A contaminación de intereses na elaboración da información cultural, o cinismo que preside o actual discurso do xornalismo e a necesidade de canalizar a cultura nos medios cara novas propostas foron os eixes que centraron a primeira parte do encontro "A información cultural en Galicia: algunhas ideas para un cambio", unha xornada que acolle durante todo o día o Consello da Cultura Galega e que foi inaugurada esta mañá polo Director Xeral de Comunicación da Xunta, Xosé Ignacio Otero, o decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé López, e o presidente do Consello da Cultura Galega, Alfonso Zulueta de Haz.
Ler máis
Amosando noticias 3041 a 3060 de 3141


