Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2041 a 2060 de 3707

Resolución pola que se declara deserta a convocatoria de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Resolución pola que se declara deserta a convocatoria de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2018

Ler máis

O traballo constante e a presenza en feiras son claves para a internacionalización do libro galego

Preparación previa, estratexia decidida, un bo produto, un catálogo coherente e, por suposto, moito traballo. Estas son algunhas das claves que os editores galegos deron hoxe no marco dunha xornada sobre a internacionalización do libro galego organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG). Canda eles, os representantes de dúas feiras profesionais como Frankfurt ou Líber explicaron as claves do seu modelo e animaron ao sector a seguir ese camiño. A cita encadrábase no marco dunha liña de traballo do CCG que, segundo indicou a presidenta Rosario Álvarez na inauguración, busca axudar a mellorar a estratexia de difusión da cultura galega.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura Galega promove a internacionalización do libro galego

O Consello da Cultura Galega (CCG) acolle mañá, mércores 26, unha xornada encamiñada a dar as claves e facilitar os contactos para promover a internacionalización da nosa industria editorial. A cita está organizada pola Comisión de Acción Exterior do CCG en colaboración coa Asociación Galega de Editoras e xunta en dúas sesións a representantes de destacadas feiras profesionais como Frankfurt ou Líber co sector editorial galego. O encontro poderase seguir en directo polo web da institución. Nesta mesma liña de traballo, o CCG acolleu hoxe un encontro que xuntaba responsables da edición galega e portuguesa para ver a posibilidade de establecer pontes entre ambos os mercados.

Ler máis

A internacionalización do libro e o papel do monte centran as próximas actividades do Consello da Cultura Galega

O Consello da Cultura Galega (CCG) pecha este mes de setembro con tres actividades que permiten afondar no coñecemento da realidade cultural galega. A primeira delas terá lugar o martes 26 en Vigo, estreando un cambio de formato dos Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural e que pretende analizar “in situ” diferentes cuestións patrimoniais. O mércores 27 a sede acollerá unha xornada que pretende sentar as bases da internacionalización do libro galego, para dar paso a do xoves, centrada en coñecer o papel dos montes como peza fundamental na ordenación do territorio. Todas as actividades teñen aberto prazo de inscrición que se pode formalizar a través do web da institución.

Ler máis

Un coloquio sobre literatura atlántica abre mañá as actividades do Consello da Cultura Galega

Tres escritoras, tres países e un nexo común: o Atlántico. “Conversas transatlánticas” é un coloquio do Consello da Cultura Galega (CCG) que xunta na mesma mesa a tres representantes das letras galegas, arxentinas e cubanas nas persoas de Inma López Silva, María Rosa Lojo e Mirta Yáñez. María Xosé Porteiro presenta este programa que pretende ver como as letras tamén plasmaron os movementos migratorios. A cita, que terá lugar mañá xoves na biblioteca da institución, abre a programación de actividades prevista para as vindeiras semanas, entre as que destaca a estrea dun novo formato dos habituais “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural” que se traslada ata os espazos que analiza.

Ler máis

Relacion provisional de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa Velázquez en Madrid.

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2018

Ler máis

Adxudicación das catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega. (DOG nº 84, do 2 de maio de 2018)

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018

Ler máis

O Consello da Cultura Galega dixitaliza o semanario A Nosa Terra

O Consello da Cultura Galega dixitaliza o semanario A Nosa Terra

Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega e Afonso Eiré, presidente da fundación A Nosa Terra, asinaron hoxe á mañá un acordo para dixitalizar e difundir o fondo histórico de A nosa terra: periódico galego semanal, un dos medios fundamentais para comprender a transición e os inicios da autonomía galega.

Ler máis

Propostas definitivas da comisión de valoración para a adxudicación de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación no Consello da Cultura Galega. (DOG nº 84, do 2 de maio de 2018)

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018

Ler máis

Candidatas seleccionadas pola comisión de valoración para as bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega. (DOG nº 84, do 2 de maio de 2018)

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018

Ler máis

Fondo pesar no CCG pola morte de Xerardo Fernández Albor

Fondo pesar no CCG pola morte de Xerardo Fernández Albor

O Consello da Cultura Galega lamenta profundamente a morte de Xerardo Fernández Albor, primeiro presidente da Xunta de Galicia trala aprobación do Estatuto de Autonomía. Xerardo Fernández Albor asinou o 8 de xullo de 1983 a lei do Consello da Cultura Galega e foi o primeiro presidente de honra da institución.


Ler máis

Consulta o discurso de toma de posesión da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez

Consulta o discurso de toma de posesión da presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez

Podes descargar aquí o discurso

Ler máis

Convocatoria pública de dúas bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid. (DOG nº 124, do 29 de xuño de 2018)

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2018

Ler máis

Resolución provisional para a adxudicación das bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega. (DOG nº 84, do 2 de maio de 2018)

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018

Ler máis

Relacion definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se levan a cabo no Consello da Cultura Galega.

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018

Ler máis

Rosario Álvarez presenta no Parlamento as liñas xerais do seu programa

Rosario Álvarez, presidenta electa do Consello da Cultura Galega, explicou esta mañá na Comisión 4ª do Parlamento de Galicia as liñas xerais do seu mandato á fronte do Consello da Cultura Galega, con liñas centrais ao redor da acción exterior da institución, a igualdade de oportunidades no acceso á cultura e unha maior imbricación no sistema cultural galego. Esta comparecencia no Parlamento é un paso previo ao seu nomeamento oficial como presidenta do Consello da Cultura Galega

Ler máis

Relación provisional do 8 de xuño de 2018 de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración e proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega.

Convocatoria de bolsas de colaboración en proxectos de investigación. 2018

Ler máis

A iniciativa do Consello da Cultura Galega No bico un cantar leva os alalás á vila de Betanzos

A iniciativa do Consello da Cultura Galega No bico un cantar leva os alalás á vila de Betanzos

A igrexa de San Francisco de Betanzos acolleu un gran concerto de máis de 350 nenas e nenos chegados dos conservatorios profesionais e escolas de música de toda Galicia para cantaren os alalás na sexta edición da iniciativa “No bico un cantar”. Esta cita anual, cun marcado carácter didáctico e cultural, está organizada polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. No acto tomaron a palabra Ramón García Vázquez, alcalde de Betanzos e anfitrión do evento, e os representantes das institucións organizadoras: Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

Rosario Álvarez é elexida presidenta

Rosario Álvarez é elexida presidenta

Convértese na primeira muller en ocupar o cargo

Ler máis

Rosario Álvarez Blanco é elixida Presidenta do Consello da Cultura Galega

Rosario Álvarez Blanco é elixida Presidenta do Consello da Cultura Galega

Rosario Álvarez Blanco, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela, foi elixida esta tarde presidenta do Consello da Cultura Galega co voto favorable de 18 dos membros do Pleno. Álvarez Blanco relevará a Ramón Villares trala fin do seu mandato.

Ler máis