estudo que analiza o uso, actitudes e ensino desta lingua no noso país. O informe, elaborado polo Observatorio da Cultura Galega (OCG), conclúe que o 60% da cidadanía galega posúe competencias en portugués pero só o 18% ten un dominio elevado desta lingua. O 73,2% considera que en Galicia se debería estudar pero só o 17% sabe que xa existe esa posibilidade no Ensino Secundario grazas á Lei Paz Andrade. Ademais, o CCG elaborou un especial que concentra diferentes documentos que amosan a conexión da cultura galega coa lingua portuguesa a partir da figura dun dos seus grandes valedores: Valentín Paz Andrade.

Ler máis

Neste especial ofrecemos documentos que amosan a nosa conexión coa lingua portuguesa a partir da figura dun Paz Andrade, un dos nosos grandes valedores na lusofonía

Neste especial ofrecemos documentos que amosan a nosa conexión coa lingua portuguesa a partir da figura dun Paz Andrade, un dos nosos grandes valedores na lusofonía

Ler máis

Cada luns ofrecemos un novo obxecto da exposición Galicia100. Hoxe rescatamos esta espada tipo Isorna, unha mostra da arte metalúrxica de finais da Idade do Bronce.

Cada luns ofrecemos un novo obxecto da exposición Galicia100. Hoxe rescatamos esta espada tipo Isorna, unha mostra da arte metalúrxica de finais da Idade do Bronce.

Ler máis