Arquivo de noticias do CCG

Presentado o <em>Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo</em> con medio milleiro de cantares tradicionais
Presentado o Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo con medi...
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura Galega
Kathleen March e Francisco Díaz-Fierros, novas medallas do Consello da Cultura ...
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Morre o especialista en arte medieval, Ramón Izquierdo Perrín
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Día Europeo das linguas no Congreso dos Deputados
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e o Ateneo Ullán no Álbum de Galicia
Faustino Rey Romero e Baldomero Isorna Casal. Fundadores da Romaría Viquinga e ...
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da lingua e o acceso á cultura
O CCG avanza a programación do segundo semestre de 2025 ao redor do futuro da l...
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O CCG preservará os fondos do Seminario Galego de Educación para a Paz
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación <b>Orientación Gallega</b>
O Repertorio da prensa da emigración galega suma novos números da publicación...
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebra
Celebramos o Día do Naturalismo cun avance da obra de Sarmiento sobre a seixebr...
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
As túas ideas no foro 'Un país coa súa lingua'
Amosando noticias 2981 a 3000 de 3141

O CULTO A SANTIAGO E OS SANTUARIOS DE FRANCIA, MALTA E MÉXICO CENTRARON A ÚLTIMA XORNADA DUN CURSO NO CCG

O culto a Santiago e a rede de santuarios en Francia abriu a última xornada do curso intensivo "Os Santuarios como Orixe da Peregrinación no Mundo Cristián" que se ven desenvolvendo desde onte na sede do Consello da Cultura Galega e que esta tarde rematará cunha visita guiada á Catedral de Santiago.

Ler máis

OS SANTUARIOS COMO ORIXE DAS PEREGRINACIÓNS CENTRAN UN CURSO QUE SE DESENVOLVE NO CCG

Desde esta mañá, ás 10h., o Consello da Cultura Galega acolle un curso intensivo sobre "Os santuarios como Orixe da Peregrinación no Mundo Cristián", un curso que ocupará dúas xornadas, luns e martes, na sede do Consello da Cultura Galega co obxectivo de reunir a expertos e estudiosos sobre o fenómeno das peregrinacións de moi distintas procedencias (México, Finlandia, Polonia ou Portugal).

Ler máis

O CCG PRESENTA A EDICIÓN COMPLETA EN GALEGO DE ‘LA GALICE’, A OBRA DE REFERENCIA DO XEÓGRAFO ABEL BOUHIER

O Consello da Cultura Galega acolle mañá, mércores 11 de decembro, ás 19h. a presentación do libro "Galicia. Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario", a obra de referencia do xeógrafo francés Abel Bouhier "La Galice. Essai géographique d'analyse et d'interprétation d'un vieux complexe agraire" que agora o CCG presenta completa - dous tomos máis un, que recolle mapas e gráficos - e nunha traducción ó galego a cargo de Benxamín Casal.

Ler máis

A MOSTRA GALICIA- AMÉRICA CHEGA A BETANZOS PARA AMOSAR OS VÍNCULOS ENTRE OS DOUS POBOS Ó LONGO DOS SÉCULOS

A exposición Galicia - América. Cinco séculos de historia, organizada polo Consello da Cultura Galega en 1992, segue a súa andaina. Agora no Concello de Betanzos que acollerá esta mostra na planta alta do seu Edificio do Liceo a partir de mañá, xoves, 5 de decembro, ás 20.30h nun acto que contará coa presencia do presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta.

Ler máis

COMUNICADO DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA
PERANTE A CATÁSTROFE DO PRESTIGE

Ler máis

O CCG INTERCAMBIARÁ EXPERIENCIAS E PROXECTOS CUNHA REPRESENTACIÓN DO CONSELL VALENCIÀ DE CULTURA

A Comisión Executiva do Consell Valencià de Cultura realizará unha visita oficial este martes e mércores ó Consello da Cultura Galega. A Comisión estará encabezada polo Presidente da institución, Santiago Grisolía.

