Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2141 a 2160 de 3707

Listaxe coas puntuacións provisionais para a adxudicación das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2017

Ler máis

Os alumnos do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol visitan o Consello da Cultura Galega

Os alumnos do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol visitan o Consello da Cultura Galega

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, recibiu esta mañá ao grupo de alumnos do Instituto Argentino Gallego Santiago Apóstol que están de visita por Galicia. Foron recibidos na biblioteca onde o presidente lle fixo unha presentación do Consello da Cultura e dalgunhas das súas actividades. Manuel Gago, director de culturagalega.gal, explicoulles o portal de divulgación cultural e avanzou algún dos novos proxectos de realidade virtual.

Ler máis

Unha xornada sobre as minas de Valdaio abre a programación do último cuadrimestre no Consello da Cultura Galega

O destacamento penal das minas de wolfram de Valborrás de Casaio (Ourense), no que redimiron penas 463 ex-combatentes republicanos na Guerra Civil, centra a vindeira xornada dos “Encontros co patrimonio”. Con ela ábrese a programación do último cuadrimestre do ano no Consello da Cultura Galega (CCG). A figura de Carlos Casares, a relevancia das Irmandades da Fala no contexto peninsular, unha xornada que analiza as relacións entre Galicia e Bretaña e unha exposición que amosa a Galicia retratada por Anna Turbau son outras das actividades programadas.

Ler máis

O presidente do Consello da Cultura Galega recibe a visita da presidenta da Asemblea Lexislativa das Illas Azores

O presidente do Consello da Cultura Galega recibe a visita da presidenta da Asemblea Lexislativa das Illas Azores

O presidente do Consello da Cultura Galega (CCG), Ramón Villares, recibiu esta mañá a visita institucional da delegación da Asamblea das Illas Azores, encabezada pola súa presidenta, Ana Luisa Pereira.

Ler máis

Resolución do 11 de setembro de 2017 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para avaliar as solicitudes presentadas a convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2017

Ler máis

Listaxe de solicitudes admitidas no proceso de selección de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2017

Ler máis

Casares e as Irmandades da Fala centran a actividade do segundo semestre

O Consello da Cultura Galega (CCG) realizou no serán deste xoves unha sesión plenaria ordinaria na que deu conta das actividades previstas para o segundo semestre do ano. Unha programación en que destacan Carlos Casares e as Irmandades da Fala e na que haberá, entre outras actividades, unha xornada que analiza as relacións entre Galicia e Bretaña, unha exposición que amosa a Galicia retratada por Anna Turbau, novas sesións do ciclo “Encontros co patrimonio” así como outras propostas que contribúen á proxección exterior da cultura galega. Ademais, aprobouse a incorporación de Dolores Vilavedra á Comisión Executiva da institución en calidade de vogal.

Ler máis

Melloran os indicadores de asistencia e recadación de música clásica e baixan os de música popular, segundo o Observatorio da Cultura Galega

Os últimos datos do panorama musical galego amosan unha pequena melloría en canto á música clásica, categoría en que se incrementou o número de concertos, asistentes e recadación, co que se rompe coa tendencia á baixa dos últimos anos. En 2015 realizáronse 1150 concertos de música clásica (14 máis que en 2014), aos que asistiron 253 599 espectadores (17 521 máis que o ano anterior) e a recadación situouse en 1 030 670 euros, o que supuxo un incremento dun 30 %. Ese avance non se traslada á música popular xa que continúa á baixa no número de concertos, espectadores e recadacións. En 2015 houbo 3646 concertos (en 2014 foron 3938), asistiron 945 041 espectadores (o ano anterior 1 011 270) e recadaron 5 744 517 euros (351 872 euros menos que en 2014). Son cifras do estudo “A música en Galicia”, o último Documento de Traballo do Observatorio da Cultura Galega (OCG-DT), que fai unha desagregación do sector por xéneros musicais.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega edita unha publicación de homenaxe a Raimundo García, Borobó

Borobó, Raimundo Lozano, J. Sierra ou Ánxel Novo. Eran algúns dos seudónimos e heterónimos baixo os que Raimundo García (Pontecesures, 1916- Santiago, 2003) escribiu as súas novas. O escritor e xornalista cumpriría 101 anos esta semana. Unha efeméride que o Consello da Cultura Galega lembrou coa publicación dixital Homenaxe a Raimundo García Domínguez, Borobó na que se recolle as intervencións dun acto organizado pola Asociación de Xornalistas de Santiago en agosto de 2016.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega recupera material da emigración no marco do Ribadeo Indiano

Ribadeo é un exemplo do legado deixado pola emigración visible nun rico patrimonio arquitectónico. Escolas, fontes, igrexas e casas evidencian a pegada dunha época e, durante esta fin de semana, tamén serven de escenario para a recreación da vida no século XIX. Esta festividade, coñecida como Ribadeo Indiano, marca o contexto no que o Consello da Cultura Galega (CCG) e o Concello local asinarán un convenio que permita recuperar fondos particulares da emigración. Ademais, o CCG estará presente coa exposición “Os adeuses” e cunha conferencia que ofrecerá mañá sábado o presidente da institución, Ramón Villares, arredor do fenómeno migratorio.

Ler máis

A pegada mural do legado indiano

É un dos exemplos máis curiosos de representación plástica dedicada á memoria da emigración. Este mural consérvase no comedor dunha casa en Ribadeo cuxos propietarios nos abriron as portas para retratalo. Poñémolo en 360 grados acompañado dun texto de Francisco Díaz Fierros que dá conta dos detalles do legado dun tempo que chegou a nós cunha forma tan atípica. Este mural insírese no marco do Proxecto de recuperación fotográfica e Documental co que o Consello da Cultura Galega dende o Arquivo da Emigración Galega solicita a particulares materiais de todo tipo (fotografías, películas, documentos ou obxectos) que nos axudan a reconstruír o que foi a vida cotiá na emigración.

