O CCG presenta a campaña “A Cociña Galega con Cunqueiro” para divulgar a literatura cunqueiriana nos restaurantes de Galicia o martes 24 de maio de 2011 ás 19´40 h
Os Servizos de Normalización Lingüística, aínda sen a coordinación debida, chegan ao sesenta por cento do poboación galega, pero sería necesario un novo impulso do papel dos concellos na promoción do idioma.
Os XIII Encontros para Normalización Lingüística concluirán hoxe con atención especial ás iniciativas impulsadas desde os concellos e á situación do galego na Administración de Xustiza. Organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística do Consello da Cultura Galega
Cento vinte porofesionais e investigadores participan nos XIII Encontros para Normalización Lingüística que comezan mañá día 28 ás 10 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.
A sede da Deputación de Lugo -rúa San Marcos, número 8- acolleu do 25 ao 27 de abril o ciclo “Creadoras Galegas de Imaxe”, organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración coa Vicepresidencia terceira, área de Benestar Social e Igualdade, da Deputación.
O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron o venres 8 de abril ás 20 horas na sede da Fundación Barrié de la Maza, en Vigo (rúa Policarpo Sanz, 31) a exposición OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963) captadas polo fotoxornalista Alberto Martí.
A delegación chinesa que visita Galicia e asiste ao seminario "Autonomías en España e China. Galicia como exemplo" visitou esta tarde o Consello da Cultura Galega, onde foi recibida polo Presidente, Ramón Villares, o Xerente, Marcelino Fernández Santiago, e Emilia García López, da Comisión de Acción Exterior.
O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, e o coordenador da Sección de Língua, Literatura e Comunicación, Henrique Monteagudo, intervirán na xornada sobre “As línguas neolatinas” a celebrarse o día 1 de abril na Universidade de Porto. O primeiro disertará sobre “Galicia, unha língua e unha cultura-ponte”. O segundo abordará o tema “Retos de futuro do idioma galego”.
O Consello da Cultura Galega amadriña o programa "Ceo das Letras. Sábados de Autor", que ven celebrándose na Cidade da Cultura de Galicia, en Compostela, e que o 2 de abril estará dedicado a Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911 - Vigo, 1981), baixo o lema "Cunqueiro e a maxia da palabra".
O Teatro Jofre de Ferrol acolle hoxe ás 20´30 horas a estrea absoluta do “Concerto para trompa e orquestra” (1948), de José Arriola (1895-1954), interpretado pola Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zumalave e con David Fernández Alonso como solista á trompa.
O Centro Pen de Galicia, en colaboración co Consello da Cultura Galega, celebrará o luns día 21 de marzo o acto literario conmemorativo do Día Mundial da Poesía (World Poetry Day-2011), presentado como “unha ollada de luz no vento Lois Pereiro”. O recital poético terá lugar no auditorio da Biblioteca da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, a partir das 19´30 horas.
Será necesario buscar novas formas de difundir a música nun tempo de crise que se fará sentir máis nos dous ou tres vindeiros anos. Así o entende o crítico Álvaro Guibert, que esta tarde abriu a xornada de debate ORDENAMENTO MUSICAL EN GALICIA. A RACIONALIZACIÓN DOS RECURSOS MUSICAIS, organizada pola Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega.
O Consello da Cultura Galega homenaxeou esta tarde ao xeógrafo, catedrático e escritor Francisco Río Barja (1919-2011), un dos fundadores da institución e membro do seu Plenario desde 1983 ata 2010.
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, entregoulle hoxe á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, o borrador da Proposta de lei do Panteón de Galicia para a súa ulterior tramitación parlamentaria.
Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, encóntrase dende o pasado 2 de xaneiro na Universidade de Stanford (California, EUA) como "Consello da Cultura Galega Visiting Professor" adscrito ao Center for Iberian and Latin American Studies.
O sitio web www.poesiagalega.org, base de datos e repositorio sobre a poesía no campo cultural galego nos últimos dous séculos pretende constituirse en referencia para o estudo e a investigación da poesía e a literatura galega contemporáneas.
Os relatores que interviron esta tarde na xornada de debate “As Ensinanzas Superiores de Música e Artes Escénicas no espazo Europeo de Educación Superior: situación e perspectivas” salientaron a necesidade de desenvolver o marco normativo actual e o estatuto e estabilidade dos docentes.
Así o explicou hoxe no Consello da Cultura Galega, onde interviu no seminario “Os sentidos das culturas” cun relatorio sobre “A representación política ideal d@s cidada(n)s en España, Reino Unido, Polonia e Macedonia”. A reflexión foi unha das conclusións do estudo feito neses países en 2009 a través de vinte grupos de discusión que reuniron a cento sesenta persoas.