Ler máis

AS MEMORIAS DE RAMÓN PIÑEIRO, A DERRADEIRA OBRA DE CARLOS CASARES, PRESÉNTASE MAÑÁ NO CONSELLO DA CULTURA GALEGA

A autobiografía de Ramón Piñeiro ou, en palabras de Carlos Casares, o que se puido "salvar e compoñer" a partir de horas de conversas entre Casares e Piñeiro. Esto é "Da miña acordanza. Memorias de Ramón Piñeiro", o derradeiro traballo do que foi presidente do Consello da Cultura Galega e director de Galaxia, Carlos Casares, e que mañá se presenta oficialmente nun acto que terá lugar mañá, martes, 26 de novembro, ás 20h. na sede do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

O PERFIL E CONDICIÓNS LABORAIS DO XORNALISTA
EN INTERNET CENTRAN A NOVA PUBLICACIÓN DO CCG

Os avances tecnolóxicos dos últimos anos están a cambiar as formas de comunicación e facendo que xurdan novas canles que esixen dos xornalistas unha adaptación. O xornalismo en Internet, a súa situación laboral e as súas actitudes profesionais e, sobre todo, a definición das funcións do xornalista en Internet eran cuestións pendentes que o Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Comunicación, decidiu abordar a través dun miúdo estudio que agora se presenta dentro da colección de Informes baixo o título "Xornalismo en Internet. Actitudes profesionais e condicións laborais dos periodistas en liña".

Ler máis

UN INFORME DO CCG DESTACA AS PRECARIAS CONDICIÓNS NO TRABALLO DOS XORNALISTAS DE MEDIOS ELECTRÓNICOS

Home, menor de trinta anos, licenciado en Xornalismo, que traballa a xornada completa, cun salario de entre 600 e 900 euros ó mes e que fai horas extras que case nunca cobra. Este é o perfil do xornalista galego en Internet, segundo se desprende do Informe que baixo o título "Xornalismo en Internet. Actitudes profesionais e condicións laborais dos periodistas en liña" presentou esta mañá o coordinador da Sección de Comunicación do CCG, Xosé López.

Ler máis

PONTEVEDRA ACOLLE UN ENCONTRO PARA ESTUDIA-LAS PREMISAS DUNHA LEI DE PROTOCOLO DE GALICIA

Os conflictos que xorden á hora de aplicar as regras do protocolo español e as das diferentes Comunidades Autónomas será un dos temas centrais que se abordarán ó longo das dúas xornadas das que se compón o I Encontro de Protocolo e Cerimonial en Galicia, que se desenvolverá na Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo o xoves e o venres, 14 e 15 de novembro.

Ler máis

O MUSEO DO POBO GALEGO ACOLLE A HISTORIA DOS SEGADORES GALEGOS EN CASTELA ATA FINAIS DE ANO

O Museo do Pobo Galego, en San Domigos de Bonaval (Santiago de Compostela), acollerá desde mañá, mércores 13 de novembro, e ata finais de ano a mostra "Galicia e a sega en Castela ó longo dos tempos". O acto de apertura oficial da exposición terá lugar no Museo do Pobo Galego ás 13h. e contará coa participación do presidente do Conselo da Cultura Galega, Alfonso Zulueta.

Ler máis

EXPERTOS ASEGURAN QUE O XORNALISMO EN GALICIA E PORTUGAL PASA POLA CONCENTRACIÓN E A REESTRUCTURACIÓN DO SECTOR

Os especialistas que se deron hoxe cita na segunda e última xornada do I Congreso luso-galego de estudios xornalísticos que se desenvolve na sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago, coincidiron en afirmar que a concentración e a reestructuración sons as tendencias comúns que se detectan no mundo dos medios de comunicación a un e outro lado do Miño.