Ler máis

Unha xornada do Consello da Cultura insiste na necesidade de reordenar e desestacionalizar o turismo

“A capacidade da catedral de Santiago e do centro histórico non está ben resolta e acabará tendo problemas” indicaba Miguel Angel Troitiño, catedrático de Xeografía Humana e coordinador do estudo que en 2008 limitou o acceso a catedral de Santiago, no marco das xornadas “Turismo masivo e patrimonio. Converxencias e diverxencias dun diálogo posible”. A cita foi inaugurada polo presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que incidiron no peso crecente que o turismo ten no noso país e a necesidade de reordenalo para que non afecte ao patrimonio. O primeiro día das xornadas tamén abordou a problemática dos cascos históricos e dos bens declarados Patrimonio Mundial.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega colabora co VII Congreso de Patrimonio Industrial

As Pontes acolle desde hoxe ata o sábado o VII Congreso de Patrimonio Industrial no que colabora o Consello da Cultura Galega. A cita pretende analizar este tipo de bens patrimoniais nun contorno sustentable atendendo a cuestións como as repercusións medioambientais, paisaxes da industrialización, estratexias de rexeneración e turismo industrial. O foro, que conta cun centenar de relatores, servirá para identificar e debater problemas de xestión vencellados á intervención en paisaxes industriais.

Ler máis

Unha xornada analiza desde mañá o equilibrio entre turismo masivo e patrimonio

Galicia como destino turístico, nomeadamente turismo cultural, está á alza. Os últimos datos do INE constatan o incremento das noites hoteleiras na nosa comunidade nun 5,7 % con respecto ao ano anterior. Buscar un equilibrio entre a demanda turística cada vez máis numerosa e a xestión patrimonial é o obxectivo das xornadas “Turismo masivo e patrimonio”, que comezan mañá no Consello da Cultura Galega. Ramón Villares, presidente do CCG; María del Carmen Martínez Ínsua, directora xeral de Patrimonio Cultural; Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia; Rebeca Blanco Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG, e o coordinador da cita, Carlos Nárdiz, son os encargados da inauguración dunhas xornadas que se poden seguir en directo desde o web da institución.

Ler máis

O Foro do Consello da Cultura destaca que estamos lonxe dos cumprimentos da Carta Europea para as linguas rexionais ou minoritarias

“É preciso un maior esforzo e unha decidida aposta gubernamental para acadar os compromisos adquiridos na Carta Europea para as Linguas Rexionais ou minoritarias” explicou Rosario Álvarez, vicepresidenta do Consello da Cultura Galega (CCG) na lectura das conclusións do “Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias”. Unha cita que xuntou, por primeira vez, a unha trintena de representantes de todas as linguas que se falan en España.

Ler máis

Mañá comeza un foro pioneiro que debaterá a situación lingüística en España

Representantes de todas as linguas existentes en España, con recoñecemento oficial ou sen el, reúnense por primeira vez no Consello da Cultura Galega (CCG). Unha cita pioneira que conta coa colaboración do Consello de Europa e que celebra os vinte e cinco anos da aprobación dun documento clave: a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. Ramón Villares, presidente do CCG; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Sixto Molina, xefe da Secretaría da Carta Europea para as linguas do Consello de Europa; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e o coordinador do foro, Fernando Ramallo, inaugurarán este encontro que se pode seguir en directo desde o web do CCG.

Ler máis

O Consello da Cultura Galega lamenta a perda do seu ex-presidente Alfonso Zulueta de Haz

O Consello da Cultura Galega (CCG) lamenta a perda do notario e intelectual galego Alfonzo Zulueta de Haz, que finou onte en Vigo aos 93 anos. Zulueta asumiu a presidencia do CCG tras a morte de Carlos Casares, en 2002, e desempeñou o cargo ata o ano 2006, en que foi elixido Ramón Villares. A institución destaca a súa entrega en prol da cultura galega, así como a súa sensibilidade no ámbito social. O enterro será mañá despois da misa que terá lugar ás 12:00 horas no tanatorio de Emorvisa mentres que o funeral será pola tarde (20:00 horas) na igrexa dos Apóstolos.

Ler máis

Representantes de todas as linguas existentes en España reuniranse esta semana no Consello da Cultura Galega

Neste 2017 cúmprense vinte e cinco anos da aprobación da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias. Un documento clave que se analizará no marco dun foro de debate que o Consello da Cultura Galega (CCG) organiza coa colaboración do Consello de Europa. A cita terá lugar este xoves e venres e nela participarán unha trintena de especialistas que permitirá coñecer a situación de todas as linguas existentes en España. A cita poderase seguir en directo desde o web do CCG.

Ler máis

Traducida ao galego a teoría da relatividade de Albert Einstein

Cúmprense cen anos de que un mozo Albert Einstein vise publicada unha das obras coas que revolucionou o mundo científico. Na primavera de 1917 saía do prelo “Teoría da relatividade” (Über die spezielle und die allgemeine Relativitätstheorie). Desde entón sucedéronse máis de 407 edicións e a tradución a varias linguas. Agora tamén en galego grazas ao Consello da Cultura Galega (CCG). Esta mañá o presidente da institución, Ramón Villares, canda os dous responsables da publicación, Jorge Mira e Francisco Díaz-Fierros, presentaron a edición galega que inclúe a obra revisada, a edición facsímil e dous estudos que contextualizan a obra no mundo científico e no eido galego. A obra pode descargarse de balde desde o web consellodacultura.gal.

Ler máis

Bases e convocatoria pública de dúas bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid

Convocatoria de bolsas na Casa Velázquez. 2017

Ler máis