Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.- O xoves día 2 de xuño celebrarase en Lugo o segundo dos once faladoiros do programa do Centenario Cunqueiro (1911-2011) organizado polo Consello da Cultura Galega. Os escritores Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo falarán sobre “O popular na obra de Cunqueiro”. O faladoiro comezará ás 19´30 horas na Aula Sociocultural Novacaixagalicia, sita na Praza de Santa María, en Lugo, e será presentado por Ramón Villares, Presidente do CCG.
Ler máis
Amosando noticias 2901 a 2920 de 3710