Ler máis

O I CONGRESO LUSO-GALEGO DE ESTUDIOS XORNALÍSTICOS ÁBRESE COA VONTADE DE "TENDER PONTES" ENTRE AS DÚAS COMUNIDADES

A creación dun marco que permitira facer un repaso dos encontros e desencontros da comunidade lusa e a galega ó longo da historia así como das tendencias actuais da investigación sobre o xornalismo centraron a sesión inaugural do I Congreso luso-galego de estudios xornalísticos. A investigación e o ensino do xornalismo no espacio luso-galego, que se desenvolven desde hoxe e ata mañá en sesións de mañá e tarde no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

XORNALISTAS GALEGOS E PORTUGUESES BUSCARÁN NUN CONGRESO VÍAS DE INVESTIGACIÓN E ENSINO COMÚNS

Máis dun cento de profesionais galegos e portugueses, catro universidades, seis mesas de debate, comunicacións, relatorios e só dous días para concentralo todo. É o I Congreso Luso-Galego de Estudios Xornalísticos que acolle a sede do Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela, durante as xornadas do martes, 29 de outubro e o mércores, 30.

Ler máis

O CD DE ESCULTORES GALEGOS DO S.XX SERÁ UNHA
FERRAMENTA ÚTIL PARA A INVESTIGACIÓN E A DOCENCIA

A xeración dunha sensibilidade da sociedade cara á arte a través da publicación de obras como o CD-ROM "Índice documental dos escultores galegos do século XX", que esta mañá se presentou xunto co último informe publicado pola Sección de Artes Plásticas, "Museos e Centros de Arte Contemporánea". Este é unha das premisas coas que traballa a Sección de Artes Plásticas, segundo puxo de manifesto o seu coordinador, Iago Seara na rolda de prensa que tivo lugar no Consello da Cultura Galega.

Ler máis

UN CD-ROM PUBLICADO POLO CONSELLO RECOLLE DATOS
E BIBLIOGRAFÍA SOBRE 114 ESCULTORES GALEGOS DO S.XX

Encher o baleiro e a dispersión existente no campo da escultura galega no século XX a través do uso das novas tecnoloxías. Con este obxectivo nace o Índice documental de escultores galegos do século XX, unha publicación en formato de CD-Rom que mañá será presentado no Consello da Cultura Galega nun acto promovido pola Sección de Artes Plásticas, responsable da súa edición.

Ler máis

O CICLO 'CINE E EMIGRACIÓN' DO CCG PROXECTARÁ
PELÍCULAS E DOCUMENTAIS INÉDITOS EN ESPAÑA

Baixo a premisa de dar a coñecer a visión que o cine ofreceu da emigración galega, o Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, en colaboración coa Consellería de Emigración, o CGAI e o Concello de Santiago, presentou esta mañá un ciclo de cine baixo o título "Cine e Emigración", que se desenvolverá en horario de tarde no Teatro Principal do 22 ó 25 de outubro.

Ler máis

O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PROMOVE UNHAS XORNADAS SOBRE A EMIGRACIÓN A TRAVÉS DO CINE

Co obxectivo da presentación das Xornadas Cine e Emigración, o Consello da Cultura Galega organiza mañá, venres, 18 de outubro de 2002, ás 12,30h. unha rolda de prensa que se celebrará na sede do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

EXPERTOS DENUNCIAN A FALLA DE APOIO E RECOÑECEMENTO DOS ESTADOS E DA UE CARA ÁS LINGUAS MINORITARIAS

Ignoradas e sen ningún tipo de recoñecemento. Así se atopan moitas linguas minoritarias en Europa segundo puxo de manifesto Henrique Costas, profesor de Lingua Galega na Universidade de Vigo, durante a mesa de traballo que se desenvolveu esta mañá no marco dos VI Encontros de Normalización Lingüística na sede do Consello da Cultura Galega.

Ler máis

A XUNTA BUSCARÁ O CONSENSO E A PARTICIPACIÓN
PARA O PLAN XERAL DE NORMALIZACIÓN DO GALEGO

A elaboración dun Plan Xeral de Normalización da lingua galega aberto, que busque o consenso de tódalas forzas políticas e a participación da sociedade. Esta foi a premisa fundamental na que fixo un maior fincapé o Director Xeral de Política Lingüística da Xunta, Xesús Pablo González Moreiras durante a súa intervención, que abriu os VI Encontros para a Normalización Lingüística, unhas xornadas que a sede do Consello da Cultura Galega acolle hoxe e mañá.

Ler máis